24K Gold
24K Gold | |
---|---|
Orixe | San Francisco, California, Estados Unidos |
Período | 2002 - 2004 |
Xénero(s) | post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Kill Shaman (Oakland) |
Membros | Keith Curts Mike Martinson Matt Rosa |
Na rede | |
http://www.twentyfourkgold.com/ (ligazón rota) |
24K Gold foi unha banda estadounidense de post-punk formada en San Francisco (California) no ano 2002 e que disolveuse no 2004. Estivo formada por Keith Curts (guitarra e voz), Mike Martinson (batería) e Matt Rosa (baixo).
Historia
[editar | editar a fonte]24K Gold formouse no ano 2002 por Keith Curts e Mike Martinson, músicos que estiveron rulando xuntos en varias bandas desde mediados dos anos 90 (como Subpoena The Past, PS Burn This Letter, Hit A Girl e Ghost Orchids) e que traballaron nunha tenda de discos de San Francisco chamada Epicenter. Tras a primeira formación, integraron no grupo a Matt Rosa, quen viña de ser o batería de Aaron Montaigne and the Chandeliers.
Tras editar con Kill Shaman (de Oakland) o sinxelo Baby's Breath no 2004 (KSR6)[1], a banda disolveuse.
A dicir da crítica, eran comparables aos "primeiros Gang Of Four versioneados polos primeiros Unsane" (James Seizure, en USS Horsewhip), e facían "algo pouco convencional.. non como outras bandas (post-punk)" (Jack Duckworth, en Radio Berlin). Finalmente, na opinión de Dave Clifford (en Willamette Week) o grupo era "todo dedicación e combate emocional... Keith e máis Mike mostraron unha acertada escuridade de arte punk na área da baía (de San Francisco) (a través de) Subpoena The Past e Ghost Orchids, pero o brillo da marca 24K Gold móstrase cun corazón e cunha alma máis perentoria que as súas bandas previas".