Être et avoir
Être et avoir | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Nicolas Philibert |
Produtor | Gilles Sandoz, Serge Lalou |
Intérpretes | Georges Lopez, (profesor), Alizé, Axel, Guillaume, Jessie, Johan («Jojo»), Johann, Jonathan, Julien, Laura, Létitia, Marie-Elizabeth, Nathalie, Olivier, Franck, Kevin, Jérome, Magali, Léa, Océane, Thomas, Valentin e Valentin; Familias Chanimbaud, Dujardin, Garrido, Jeune, Lacombe, Olléon, Ponte, Rochès e Thouvenin |
Música | Philippe Hersant |
Fotografía | Christian Guy |
Montaxe | Nicolas Philibert |
Estrea | 19 de maio de 2002 no Festival de Cannes |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | documental |
Na rede | |
Être et avoir (ser e ter) é unha película documental francesa de 2002, dirixida por Nicolas Philibert. Presenta un ano escolar dun profesor e a súa clase única, con rapaces de entre 4 e 11 anos, nunha escola de Saint-Étienne-sur-Usson, na rexión de Auvernia.
Être et avoir foi ben acollida pola crítica, que eloxiou a súa sinxeleza e subliñou a emoción xerada polos actores. O traballo de montaxe de Nicolas Philibert foi premiado cun César e a película recibiu numerosos premios. Para sorpresa do director, a película tamén foi ben acollida polo público, e foi vista por case dous millóns de espectadores en Francia e máis dun millón nos dezasete países onde foi estreada[1]. É a vixésima película mais vista no ano 2002 no cine en Francia, e representa o maior éxito en sala de proxección dun documental que non trate de animais [2].
Posteriormente, co éxito, a película foi obxecto de controversia cando, o profesor e familias dos nenos filmados estimaron ser vítimas de abuso polo director e esixiron a súa participación nos beneficios da película e o dereito sobre o uso comercial da súa imaxe. Isto reabriu o debate sobre o porvir dos documentais.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A película abre cunha secuencia na cal dúas tartarugas andan camiñando polo piso da sala de clases, baleira antes da apertura da escola e, a continuación, sobre a recollida dos alumnos por unha mañá de neve.
Produción
[editar | editar a fonte]Nacemento do proxecto
[editar | editar a fonte]A aprendizaxe da lectura e a cuestión de «vivir xuntos» é un tema que o director Nicolas Philibert sempre quixo versar[3]. Na primavera de 2000, o seu desexo era lograr realizar un documental sobre o mundo rural e, en particular, sobre as dificultades financeiras atopadas por algúns campesiños[4]. Foi facendo esta exploración como tivo a idea de producir unha película sobre a vida dunha escola dunha pequena aldea.
Elección da escola
[editar | editar a fonte]Nicolas Philibert quería unha escola situada nunha zona rural, de cadeas montañosas que tivese longos e duros invernos, e a súa elección caeu no Macizo Central. A escola debería ter unha soa clase, de efectivo reducido e incluír alumnos de todos os cursos do ensino primario francés, é dicir desde o curso coñecido como CP (Cours Préparatoire, curso preparatorio) ata o curso CM2 (Cours Élémentaire 2ème année, curso elemental de segundo ano)[4]. A clase tamén tería que ser unha sala ampla para que o equipo de rodaxe puidese moverse sen importunar ó profesor e os alumnos, e que a luz fose suficiente para non necesitar iluminación artificial[3]. A investigación durou cinco meses localizando 400 escolas e visitando un centenar delas. A elección de Nicolas Philibert centrouse na escola de Saint-Étienne-sur-Usson, no departamento do Puy-de-Dôme no corazón do parque natural rexional Livradois-Forez[4].
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe celebrouse entre decembro de 2000 e xuño de 2001, cunha duración total de dez semanas repartidas en seis períodos[5]. Co fin de darse a coñecer e facerse aceptar pola clase, o equipo de rodaxe, constado por catro persoas, Nicolás Philibert, un jefe operador, un asistente cámara e un enxeñeiro do son, pasou o primeiro día explicando para que servía todo o material[4]. Durante as diferentes sesións de rodaxe, o realizador tomou notas sobre a progresión dos alumnos, as tempadas, os cambios climáticos e o tempo, e tamén filmou planos longos en exteriores co fin de darlle o ritmo de vida á escola correspondente ao curso dun ano.
O asunto Être et avoir
[editar | editar a fonte]Un procedemento xudicial opuxo ó mestre de escola, protagonista do documental, aos produtores da película. Georges Lopez reivindicaba un dereito de autor sobre o curso dado aos seus alumnos tal como esta reproducido no documental, un dereito de autor sobre o documental mesmo como autor do texto falado, e os dereitos como artista-intérprete da película. Afirmaba tamén que o seu dereito á imaxe padecera. O xulgado de primeira instancia de París rexeitou as súas demandas o 27 de setembro de 2004, porque non expresara as súas reivindicacións antes da rodaxe do documental. O tribunal de apelación de París confirmou este xuízo o 29 de marzo de 2006 considerando que o curso oral dado aos seus alumnos non refacía obras do espírito protexidas polo código francés da propiedade intelectual e que o personaxe dunha película documental non pode estar considerado como un intérprete, nin como un coautor porque a parte de creación nunha película documental é debida ás soas eleccións feitas polo realizador e o equipo de produción. O tribunal considerou por fin que o mestre de escola tiña claramente, aínda que tacitamente, consentido na utilización da súa imaxe na película, incluído nas súas utilizacións derivadas.
Recompensas e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Être et avoir foi seleccionado por numerosos festivais e conseguiu tres premios[6],[7][8][9][10].
Recompensas
[editar | editar a fonte]- César du meilleur montage para Nicolas Philibert do ano 2003
- Prix Louis-Delluc do ano 2002
- Étoile d'or du film no ano 2003
- Prix du cinéma européen - categoría "documentaire" (documental)
- Festival de Valladolid 2002 - Premio « Tiempo de historia »
- Grande premio do Festival du film français de Florence (Festival do cine francés de Florencia)
- Premio de Tübingen do Festival du film francophone de Tübingen (Festival do cine francófono de Tübingen)
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Festival de Cannes 2002: selección oficial - fóra de competición
- Festival de Cannes 2002: mercado da película
- César do cine francés 2003:
- Mellor director de cine
- Mellor filme do ano
- Mellor montaxe
- Festival international du film de Toronto 2002: Real to Real
- Festival international du film de Pusan 2002: película seleccionada
- Festival du cinéma français de Prague 2002: película seleccionada
- Festival du film français d'Athènes 2003: longametraxe seleccionada
- Festival de Cinema de Nova York 2002: película francesa seleccionada
- Festival du film français de Richmond 2003: curtametraxe
- Festival international du film de Melbourne 2002: películas francesas seleccionadas
- Festival international du film de Rotterdam 2003: selección oficial de longametraxes
- Viennale 2002 : selección oficial de longametraxes
- French Film Festival UK 2003: selección
- Festival international du film d'Istanbul 2003
- Mostra de cinéma de São Paulo 2002: películas seleccionadas
- Festival du cinéma français de Sydney 2003: programa curtametraxes
- Festival du film français de Yokohama 2003: longametraxes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Etre et avoir dépasse le million d'entrées dans le monde en Unifrance
- ↑ L'année cinéma 2002 en France: le bilan, AlloCiné.
- ↑ 3,0 3,1 Entrevista: Être et avoir, AlloCiné, 28 de agosto de 2002
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 A propos du film Arquivado 12 de novembro de 2008 en Wayback Machine., Nicolas Philibert, texto do dossier de prensa, 2002.
- ↑ Dans une classe à part; Le documentaire de Nicolas Philibert fait un tabac en France[Ligazón morta], Le Soleil, article repris par L'Infobourg.
- ↑ Être et avoir - fiche complète.
- ↑ Les Étoiles d'Or récompenses Être et avoir Arquivado 29 de marzo de 2004 en Wayback Machine., CinéMovies, 23/03/2003.
- ↑ "The European Film Awards 2002 The Winners". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2008.
- ↑ The European Film Awards 2002 - The Winners Arquivado 18 de outubro de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ Être et avoir obtient le Prix Louis Delluc 2002, Unifrance.