Saltar ao contido

A Braña, El Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Braña, El Franco

Localización
Mapa
 43°28′32″N 6°51′32″O / 43.475686, -6.858944
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloEl Franco Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación141 (2023) Editar o valor en Wikidata (8,98 hab./km²)
Xeografía
Superficie15,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude336 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33757 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33023020000 Editar o valor en Wikidata

A Braña[1] é unha parroquia do concello asturiano de El Franco. Nos seus 15,7 km²[2] habitaban en 2021 un total de 148 persoas[3] distribuídas entre os lugares de Bargaz, A Braña, El Caroceiro, El Chao das Trabas, Grandamarina, Mendois, Mercadeiros, Pena de Cabras, Romelle e Villarín. Entre as edificacións da parroquia salienta o Santuario da Braña, igrexa parroquial que data do século XVIII e que era unha capela que se ampliou, ao constituír A Braña freguesía en 1795, nunha primeira fase ata 1825 e nunha segunda fase ata 1837[4] pero que proseguiu logo e rematou coa construción da torre en 1896. Á esquerda da igrexa está a fonte santa da Nosa Señora da Braña onde os fieis católicos en peregrinación realizan ofrendas á Virxe durante a romaría da Virxe da Braña que se celebra o 15 de agosto e tamén é costume botar moedas nas súas augas para pedirlle favores á Virxe.

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 38. 
  2. Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000. 
  3. "INEbase. Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional". INE. 
  4. Fraga Suárez, María Jesús (2008). "A parroquia da Braña". Entrambasauguas (25): 74. 
Asturias | Parroquias de El Franco

Arancedo | A Braña | A Caridá | Llebredo | Miúdes | Prendonés| Valdepares | Villalmarzo