Saltar ao contido

Édouard-Léon Scott de Martinville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉdouard-Léon Scott de Martinville

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1817 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1879 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor, impresor, artista discográfico, libreiro, tipógrafo, inventor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisAuguste Toussaint Scott de Martinville Editar o valor en Wikidata  e Alexandrine Virginie Garnier Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 58d32f3c-2eb9-401a-8e5e-9663b25e52a1 Discogs: 1090015 Allmusic: mn0002754319 Editar o valor en Wikidata
O fonoautógrafo.

Édouard-Léon Scott de Martinville, nado en París, Francia o 25 de abril de 1817 e finado no mesmo lugar o 26 de abril de 1879, foi un impresor, libreiro e escritor francés, inventor do fonoautógrafo, primeiro aparato gravador de son.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Édouard-Léon Scott de Martinville, ao ser impresor por oficio, puido ler as descricións dos máis recentes avances científicos e así se fixo inventor. Scott de Martinville interesouse en gravar a conversación humana nunha forma similar a aquela que se lograra por medio da fotografía para a luz e imaxe. Inicialmente interesouse por unha nova forma de estenografía e foi autor de varios artigos sobre taquigrafía ademais de escribir un libro sobre a historia do tema en 1849. Ademais estudou a relación entre a lingüística, os nomes de persoas e as súas personalidades e publicou un artigo sobre o tema en 1857. Buscou desenvolver un método de estenografía que puidese gravar unha conversación completa sen ningunha omisión, e para isto, a partir de 1854, interesouse nos medio mecánicos para transcribir sons vocais. Mentres corrixía uns gravados para un texto de física encontrouse cuns debuxos de anatomía auditiva. Procurou imitar o funcionamento nun aparato mecánico, substituíndo o tímpano por unha membrana elástica, os osículos (Cadea de ósiños) por unha serie de pancas, que movía un estilete que premía nunha superficie de papel, madeira ou vidro cuberto por negro de fume. O 26 de xaneiro de 1857 entregou o seu deseño nun sobre selado á Academia Francesa.[1] O 25 de marzo de 1857 recibiu a patente francesa #17,897/31,470 polo fonoautógrafo.

Scott de Martinville formou unha sociedade cun fabricante de instrumentos musicais para fabricar os fonoautógrafos e logrou vender varios aparatos a laboratorios científicos que os usaron para a investigación do son. O aparato resultou útil para o estudo dos sons vocais e foi usado por Franciscus Donders, Heinrich Schneebeli e Rene Marage. Ademais, o fonoautógrafo provocou o desenvolvemento doutras ferramentas para visualizar o son como o aparato de chama manométrica de Karl Rudolph Koenig.[1] Non obstante, non logrou sacar proveito económico do seu invento e pasou o resto da súa vida como libreiro na Rue Vivienne 9 en París.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Jugement d'un ouvrier sur les romans et les feuilletons à l'occasion de Ferrand et Mariette (1847)
  • Histoire de la sténographie depuis les temps anciens jusqu'à nos jours (1849)
  • Les noms de baptême et les prénoms (1857)
  • Fixation graphique de la voix (1857)
  • Notice sur la vie et les travaux de M. Adolphe-Noël Desvergers
  • Essai de classification méthodique et synoptique des romans de chevalerie inédits et publiés. Premier appendice au catalogue raisonné des livres de la bibliothèque de M. Ambroise Firmin-Didot (1870)
  • Le problème de la parole s'écrivant elle-même. La France, l'Amérique (1878)
  1. 1,0 1,1 Hankins, Thomas L.; Robert J. Silverman (1995). Princeton University Press, ed. Instruments and the Imagination. pp. 133 a 135. ISBN 0-691-00549-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]