Rally da Coruña de 1985
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally da Coruña e Tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 43 |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 15 (1985) |
Competición | |
Primeiro posto | José Antonio Rodríguez Estévez |
O Rally da Coruña de 1985 foi a 15ª edición de dito rally, así como a penúltima proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 10 de decembro de 1985 e o vencedor foi o ourensán Peitos, a bordo dun Alfa Romeo GTV 6.[1]
O coruñés José Mora, a pesar de non participar no rally, proclamouse campión galego ao remate deste, tras o abandono na proba do seu máximo rival, Carlos Piñeiro.[2]
Itinerario
[editar | editar a fonte]O rally constou de 246,9 km totais, dos cales 68,6 foron cronometrados, e estivo dividido en dúas seccións. A primeira delas consistiu nun só treito, o miradoiro de Bens, e disputouse de xeito nocturno a partir das 00:00 horas do día 10. A segunda sección correuse a partir das 8:30 da mañá e consistiu en dúas pasadas polos treitos de Cambre, Limiñón, Ois, Doroña e Vilouzás.[3]
Resumo
[editar | editar a fonte]Carlos Piñeiro comezou liderando a proba pero tivo que retirarse nada máis comezar a segunda etapa, por culpa dun erro das súas asistencias, que colocaron gasóleo en vez de gasolina no seu Porsche 911 SC. O seu abandono provocou a perda de todas as súas posibilidades de proclamarse campión galego de 1985, indo o título a parar matematicamente ás mans de José Mora, que non participou no rally.[2]
O lucense José Luis Vilanova, conducindo tamén un Porsche 911 SC, ocupou a praza de Piñeiro ata o terceiro treito, cando foi superado polo Alfa Romeo de Peitos, que xa non abandonou o liderado en toda a proba, chegando a marcar o mellor tempo en seis dos treitos. Logo Vilanova sufriu unha saída de estrada nun dos enlaces e foi penalizado no control, perdendo a segunda praza e caendo ata o posto 14º final, a pesar de ter sido o máis rápido en tres dos treitos.[1]
O Renault 5 GT Turbo de Alfonso Pavón foi o que chegou finalmente á meta en segundo lugar, despois de manter un duelo durante todo o rally co Renault 5 Copa Turbo de Germán Castrillón. Castrillón fora por diante de Pavón durante todo o rally pero perdeu a súa escasa vantaxe no último tramo ao saírse da estrada, chegando finalmente terceiro. Diego Barcia foi en cuarta posición gran parte do rally, pero no último treito acabou nunha silveira e quedou relegado á novena posición final.[1]
Unha das pasadas por Limiñón tivo que ser anulada despois dun duro accidente de José Caamaño e o seu copiloto Carlos García, tendo que ser trasladado este último ao hospital.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil |
---|---|---|---|
1 | "Peitos" | Francisco Javier Salgueiro | Alfa Romeo GTV 6 |
2 | Alfonso Pavón | Guillermo Díez | Renault 5 GT Turbo |
3 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Renault 5 Copa Turbo |
4 | Víctor López | Couce | SEAT 124 2000 |
5 | Arturo Rial | Ford Fiesta | |
6 | Manuel Balado | Quián | Talbot Samba Rallye |
7 | Jano Outeiriño | Ford Fiesta XR2 | |
8 | Míguez | SEAT 124 2000 | |
9 | Diego Barcia | SEAT 124 2000 | |
10 | Morado | Renault 5 GT Turbo | |
14 | José Luis Vilanova | Valverde | Porsche 911 SC |
Abandonos | |||
- | Carlos Piñeiro | Julio Orozco | Porsche 911 SC |
José Caamaño | Carlos García | Renault 5 GT Turbo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Arévalo, Fernando (11 de novembro de 1985). "Los orensanos Peitos y Salgueiro ganaron el «XV rally de La Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 48.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (12 de novembro de 1985). "Pese a no correr en La Coruña, Mora es campeón gallego de rallys". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45.
- ↑ "El XV Rally de La Coruña se disputará los próximos días 9 y 10 de noviembre". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 1985. p. 35.
Predecesor: Rally San Froilán |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1985 |
Sucesor: Rally de Pontevedra |