1000 Hurts
1000 Hurts | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Shellac | ||||
Publicado | 8 de agosto do 2000 | |||
Gravación | 1998 - 1999 | |||
Duración | 36:51 | |||
Xénero(s) | noise rock, post-hardcore, math rock | |||
Selo(s) | Touch & Go Records | |||
Produtor | Shellac | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
1000 Hurts é o terceiro álbum da banda estadounidense de noise rock Shellac, editado o 8 de agosto do 2000 a través do selo Touch & Go Records. No seu material promocional Shellac bromeaba describindo o disco como segue: "Non hai cancións de 12 minutos neste. Este disco é máis mesquiño. Todd canta".[1]
A portada é unha clara homenaxe ás vellas gravadoras de cinta Ampex. A banda é coñecida por usar gravadoras analóxicas de cinta para os seus rexistros, e son seareiros dos da marca Ampex. Ademais, o discurso do inicio do disco é unha variación dos anuncios que se poden escoitar nas cintas de calibración de Magnetic Reference Laboratories. O título fai referencia aos mil hercios (en inglés Hertz), unha medida usada na gravación de audio que describe unha onda sinusoidal que oscila 1 000 veces por segundo.
O álbum foi nomeado pola revista Rockfeedback o mellor disco da década[2]. A canción "Shoe Song" fai referencia ao tema de Slint "Good Morning, Captain", aparecido no seu álbum Spiderland.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Prayer to God" | 2:50 | |||||||
2. | "Squirrel Song" | 2:38 | |||||||
3. | "Mama Gina" | 5:43 | |||||||
4. | "QRJ" | 2:52 | |||||||
5. | "Ghosts" | 3:36 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
6. | "Song Against Itself" | 4:13 | |||||||
7. | "Canaveral" | 2:38 | |||||||
8. | "New Number Order" | 1:39 | |||||||
9. | "Shoe Song" | 5:17 | |||||||
10. | "Watch Song" | 5:25 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Quietus | Features | Strange World Of... | A Very Selfish Enterprise: The Strange World Of... Shellac". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-08-21.
- ↑ Mellores álbums da década do 2000 segundo a revista Rockfeedback