4 años, 2 meses y 1 día
Aparencia
4 años, 2 meses y 1 día | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cicatriz | ||||
Publicado | 1991 | |||
Duración | 31:25 | |||
Xénero(s) | hard rock-heavy metal | |||
Selo(s) | Zika Records | |||
Produtor | Peter Peck e Cicatriz | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
4 años, 2 meses y 1 día é o título do segundo álbum do grupo de rock do País Vasco Cicatriz.
Foi o primeiro disco que sacaron despois do accidente de moto do seu cantante Natxo Etxebarrieta e foi gravado en Londres nos estudios Von's Recording coa indemnización de Natxo. Este traballo tamén foi o primeiro que gravou o novo guitarrista Goar Iñurrieta, introducindo un estilo máis heavy e hard rockeiro nas cancións.
O título do disco refírese á condena que lle impuxeron a Natxo cando o detiveron traendo speed dende Holanda. Tamén lle dedica unha canción á cela do seu cárcere, "La 204".
O disco está dedicado na memoria do primeiro guitarrista da banda, Pepin, quen falecera recentemente por sobredose de heroína.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Rock and roll de Cicatriz"
(Cicatriz) - "Loco"
(P. Landatxe/G. Iñurrieta) - "El quebrao"
(Los Betos/G. Iñurrieta) - "Solo otra vez"
(Mamen Rodrigo/P. Landatxe) - "Don´t worry"
(Mamen Rodrigo/G. Iñurrieta) - "Una niebla gris"
(J.J. Eguizalde/G. Iñurrieta) - "La 204"
(N. Etxebarrieta/G. Iñurrieta) - "Que a gusto estas"
(P. Landatxe/G. Iñurrieta) - "Me gusta conducir"
(J.J. Eguizalde/P. Landatxe) - "El cuello de pavo"
(Cicatriz/G. Iñurrieta) - "Lola"
(N. Etxebarrieta/P. Landatxe/J.L. Rodrigo/J. Arteaga)
Músicos
[editar | editar a fonte]- Natxo Etxebarrieta: Voz
- Goar Iñurrieta: Guitarra
- Pedro Landatxe: Batería.
- Pakito Rodrigo: Baixo e coros.
Persoal técnico
[editar | editar a fonte]- Peter Peck: produción.