A. R. Rahman
Allahrakka Rahman, nado como A. S. Dileep Kumar en Madrás, Tamil Nadu o 6 de xaneiro de 1967, é un compositor, cantautor e produtor musical indio máis coñecido profesionalmente como A. R. Rahman. A obra de A. R. Rahman caracterízase por mesturar música clásica india con música electrónica, world music e arranxos orquestrais tradicionais. Entre os seus premios están seis National Film Awards, dous Premios Oscar, dous Premios Grammy, un BAFTA, un Globo de Ouro, quince Premios Filmfare e dezasete Filmfare Awards South. No 2010 recibiu o Padma Bhushan, o terceiro recoñecemento civil máis importante do Goberno da India.[1] En 2009, Rahman foi incluído na lista Time das 100 persoas máis influentes do mundo.[2] A revista musical británica Songlines considerouno unha "Icona da música do mundo do mañá" en agosto de 2011.[3] Os seareiros do sur da India refírense a Rahman co alcume do "Mozart de Madrás" e "Isai Puyal" (inglés: a tormenta musical).[4]
No seu propio estudio de gravación (Panchathan Record Inn en Chennai), a carreira de composición de bandas sonoras de Rahman empezou a comezos da década de 1990 co filme támil Roja. Traballou para a industria do cinema indio, cinema internacional e teatro, e está considerado como un dos artistas con máis vendas,[5][6][7] cunha estimación de 200 millóns de copias vendidas.[8] Ó longo da súa carreira de máis de dúas décadas, foi aclamado por refedinir a música india contemporánea e por contribuír no éxito de numerosos filmes. Rahman tamén é filántropo e activista de causas humanitarias, doando e recadando fondos para numerosas causas. En 2017, Rahman fixo o seu debut como director e guionista de cinema co filme Le Musk.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daily News and Analysis (ed.). "AR Rahman Feels 'Happy and Honoured' with Padma Bhushan Win". Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ Time, ed. (30 de abril de 2009). "The 2009 TIME 100 – A.R. Rahman". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2011.
- ↑ ARC Music (ed.). "A. R. Rahman named in Songlines Tomorrow's World Music Icons'". Consultado o 24 de agosto de 2011.
- ↑ Corliss, Richard (25 de abril de 2004). Time, ed. "The Mozart of Madras". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 5 de abril de 2011.
- ↑ Hindustan Times, ed. (8 de decembro de 2009). "Hollywood calling Rahman". India. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ Deccan Herald, ed. (6 de decembro de 2009). "A. R. Rahman opens online store". India. Consultado o 3 de febreiro de 2011.
- ↑ Richard Corliss (3 de maio de 2004). Time, ed. "Culture: The Mozart of Madras". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
- ↑ Das Gupta, Surajeet; Sen, Soumik. Rediff, ed. "Composing a winning score". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2008.
- ↑ DUTTAGUPTA, ISHANI (14 de maio de 2017). "How virtual reality pushed AR Rahman towards 'multi-sensory' filmmaking". The Economic Times. Consultado o 13 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A. R. Rahman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- A. R. Rahman na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMusic (en inglés)