Saltar ao contido

Şalom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Şalom
Xornal Şalom
Ano fundación 29 de outubro 1947
Xénero Información comunal e xeral
Formato páxina Tabloide
País Turquía
Cidade onde se edita Atiye Sokak, Polar Apt. No 12/6, 34204 Teşvikiye,
Istambul, Turquía
Ámbito de distribución Turquía
Idioma Turco e ladino (xudeu-español)
Periodicidade Semanal
Publicación Mércores
Prezo unitario 2,30 Lira turca (TL) (Semanal), 120 Lira turca (TL) (Subscrición anual) (2005)
Empresa editora Gözlem Gazetecilik Basın ve Yayın A.Ş.
Fundador Avram Leyon
Director/a İvo Molinas
Redactor/es Yakup Barokas
Tirada media 5.000 (2005)

Şalom (en hebreo: שלום, "Paz") é un xornal semanal de noticias xudeu-turcas, fundado o 29 de outubro de 1947 e sito en Istambul. É publicado en turco xunto cunha páxina publicada en ladino (xudeu-español). Está orientado para o público xudeu da grande área metropolitana.

Traxectoria e características

[editar | editar a fonte]

Fundado polo xornalista xudeu-turco Avram Leyon, propietario da empresa de medios, Gözlem Gazetecilik Basın ve Yayın A.Ş.. A tirada semanal do xornal non excede os 5.000 exemplares (2005), incluíndo un suplemento denominado El Amaneser enteramente en ladino dende 2005.

O director é İvo Molinas e o redactor xefe é Yakup Barokas. A súa redacción e oficina gráfica están en Teşvikiye en Istambul e tamén mantén unha páxina de Internet en turco e en ladino.

Columnistas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]