Ángela de la Cruz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1965 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres ![]() |
Ocupación | pintora ![]() |
Representante | Galería Lisson ![]() |
![]() ![]() |
Ángela de la Cruz, nada na Coruña en 1965 é unha artista galega. Foi nomeada para o Premio Turner en 2010.[1][2][3] En 2017, gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, antes de mudarse a Londres en 1989, onde estudou arte na Universidade de Arte de Chelsea, no Goldsmiths College e na Slade School of Art (University College, Londres). Vive e traballa en Londres.[4][5][6] Tivo unha filla, nada en 2005, mentres se atopaba nun coma despois de padecer unha hemorraxia cerebral.[7] De la Cruz utiliza agora cadeira de rodas e necesita asistentes para realizar o seu traballo.[8]
Expuxo en Manifesta 5 en Donostia en 2004. A súa primeira exposición individual no Reino Unido, chamada "After", tivo lugar no Camdem Arts Centre en abril e maio de 2010.[9] Foi nomeada para o Premio Turner en 2010.
De la Cruz tamén utilizou aluminio como material de base para o seu traballo. O material é soldado cunha forma para despois esmagalo, golpealo e distorsionarlo (polo Estudo de Mike Smith, que traballa baixo as instrucións de Ángela) antes de ser entregado ó estudo de Ángela da Cruz para ser pintado polos seus axudantes.[10] Expuxo algúns destes traballos na Galería Lisson[11] de Milán, en 2013, e no Centre d'Art A Panera de Lleida, en 2015.[12][13]
Foi galardoada co Premio Nacional das Artes Plásticas 2017. O xurado recoñeceu a "intensidade da súa obra que explora a complexa relación entre o espazo ilusionista da pintura e a presenza física da escultura”.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Supermarket singer on the Turner Prize Shortlist", The Independent, 4 May 2010
- ↑ Turner prize 2010: a shortlist that is half-baked, The Guardian, 4 May 2010
- ↑ "Supermarket singer on Turner Prize shortlist", The Telegraph, 4 May 2010
- ↑ "File Note #50 - Ángela de la Cruz - After, Camden Arts Centre, April–May 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010. Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ CV from Lisson Gallery
- ↑ CV Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. from Anna Schwartz Gallery
- ↑ Ángela de la Cruz's brush with death, The Guardian, 5 April 2010
- ↑ "A Life in the Day.". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2018. Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Ángela de la Cruz's deadly art goes on show, The Guardian - works from "After"
- ↑ http://mikesmithstudio.com/projects/compressed/
- ↑ 'Burst' en la Galería Lisson
- ↑ http://www.lissongallery.com/exhibitions/angela-de-la-cruz-burst
- ↑ "centre d'art la panera". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018. Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas 2017".