A Grela, San Cristovo das Viñas, A Coruña
A Grela | |
---|---|
Igrexario da Grela, convertido en Centro Municipal de Empresas. | |
Parroquia | San Cristovo das Viñas |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′56″N 8°25′14″O / 43.348783, -8.420461 |
Poboación | 2.180 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Grela é un lugar da parroquia de San Cristovo das Viñas, entre a cidade da Coruña e o concello de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 2.180 habitantes (1.033 homes e 1.147 mulleres), o que supón un aumento en 166 habitantes en relación ao ano anterior.
Historia
[editar | editar a fonte]A zona ata os anos 1960 eran leiras e campeiros. Coa construción da refinaría da Coruña en 1964 quedou como zona de seguridade. A lei esixía un mínimo de dous quilómetros ao redor sen construcións. Co tempo esta zona baleira foise enchendo de empresas e pasaría a ser o polígono da Grela.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo[2]. É habitual atopar que esa resegmentación foi debida ao contacto co castelán[3][4], se ben non hai probas lingüísticas de que así sexa, e a resegmentación é algo habitual en todo o territorio galego[5]. Malia que polo momento aínda non foi restituída a oficialidade da forma Agrela, nos últimos anos avanzouse cara a ese punto con accións coma a modificación do nome do polígono industrial, coa inclusión da forma Agrela no canto de A Grela[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estudos previos
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
- ↑ Universidade da Coruña. "Língua e cidade:I Xornadas sobre língua e usos" (PDF). pp. 202,203. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2008. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ La ciudad industrial que nació en el medio de la nada
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30/10/2013. Consultado o 26/10/2013.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Cristovo das Viñas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Cristovo das Viñas no concello da Coruña | |
---|---|
O Birloque | O Bosque | A Cabana | Cances | A Cova | Fontenova | A Grela | Laxes de Orro | Lonzas | O Martinete | A Moura | San Cristovo das Viñas | San Xosé | Someso | A Silva |
Parroquias da Coruña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |