Saltar ao contido

808 State

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
808 State
OrixeManchester, Inglaterra Inglaterra
Período1987 - presente
Xénero(s)electrónica, acid house, techno, Madchester
Selo(s) discográfico(s)ZTT, Tommy Boy, Warner Bros., Rephlex, Circus, Shadow
MembrosGraham Massey
Antigos membrosAndy Barker
Gerald Simpson
Martin Price
Darren Partington
Na rede
808state.com
IMDB: nm2925989 Facebook: 808StateOfficial Twitter: state808 Bandcamp: state808 Musicbrainz: 36f35db0-bc09-43e7-8650-a123224943c7 Songkick: 215134 Discogs: 318 Allmusic: mn0000921306 Deezer: 4960 Editar o valor en Wikidata

808 State é unha banda inglesa de música electrónica formada en 1987 en Manchester[1] por Graham Massey, Martin Price e Gerald Simpson. Tomando o seu nome da caixa de ritmos Roland TR-808 e do "estado de ánimo" (state of mind) que compartían os membros, lanzaron o seu álbum de estrea, Newbuild, en setembro de 1988[1] e conseguiron o éxito comercial en 1989, cando a súa canción "Pacific State" foi elixida polo DJ de BBC Radio 1 Gary Davies, e estivo nas listas durante 11 semanas no Reino Unido.[2]

Os primeiros traballos do grupo influíron na florecente escena acid house do Reino Unido.[3] AllMusic referíuse a eles como "un dos artistas de música dance máis importantes de todos os tempos" e sinalou a súa influencia nos posteriores artistas de techno, IDM e dance alternativo.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Newbuild 1988 Creed
Quadrastate 1989 Creed
90 1989 ZTT Records
ex:el 1991 ZTT Records
Gorgeous 1993 ZTT Records
Don Solaris 1996 ZTT Records
Outpost Transmission 2002 Circus Records
Transmission Suite 2019 autoeditado
  1. 1,0 1,1 Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 311-312. ISBN 1-84195-017-3
  2. "808 State Biography". web.archive.org. 2013-03-26. Consultado o 2024-12-17. 
  3. 3,0 3,1 "808 State". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]