A Ponte da Rocha, Conxo, Santiago de Compostela
A Ponte da Rocha | |
---|---|
Parroquia | Conxo |
Concello | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°51′39″N 8°33′57″O / 42.860880477971, -8.5657637737915 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Ponte da Rocha é un lugar da parroquia de Conxo, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.[1]
Clangor
[editar | editar a fonte]Neste lugar atopábase a discoteca Clangor, aberta na década de 1980. O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaron que a sala era un centro de narcotráfico.[2] No atentado morreron tres persoas: unha estudante, Mercedes Domínguez Rodríguez, que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas,[3] algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada,[4] mais a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.[5]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Conxo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |
Parroquias de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Conxo, Santiago de Compostela". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990
- ↑ "Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los 'narcos'", El País 12 de outubro de 1990
- ↑ "La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe Arquivado 09/10/2010, en Wayback Machine.", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000
- ↑ "El presunto «guerrilheiro» muerto vivía en Culleredo y tenía un hijo de meses" (PDF). La Voz de Galicia. 12 de outubro de 1990. Consultado o 6 de outubro de 2023.