Saltar ao contido

Duisburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDuisburgo
Duisburg (de) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°25′56″N 6°45′40″L / 51.4322, 6.7611
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen
Rexión administrativaRexión de Düsseldorf Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación502.211 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.157,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie232,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ruhr, Río Rin, Alte Emscher (en) Traducir, Kleine Emscher (en) Traducir e Rhine–Herne Canal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude33 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHaus Hartenfels (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoSören Link (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal47279, 47001, 47051 e 4100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico02066, 02841, 02151, 0203 e 02065 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEA12 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña051120000000 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán05112000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (1985–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webduisburg.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: stadt.du Instagram: duisburg_de Youtube: UCn0NXcAGCh0i1tgMi6LFNAQ Editar o valor en Wikidata

Duisburgo (Duisburg en alemán) é unha cidade alemá situada no Land de Renania do Norte-Westfalia. En 2007 tiña 495.668 habitantes. Érguese na confluencia do río Rin co Ruhr, na parte occidental da populosa rexión do Ruhr.

Acolle o máis importante porto fluvial de Europa e do mundo, e tense convertido nun centro destacado no sector do comercio e da produción siderúrxica. Ademais é un polo das industrias química e mecánica, é tamén sede da minería do carbón, aínda que o sector mineiro de Duisburgo non fora nunca preminente como, por contra, o é noutras cidades do Ruhr. Todos os altos fornos do val do Ruhr hoxe en día se atopan en Duisburgo, que produce o 49% do metal de ferro alemán e o 34,4% da gusa.

A cidade actual é resultado dun proceso de conurbación de cidades menores limítrofes, que acabaron por soldarse nunha soa metrópole. Duisburgo é a décimo segunda cidade de Alemaña polo número de habitantes e a quinta de Renania do Norte-Westfalia, con case 500.000.

Duisburgo acolle a Universidade de Duisburgo-Essen, que naceu no ano 2003 da fusión coa da veciña cidade de Essen. Ten cerca de 33.000 estudantes, figurando entre as dez primeiras alemás.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Localización de Duisburgo en Alemaña

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Duisburgo está localizada na parte do Hügelland, xusto na desembocadura do Ruhr no Rin. A cidade esténdese a ambas beiras dese río, e no norte da mesma desaugan no Rin tamén o vello Emscher e mais o Pequeno Emscher.

Érguese no centro da chaira do land, da que é centro. A maior altitude da cidade está no sitio da Haus Hartenfels con 82,52 m sobre o nivel do mar; e o punto máis baixo está a 14,85 msnm en Duisburg-Walsum (na Kurfürstenstrasse). A altitude media da cidade é de 33,5 m e coincide coa esquina entre a Königstrasse e mais a Hohe Strasse.

Límites da cidade

[editar | editar a fonte]

A cidade de Duisburgo linda polo oeste e norte coas cidades de Moers, Rheinberg e Dinslaken do distrito (Kreis) de Wesel, polo leste coas cidades de distrito propio de Oberhausen e Mülheim an der Ruhr, polo sur con Ratingen do distrito de Mettmann, coa cidade distrital de Düsseldorf, con Meerbusch im Rhein (distrito de Neuss) e mais coa cidade distrital de Krefeld.

Duisburgo, pola súa colocación no oeste da Renania do Norte-Westfalia, e dada a súa relativa proximidade ao mar, está baixo a influencia das baixas presións que se forman no Mar do Norte. O seu clima é de tipo atlántico, máis moi suavizado en canto ás precipitacións, pois as súas medias anuais apenas chegan aos 600 mm (573,7 mm) e a súa temperatura media anual é de 10,9 °C. Os meses máis quentes son os do verán; en xullo e agosto a temperatura máxima media mensual acada os 24 °C. Xaneiro e febreiro son os meses máis fríos, con temperaturas mínimas medias de 1 °C. Polas súas características climáticas, Duisburgo, xunto con Heidelberg, están consideradas como as cidades máis cálidas de Alemaña consonte os datos que corresponden ao período 1961-1990.

Período romano

[editar | editar a fonte]

Os máis recentes estudos arqueolóxicos mostran que arredor do século I no lugar había xa estabelecido un mercado. Ben situada no Hellweg, unha importante ruta comercial e sobre un vao do Rin, a cidade alcanzou o seu apoxeo mercantil no século V. Os romanos asentáronse cerca do vao para gardalo. No ano 420 os francos apoderáronse do asentamento. Varios séculos despois, no ano 883, os viquingos apoderáronse da localidade e utilizárona como cuartel invernal.

O desprazamento do curso do Rin, máis para o oeste, arredor do ano 1000, freou o desenvolvemento da cidade medieval. Porén en 1120 o seu recinto foi cercado cunha muralla. En 1279 o rei Lotario II concedeulle unha carta de franquías. Duisburgo pasou a formar parte da Liga Hanseática. En 1445 rexeitou un ataque do arcebispo de Colonia. O desenvolvemento da súa universidade durante o século XVI, ao que non foi alleo a presenza de Gerardus Mercator, mereceu que a cidade fose denominada "Duisburgum Doctum" (O docto Duisburgo). En 1666, Duisburgo, que pertencía ao ducado de Cleves, pasou a formar parte de Prusia-Brandenburgo.

Mapa de Duisburg, 1566, por Johannes Corputius.

A revolución industrial

[editar | editar a fonte]

O crecemento dos obradoiros de tabaco e téxtiles no século XVIII converteron a Duisburgo nun centro manufactureiro ao final do período. En 1824, F. W. Curtius instalou unha fábrica de ácido sulfúrico e abría a revolución industrial en Duisburgo. Catro anos despois, Franz Haniel construíu un peirao para barcos de vapor o que facilitaba o transporte pesado ao longo das vías fluviais. En 1846 a cidade ficou unida por ferrocarril con Düsseldorf e no ano seguinte con Dortmund e Minden. Grandes compañías do ferro e aceiro, como as de Thyssen e de Krupp, instalaron en Duisburgo empresas, o que contribuía a que a cidade seguise a medrar coa instalación na mesma de traballadores que deixaban o campo. En 1904 acadou os 100.000 habitantes, e nos anos seguintes iniciaría a absorción dalgunhas das pequenas cidades limítrofes.

O século XX

[editar | editar a fonte]

En 1921, logo da primeira guerra mundial, os franceses ocuparon a cunca do Rin, para se aseguraren o pago das sancións económicas dispostas polo tratado de Versalles. Duisburgo como outras cidades do Ruhr veu entrar a infantaría francesa. Durante o réxime nazi, en novembro de 1938, a sinagoga da cidade foi destruída.

Dada a importancia industrial da cidade, con industrias químicas e siderúrxicas, durante a segunda guerra mundial, Duisburgo foi considerada polos aliados como un dos obxectivos principais. A cidade, ao longo dos anos do conflito, foi bombardeada con intensidade, de xeito que algúns historiadores coidan que foi a localidade xermana máis castigada polos bombardeos, e non só os centros industriais foron atacados, senón que tamén as zonas residenciais foron albo de bombas incendiarias.

Entre o 13 e o 14 de maio de 1943 un ataque con 577 avións de bombardeo, deitou sobre a cidade cerca de 1.600 tm de bombas, destruíu a cidade vella e deixou sen vivenda a unhas 96.000 persoas. No 22 de maio de 1944 foron botadas sobre Duisburgo unhas 2.000 tm de bombas. O 14 de outubro de 1944, a cidade recibiu 2.018 tm de bombas, pero o ataque desa mesma noite foi aínda máis intenso: durou 14 horas e deixáronse caer unhas 9.000 tm de bombas e explosivos incendiarios. Os ataques continuaron durante o resto do ano 1944. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a cidade foi submetida tamén a intensos ataques de artillaría. Por fin o 12 de abril de 1945, as tropas norteamericanas entraron na cidade. Os servizos de enxeñaría do seu exército construíron unha ponte lixeira para o ferrocarril sobre o río Rin en menos de sete días.

Despois da guerra a cidade tivo que ser reconstruída por enteiro, mais a maioría dos lugares históricos perdéronse. En 1983 Duisburgo celebrou o seu 1100 aniversario.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 2004 a cidade sufriu o paso dun tornado. O teatro municipal e partes do centro urbano resultaron danados. En 2005 acolleu os Xogos Mundiais e volverá a acollelos en 2013.

Teatro municipal (2009).

Duisburgo acolle un extenso rango de acontecementos culturais ao longo do ano. Xunto con Düsseldorf, en Duisburgo reside a Ópera Alemá do Rin (Deutsche Oper am Rhein), unha das maiores compañías operísticas de Alemaña. A Orquestra Filharmónica de Duisburgo é unha das orquestras alemás de maior prestixio internacional.

Grazas á súa historia e ao seu pulo industrial e comercial, Duisburgo ofrece unha boa variedade de lugares arquitectónicos de interese, aínda que haxa que lamentar as irreparabeles perdas causadas polos bombardeos da última guerra mundial. Hai un amplo abano onde escoller, desde igrexas como a de San Xoán Bautista en Duisburg-Hamborn, que data do ano 900, até edificios modernos como o Micro-Electronic-Centrum en Duisburg-Neudorf, construído en 1995.

Outro sitio de interese é o Landschaftspark Duisburg-Nord, un complexo industrial abandonado e aberto logo ao público, un lugar emblemático do ERIH, ou European Route of Industrial Heritage (Ruta Europea da Herdanza Industrial).

O centro da cidade alberga o museo Wilhelm Lehmbruck, o Teatro Municipal e a rúa comercial chamada popularmente a "milla da fonte".

Trasportes

[editar | editar a fonte]
O cunca do Rin

O porto fluvial

[editar | editar a fonte]

Duisport é o maior porto do mundo no interior de terra continental. Oficialmente é cualificado como un "porto mariño" porque os buques que levantan a áncora desde o seu porto fluvial comunican até portos marítimos de Europa, África ou o Medio Oriente. A maior parte dos seus peiraos están localizados xunto a confluencia do río Ruhr co río Rin.

Cada ano son manexadas no porto unhas 40 millóns de tm de mercancías dos máis de 20.000 embarcións que arriban ou levantan a áncora do seu porto. As instalacións portuarias ocupan unha área total de 7,4 km². Hai 21 docas e peiraos que se estenden por 1,8 km² e 40 km de muros de atraque. A área do Logport Logistic Center Duisburg cobre unha superficie de 2,65 km². Un gran número de empresas posúen os seus propios peiraos privados e calcúlase que anualmente son manexadas 70 millóns de tm de bens en Duisburgo como media.

Estradas e ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Duisburgo está ligado co sistema de autoestradas Autobahn alemán. Cinco destas cruzan a cidade ou pasan xunto dela. A estación principal de ferrocarril de Duisburgo conta cos servizos do InterCityExpress e mais do InterCity, que forman parte da rede de longas distancias do servizo de ferrocarril alemán ou Deutsche Bahn. Ademais ten interurbano S-Bahn, liña que comunica Duisburgo con outras cidades da área Rhine-Ruhr. Dentro da cidade conta co tren lixeiro denominado Stadtbahn e unha rede de buses. O Stadtbahn liña U79, tamén chamado D-Bahn, conecta coa próxima cidade de Düsseldorf, con servizo conxunto do Rheinbahn de Düsseldorf. Todos S-Bahn, Stadtbahn e liñas de buses operan baixo control da sociedade de transportes VRR.

Aeroporto

[editar | editar a fonte]

Nos lindes da cidade, Duisburgo conta co aeoroporto do Rhein-Ruhr ou Aeroporto Internacional de Düsseldorf, a só sete minutos por ferrocarril da estación principal da cidade (Duisburger Hauptbahnhof), na que existe unha liña directa que a une co aeoroporto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Berlín

Hamburgo

Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]