A Quiet Place (filme)
A Quiet Place | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Quiet Place |
Director | John Krasinski |
Produtor | |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Charlotte Bruus Christensen |
Montaxe | Christopher Tellefsen |
Estudio | Platinum Dunes |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | SXSW: 9 de marzo de 2018 6 de abril de 2018 |
Duración | 90 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $17–21 000 000[2][3] |
Recadación | $332 600 000[4] |
Filme seguinte | A Quiet Place Part II |
Na rede | |
http://www.paramount.com/movies/quiet-place | |
|
A Quiet Place é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por John Krasinski, que tamén é o protagonista a carón da súa muller na vida real, Emily Blunt. O filme foi producido por Platinum Dunes. Scott Beck e Bryan Woods comezaron a traballar na historia en 2014, e Paramount Pictures mercou o seu guión en 2017. Krasinski uniuse ó proxecto como director e escribiu unha nova versión do guión. A fotografía principal tivo lugar ese ano no estado de Nova York. En A Quiet Place, unha familia debe vivir en silencio mentres se agocha de criaturas extraterrestres que os cazan polo son.
A Quiet Place estreouse en South by Southwest o 9 de marzo de 2018, e estreouse nos Estados Unidos o 6 de abril de 2018, por Paramount Pictures. Converteuse nun grande éxito comercial, recadando $332 millóns en todo o mundo, e recibiu a aclamación da crítica, que louvou a súa orixinalidade e atmosfera, así como as actuacións, dirección e deseño de son, chamándoo un "intelixente, malvadamente arrepiante bo tempo."[5] A secuela estreouse o 28 de maio de 2021.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Emily Blunt como Evelyn Abbott
- John Krasinski como Lee Abbott
- Millicent Simmonds como Regan Abbott
- Noah Jupe como Marcus Abbott
- Cade Woodward como Beau Abbott
- Ezekiel e Evangelina Cavoli como o bebé Abbott.
- Javier Botet como criatura extraterrestre (sen acreditar).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Quiet Place (15)". British Board of Film Classification. 26 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Littleton, Cynthia (11 de abril de 2018). "CBS Parent National Amusements Voices Support for Leslie Moonves Amid Rumors of Pending Shakeup". Variety (Penske Business Media). Consultado o 14 de abril de 2018.
- ↑ "Production of Paramount Pictures' A Quiet Place Contributed Over $21 Million to the New York Economy". Motion Picture Association of America. 3 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ "A Quiet Place (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ Giles, Jeff (5 de abril de 2018). "A Quiet Place and Blockers Are Certified Fresh". Rotten Tomatoes. Consultado o 5 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Quiet Place na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2018
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua de sinais americana
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por John Krasinski
- Filmes apocalípticos
- Filmes sobre xordos
- Filmes sobre familias
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes ambientados en 2020
- Filmes ambientados en 2021
- Filmes rodados no estado de Nova York
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Platinum Dunes
- Filmes postapocalípticos
- Filmes sobre o embarazo