Óscar Carrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1991 (33 anos) Tui, España |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
Clase de competición | K4 |
Membro do equipo deportivo | Club Ría de Betanzos |
Participou en | |
2017 | 2017 ICF Canoe Sprint World Championships – Men's K-4 1000 metres (en) (4º) |
20 de agosto de 2016 | Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - K-4 1000 m masculino (pt) (5º) |
2015 | 2015 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
2013 | 2013 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
Óscar Carreira Amandi, nado en Tui o 9 de maio de 1991, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2013 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Mortemor, logrando unha cuarta posición na categoría K-4 1000 metros, xunto aos seus compañeiros Javier Hernanz, Rodrigo Germade e Iñigo Peña.[1] Co mesmo equipo participou ese ano no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas en Duisburgo, conseguindo unha oitava posición.[2] O ano seguinte competiron no Mundial celebrado en Moscova, pero foron descualificados.[3]
Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo de 2015, na proba de K4 1000 m, cos mesmos compañeiros.[4][5] Ese ano competiron tamén no Mundial celebrado en Milán, obtendo a sexta praza final.[6] Participaron ao ano seguinte nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016, obtendo o 5º lugar na proba de K4 1000 m.[7]
Tras os Xogos o equipo mudou: saíron Rodrigo Germade e Iñigo Pena e entraron Javier Cabañín e Rubén Millán. No Mundial de 2017, na República Checa, o equipo finalizou en cuarta posición.[8]
Ademais adestra ás categorías de base do Club Ría de Betanzos.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2016, o Concello de Tui engadiu o seu nome no monumento aos deportistas olímpicos da vila, na Rúa Olímpicos Tudenses.[10]
Palmarés Internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Europeo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2015 | Račice ( República Checa) | Bronce | K4 1000 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados de Montemor 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Duisburgo 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Moscova 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ «Óscar Carrera» en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "Resultados de Račice 2015". www.canoeresults.eu. Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Milán 2015". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ «Óscar Carrera» Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
- ↑ "Resultados de Račice 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Óscar Carrera, un olímpico para todo en Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses". 19 de outubro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do deportista.Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Páx. do Comité Olímpico Español (en castelán).