28978 Ixion
Descubrimento e clasificación[1][2] | |
---|---|
Descuberto polo | programa Deep Ecliptic Survey |
Descuberto dende o | Observatorio de Cerro Tololo |
Descuberto o | 22-05-2001 |
Nome no Mpc | 28978 Ixion |
Nome alternativo | 2001 KX76 |
Categoría no Mpc | TNO (plutino)[3] |
Características orbitais[1] | |
Época= 31-12-2006 (2 454 100,5 xd) | |
Afelio | 7.370,503 Gm (49,269 UA) (Q) |
Perihelio | 4.501,495 Gm (30,091 UA) (q) |
Eixo semi-maior | 5.935,999 Gm (39,680 UA) |
Excentricidade | 0,242 |
Período orbital | 91.295,847 d (249,95 ax) |
Inclinación | 19,584° |
Anomalía media | 268,546° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 71,028° |
Argumento do perihelio | 298,779° |
Características físicas | |
Diámetro | 650 (+260 -220) km[4] < 822 km de diámetro[5] |
Área superficial | < 2,24 x 106 km2 |
Volume | < 3,15 x 108 km3 |
Masa | ≈3 x 1020 kg[note 1] |
Densidade | 2,0? g/cm³ |
Gravidade superficial | 0,2297? m/s² |
Velocidade de escape | 0,4346? km/s |
Período de rotación | ? |
Tipo espectral | (moderadamente vermello) B-V=1,03; V-R=0,61[6] |
Albedo | 0,15-0,37[5] 0,12 (+ 0,14 - 0,06}}[4] |
Magnitude aparente | 19,6 (en oposición) [7] |
Magnitude absoluta | 3,86 (banda-V) 3,25 (banda-R)[6] |
Temperatura superficial | ≈44 K |
Tamaño angular | 0,022″ |
28978 Ixion é un obxecto do cinto de Kuiper que foi descuberto o 22 de maio do ano 2001. Ixion é un plutino (un obxecto que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno) e é un candidato a planeta anano; o seu diámetro foi estimado en 650 km polo Telescopio Espacial Spitzer que fai deste obxecto o quinto plutino en tamaño. Foi bautizado coma Ixión, un personaxe da mitoloxía grega. Ixion foi descuberto dende o Observatorio de Cerro Tololo.[2] É moderadamente vermello visto baixo a luz visible e ten unha superficie que é unha mestura de tolinas e xeo de auga.
Características físicas
[editar | editar a fonte]Exceptuando Plutón, Ixion foi o primeiro TNO descuberto que orixinalmente se lle estimase un tamaño maior có do asteroide Ceres,[8] No 2002, un ano despois do seu descubrimento, aínda se seguía pensando que Ixion tiña máis de 1000 km de diámetro.[9] As estimacións do 2002 estaban baseadas nunha detección errónea feita a 250 GHz que non puido ser confirmada en posteriores observacións.[10] Estimacións máis recentes suxiren que Ixion ten un albedo alto[5] e que é máis pequeno ca Ceres. Observacións de Ixion feitas polo Telescopio Espacial Spitzer na parte do espectro do infravermello profundo indican que o seu tamaño é duns 650 km.[4]
Ixion e moderadamente vermello (un pisco máis cá 50000 Quaoar) baixo a luz visible.[11] Tamén ten un albedo máis alto (>0.15) cós cubewanos vermellos de tamaño medio.[10] Podería estar presente unha traza nunha lonxitude de onda de 0.8 μm no seu espectro, a cal normalmente é atribuída a unha alteración dos materiais da superficie por parte da auga.[11] No infravermello próximo, o espectro de Ixion é plano e sen trazas distintivas. A banda de absorción do xeo de auga que está entre 1,5 e 2 μm é inexistente. Isto contrasta co espectro de Varuna, o cal ten trazas distintivas no infravermello próximo así coma unha prominentes bandas de absorción de auga.[12] Tanto os estudos espectroscópicos da luz visible así coma da luz infravermella amosan que a superficie de Ixion é unha mestura de xeo de auga, carbono escuro e tolinas, as cales son copolímeros formados pola irradiación dos clatratos de auga e de compostos orgánicos.[13] O Very Large Telescope (VLT) inspeccionou Ixion na procura de actividade cometaria, pero non detectou ningunha coma.[14] Ixion actualmente atópase a unha distancia dunhas 41 UAs respecto do Sol,[7] e é posible que Ixion poida desenvolver unha coma ou unha atmosfera temporal cando se aproxime ó seu perihelio.
Ocultación
[editar | editar a fonte]Ixion podería ocultar unha estrela relativamente brillante de magnitude aparente 11,5 na constelación de Ophiuchus o 19 de xullo do 2010.[15] Este evento podería ser visible en Norte América.[15] A RA e a DE para este evento está situado nunha rexión rica en estrelas, coa posición 16 54 25,8620 −24 24 22,856.[15] A ocultación podería durar máis de 45 segundos,[15] pero a ruta para a predita ocultación podería non pasar pola Terra. A detección dunha ocultación axudaría a precisar mellor o diámetro deste candidato a planeta anano.
Órbita e rotación
[editar | editar a fonte]Ixion e Plutón seguen órbitas semellantes pero con diferentes orientacións: o perihelio de Ixion está por debaixo da eclíptica e pola contra o de Plutón está por riba. O contrario do que é usual en obxectos en resonancia orbital con Neptuno (tales coma Orcus), Ixion aproximase bastante a Plutón, un pouco por debaixo do 20 graos de separación angular. Ixion está actualmente cruzando a eclíptica cara a abaixo e acadará o seu perihelio no ano 2070. Plutón pasou ó seu perihelio no ano 1989 e actualmente está descendendo cara a eclíptica. O período orbital de Ixion é de polo menos de 250 anos, só un 0,5% máis grande có de Plutón. Ixion demostrou ter cambios regulares no seu brillo, o cal pensase que é debido á súa rotación. Con todo isto e a altura do ano 2010, o período de rotación de Ixion aínda non puido ser precisado.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Usando o radio esférico obtido polo Spitzer no 2007 de 325 km; volume dunha esfera x unha densidade asumida de 2 g/cm3 da coma resultado unha masa (m=d*v) de 2,8 x 1020 kg
- ↑ 1,0 1,1 JPL/NASA, ed. (12-07-2007). "JPL Small-Body Database Browser: 28978 Ixion (2001 KX76)". Consultado o 04-10-2008.
- ↑ 2,0 2,1 B. G. Mardsen (01-07-2001). IAU Minor Planet Center, ed. "MPEC 2001-N01: 2001 FT185, 2001 KW76, 2001 KX76, 2001 KY76, 2001 KZ76, 2001 KA77". Consultado o 05-01-2020.
- ↑ M. W. Buie (12-07-2007). SwRI, Space Science Department, ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 28978". Consultado o 29-09-2008.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2008). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". En M. Antonietta Barucci, Hermann Boehnhardt, Dale P. Cruikshank. The Solar System Beyond Neptune (pdf). University of Arizona press. pp. 161–179. ISBN 0-8165-2755-5. arxiv:astro-ph/0702538v2.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 W. R. Johnston (17-09-2008). "TNO/Centaur diameters and albedos". Consultado o 28-07-2010.
- ↑ 6,0 6,1 A. Doressoundiram e o seu equipo. (2007). "The Meudon Multicolor Survey (2MS) of Centaurs and Trans-Neptunian Objects: From Visible to Infrared Colors". Astronomical Journal 134: 2186–2199. Bibcode:2007AJ....134.2186D. doi:10.1086/522783.
- ↑ 7,0 7,1 University of Pisa, Department of Mathematics (ed.). "AstDys (28978) Ixion Ephemerides". Consultado o 13-08-2009.
- ↑ R. Stenger (24-08-2001). CNN, ed. "New object deemed largest minor planet". Consultado o 29-02-2008.
- ↑ F. Bertoldi, W. Altenhoff, N. Junkes (07-10-2002). "Beyond Pluto: Max-Planck radioastronomers measure the sizes of distant minor planets". SpaceRef.com. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2019. Consultado o 06-01-2010.
- ↑ 10,0 10,1 W. J. Altenhoff, F. Bertoldi, K. M. Menten (2004). "Size estimates of some optically bright KBOs". Astronomy and Astrophysics 415 (2): 771–775. Bibcode:2004A&A...415..771A. doi:10.1051/0004-6361:20035603.
- ↑ 11,0 11,1 S. Marchi, M. Lazzarin, S. Magrin, C. Barbieri (2003). "Visible spectroscopy of the two largest known trans–Neptunian objects: Ixion and Quaoar". Astronomy and Astrophysics Letters 408: L17–L19. Bibcode:2003A&A...408L..17M. doi:10.1051/0004-6361:20031142.
- ↑ J. Licandro, F. Ghinassi, L. Testi (2002). "Infrared spectroscopy of the largest known trans-Neptunian object 2001 KX76". Astronomy and Astrophysics Letters 388: L9–L12. Bibcode:2002A&A...388L...9L. arXiv:astro-ph/0204104. doi:10.1051/0004-6361:20020533.
- ↑ 13,0 13,1 H. Boehnhardt e o seu equipo. (2004). "Surface characterization of 28978 Ixion (2001 KX76)". Astronomy and Astrophysics Letters 415: L21–L25. Bibcode:2004A&A...415L..21B. doi:10.1051/0004-6361:20040005.
- ↑ O. Lorin, P. Rousselot (2007). "Search for cometary activity in three Centaurs (60558) Echeclus, 2000 FZ53 and 2000 GM137 and two trans-Neptunian objects (29981) 1999 TD10 and (28978) Ixion". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 376 (2): 881–889. Bibcode:2007MNRAS.376..881L. doi:10.1111/j.1365-2966.2007.11487.x.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 S. Preston (26-05-2010). "(28978) Ixion / UCAC2 22032118 event on 2010 Jul 19, 01:48 UT". Arquivado dende o orixinal o 07-07-2011. Consultado o 05-07-2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- AstDys orbital elements
- Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 28978 Ixion |