Saltar ao contido

Óscar Aranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓscar Aranda
Biografía
Nacemento29 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Óscar Aranda Subiela, nado en Huétor Vega (Granada) o 29 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como extremo no Famalicão da Primeira Liga de Portugal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán do tamén futbolista Antonio Aranda, comezou ao xogar ao fútbol na canteira do Huétor Vega, antes de ingresar en 2012 nas categorías inferiores do Granada. A continuación pasou polas canteiras do Málaga, do Granada novamente e do Real Madrid.

O 21 de febreiro de 2021 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, nun partido ante a UD Poblense.[1] O 8 de agosto de 2023 asinou por tres tempadas co Famalicão da Primeira Liga de Portugal.[2]

  1. "Óscar Aranda, la perla del Real Madrid" (en castelán). 14 de xuño de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  2. "El Famalicão ficha al extremo Óscar Aranda, procedente del Real Madrid". 8 de agosto de 2023. Consultado o 10 de agosto de 2024.