Alexandre Cabanel
Alexandre Cabanel, nado en Montpellier o 28 de setembro de 1823 e finado en París o 23 de xaneiro de 1889, foi un pintor francés, representante do neoclasicismo académico. Dedicouse a temas históricos, mitolóxicos e relixiosos. Tamén foi un excelente acuarelista e autor de retratos, paisaxes e composicións decorativas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1840 ingresou na École des Beaux Arts, onde foi alumno de Picot. Máis tarde sería nomeado profesor desta famosa escola. Actuou varias veces no Salón de París e recibiu unha medalla de segunda clase en 1852, unha medalla de primeira clase en 1855 e dúas veces unha medalla de honra (en 1865 e 1867).
Foi amigo de Napoleón III e recibiu o encargo de pintar obras importantes para a decoración dos pazos imperiais.
En París foi un dos mestres de pintores franceses como Étienne Terrus (da Cataluña Norte ou Rosellón) e portugueses como António da Silva Porto, João Marques de Oliveira, Horácio Hora, Rodolfo Amoedo e Almeida Júnior.
Galería
[editar | editar a fonte]-
O nacemento de Venus (1863)
-
Morte de Francisca de Rimini e Paolo Malatesta (1870)
-
Anxo caído (1868)
-
A morte de Moisés (1851)
-
Albayde (1848)
-
Pandora (1873)
-
Eco (1874)
-
Thamar (1875)
-
Harmonía (1877)
-
A filla de Jefté (1879)
-
Ofelia (1883)
-
Cleopatra probando venenos a prisioneiros condenados (1887)
-
Expulsión de Adán e Eva
-
Retrato de Catarina Vorontsova-Dashkova
-
Napoleón III
-
Cornelia Lyman Warren
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alexandre Cabanel". fr.dbpedia.org. Consultado o 2022-08-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexandre Cabanel |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BENEZIT, E. Dicionario, etc. París, Gründ, 1999.