11D49
Aparencia
País de orixe | Unión Soviética / Rusia[1] |
---|---|
Primeiro voo | 1964[1] |
Deseñador | Isayev[1] |
Aplicación | Motor principal da segunda etapa dos Kosmos 3M[1] |
Lanzador asociado | Kosmos 3M[1] |
Predecesor | 11D47[1] |
Estado | En produción[1] |
Motor de combustible líquido | |
Propelente | Ácido nítrico[1] / UDMH[1] |
Taxa de mestura | 2,65[1] |
Configuración | |
Taxa da tobeira | 103,4[1] |
Rendemento | |
Pulo | 157,5 kN[1] |
Taxa de pulo a peso | 86,81[1] |
Presión na cámara | 98,10 bar[1] |
Impulso específico | 303 s[1] |
Tempo de acendido | 4305 segundos[1] |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,78 m[1] |
Diámetro | 1,92 m[1] |
Peso seco | 185 kg[1] |

11D49 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado como propulsor principal pola segunda etapa dos foguetes Kosmos-3M.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os motores 11D49 son fabricados pola casa Isayev e funcionan alimentados pola combinación hipergólica de ácido nítrico e dimetilhidracina asimétrica (UDMH). Úsanse na segunda etapa do foguete Kosmos-3M. Conta cunha tobeira principal e catro de control. A tobeira principal ten un pulo de 157,5 kN e cada unha das secundarias ten un pulo de 25 kN, cun impulso específico de 303 s e unha presión de traballo na cámara de combustión de 98,10 bares. O motor en si ten unha altura de 1,78 m e un diámetro de 1,92 m.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Glushko, V P (1968 - 1969). "Albom Konstruktsiy ZhRD".
- "Russian Arms Catalogue". Military Parade. 5 e 6.