A Quenlla (grupo musical)
A Quenlla | |
---|---|
Orixe | Galiza |
Período | Dende 1984 |
Xénero(s) | Folk |
Membros | Chusa, Tareixa, Mariña, Iria, Mijail, Irati, Saxa, Omeljan, Mini e Mero |
Na rede | |
www.aquenlla.com | |
A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.
As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.
Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis '88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).
En 2010 publicaron Os Irmandiños.[1]
O grupo tamén ten colaborado numerosas veces poñendo banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.
Discografía
[editar | editar a fonte]Traballos
[editar | editar a fonte]- Os tempos inda non, non son chegados (1986)
- Európolis '88 (1988)
- Máis alá da néboa (1990)
- Terra (1992)
- Nadal en galego: Galicia canta ó neno (1993)
- A casa que nunca tivemos (1996)
- Namórate da vida (1999)
- Silencios na memoria (2004)
- 17 canciones de troula (2007)
- Os Irmandiños (2011)
- 30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita (2014)
- Desorballando outonos (2014)
Colaboracións e discos colectivos
[editar | editar a fonte]- Xogando coa música 1 (1997)
- Xogando coa música 2 (1998)
- Chill Out Celta en Galicia (2004)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- As nosas cancións. Vol. 1 (1997)
- As nosas cancións. Vol. 2 (1998)
Bandas Sonoras
[editar | editar a fonte]- Galicia: 70 anos de nacionalismo (1988)
- Historia da Lingua Galega (1988)
- Longa noite de pedra (1989)
- Luís Pimentel: máis alá da néboa (1990)
- Patria poética (1991)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 22 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (desactualizada)
- Vídeo musical: Historia da lingua galega