Étienne Terrus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1857 Elne, Francia |
Morte | 22 de xuño de 1922 (64 anos) Elne, Francia |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Étienne Joseph Mathieu Terrus, coñecido como Esteve Terrús en catalán e como Étienne Terrus en francés, nado en Elna, Rosellón en setembro de 1857 e finado ibídem en xuño de 1922[1] foi un pintor da Cataluña Norte, impulsor dos movementos artísticos do país, que destacou na acuarela e a paisaxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Terrús naceu en 1857 no seo dunha familia acomodada en Elna. En 1874, coa aprobación dos seus pais, decidiu establecerse en París para comezar a súa carreira artística baixo a tutela do pintor de Montpellier Alexandre Cabanel. Foi amigo de moitos pintores da súa época, entre os que destacan Matisse, Derain, Marquet, Camoin e Luce, a quen recibiu a miúdo no seu taller de Elna e Cotlliure.[2]
A súa técnica favorita era a acuarela, que dominaba de xeito maxistral, pero polo seu carácter introvertido non tiña relación ningunha con escola ou movemento artístico, aínda que na súa obra se nota a influencia do fauvismo. Tamén foi discípulo de Paul Signac.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]Na súa vila natal hai unha estatua dedicada a el. En Perpiñán hai unha placa que homenaxea a Terrús e outros artistas do Rosellón. En 1994 creouse na mesma vila o Museo Terrús. En 2018, tras unha operación de reforma, revelouse que 82 das 140 obras do pintor que se conservan neste museo eran falsas e foron retiradas.[3] [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Esteve Terrús". www.enciclopedia.cat/.
- ↑ Barou, Jean-Pierre (2002). Matisse-Terrus: histoire d'une amitié (1905-1917) en passant par Camoin, Manguin, Marquet : une exposition présentée au Musée Terrus, Elne, du 15 juin au 23 septembre 2002. (en francès). Montpellier, France: Indigène. ISBN 2911939417.
- ↑ 324cat. "El Museu Terrús a Elna reobre després d'eliminar les obres que eren falses". CCMA.
- ↑ "obres-falses-museu-elna". www.elnacional.cat (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Étienne Terrus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Madeleine Raynal, " Etienne Terrus », Conflent, n° 181, xaneiro-febreiro 1993, p. 2-6
- Barou, Jean-Pierre (2002). Matisse-Terrus: histoire d'une amitié (1905-1917) en passant par Camoin, Manguin, Marquet : une exposition présentée au Musée Terrus, Elne, du 15 juin au 23 septembre 2002. (en francès). Montpellier, France: Indigène. ISBN 2911939417.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo Terrús Arquivado 12 de xullo de 2020 en Wayback Machine. Páxina oficial