A Shoreline Dream
A Shoreline Dream | |
---|---|
Orixe | Denver, Colorado, |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | indie rock, shoegazing, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Latenight Weeknight Records |
Membros | Ryan Policky Erik Jeffries |
Artistas relacionados | Pure Drama, Drop the Fear, Ulrich Schnauss |
Na rede | |
ashorelinedream.com | |
A Shoreline Dream é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Denver, Colorado. O seu son foi descrito como “unha mestura temperamental de rock psicodélico e post-rock",[1] soando "como unha banda fóra de tempo", e tendo unha calidade de son suficientemente única para que "sobrepase" a etiqueta shoegaze.[2] No presente a banda está formada polos dous membros orixinais, o vocalista, guitarrista e produtor Ryan Policky e o guitarrista Erik Jeffries, que gravan no seu propio estudio, Shoreline Studios.
Historia
[editar | editar a fonte]Policky formou A Shoreline Dream en 2005 co batería/DJ Gabriel Ratliff. A parella traballara anteriormente xunta nas bandas Pure Drama (que publicou dous álbums, On the Surface (2001) e Pure Drama (2003)) e Drop the Fear (que lanzou un único álbum epónimoen 2004).[3] Jeffries foi recrutado de Pure Drama, mentres que o baixista Enoc Torraca foi escollido dun grupo de coñecidos.[4] A banda usou unha hipoteca sobre a casa de Policky para montar o seu propio selo discográfico, Latenight Weeknight Records, e gravou, editou e promocionou a súa estrea, Avoiding the Consequences, en 2006.
En 2007 A Shoreline Dream publicou un segundo EP, Coastal, que chamou a atención do produtor alemán Ulrich Schnauss, do cal eran fans. Ratliff xa marchara nese punto da súa carreira, e Michael Scarano tocou a batería en dous dos temas. Schnauss colaborou posteriormente coa banda (co seu novo batería Sean Merrell) no EP NeverChanger, que foi masterizado polo produtor de Low/Galaxie 500 Kramer e lanzado en xullo de 2008, pouco despois de que a banda aparecese no "Next 100" de Urb Magazine.
Tras unha xira de verán en 2008 con Schnauss,[5] A Shoreline Dream gravou o seu segundo álbum, Recollections of Memory, que foi publicado en febreiro de 2009 a través de Latenight Weeknight. O disco foi masterizado novamente por Kramer, e incluíu tres colaboracións máis con Schnauss.
En setembro do ano 2009 Torraca deixou a banda para perseguir metas persoais e foi substituído por Adam Edwards, anteriormente en Flyaway Minion.[6]
A banda actuou no festival anual de Austin South by Southwest en marzo de 2010.[7] No mes de xullo dese ano o grupo gravou unha colaboración con Schnauss, "London", no estudio deste último en Leytonstone, Inglaterra.[8] O tema foi publicado o 24 de xaneiro de 2011 no recompilatorio do selo Rocket Girl 3... 2... 1... A Rocket Girl Compilation.[9]
A principios de 2011 publicaron un sinxelo dixital, unha versión do tema de Fleetwood Mac "The Chain",[10] seguido por un terceiro álbum, Losing Them All to This Time. Ese mes de xullo, British GQ usou a canción de A Shoreline Dream "NeverChanger" nun video para a súa primeira app para iPad. Neste video aparece a modelo e actriz Rosie Huntington-Whiteley e tamén está dispoñible en YouTube.[11]
En 2012 a banda lanzou tres EPs, un por mes durante tres meses, titulados Three, 3 e III. No mes de setembro os EPs publicáronse xuntos nunha edición limitada de tres discos titulada 333.[12]
A Shoreline Dream rematou 2012 cun sinxelo lanzado o día de Nadal titulado "The Land of Those Who Wander".[13] Para os concertos que seguiron a este lanzamento regresou o batería orixinal Gabriel Ratliff.[14]
A Shoreline Dream editou o seu cuarto álbum, The Silent Sunrise, o 9 de setembro de 2014. Nunha recensión positiva, PopMatters describiu o disco como "o que obterías se My Bloody Valentine entrase nun set dos anos 80 dunha película de John Hughes".[15] Para a gravación uníronse a Policky e Jeffries o baixista Adam Edwards e os baterías Michael Scarano e Erin Tidwell.
Tras cinco meses de composición, o seu derradeiro álbum ata a data, Melting, foi publicado o 21 de agosto de 2020.[16]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Avoiding the Consequences | 2006 | Latenight Weeknight Records |
Recollections of Memory | 2009 | Latenight Weeknight Records |
Losing Them All to This Time | 2011 | Latenight Weeknight Records |
The Silent Sunrise | 2014 | Latenight Weeknight Records |
Melting | 2020 | Latenight Weeknight Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, Kyle (2009-02-19). "Rather than depending on a label, A Shoreline Dream took a DIY path to reality". Westword. Consultado o 2020-04-17.
- ↑ Thill, Scott (2009-02-13). "A Shoreline Dream's Sonics Outrun Terminology, Shoegaze". Wired. ISSN 1059-1028. Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Latenight Weeknight Records". Latenight Weeknight Records. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "A Shoreline Dream Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-07-29.
- ↑ Rosen, Craig. "A Shoreline Dream Recollects Memories Of Shoegazing's Past". Yahoo! Music, 20 de febreiro de 2009.
- ↑ Neises, Kris. "Flyaway Minion in studio" "Dayton Daily News", 14 de setembro de 2006.
- ↑ "SXSW 2013". web.archive.org. 2013-07-03. Archived from the original on 03 de xullo de 2013. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "ulrich schnauss & a shoreline dream - "london" bts". Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "3... 2... 1... A Rocket Girl Compilation (rgirl74)". Rocket Girl. 2015-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "FILTER Magazine - Media - A Shoreline Dream, The Chain (Fleetwood Mac Cover)". filtermagazine.com.
- ↑ "Rosie Huntington-Whiteley Photoshoot - British GQ". YouTube. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ Herrera, Dave. "A Shoreline Dream". Westword (en inglés). Consultado o 2022-07-30.
- ↑ "The Land of Those Who Wander, by A Shoreline Dream". A Shoreline Dream (en inglés). Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "A Shoreline Dream - Dreaming Diary". ashorelinedream.blogspot.com. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "184042-a-shoreline-dream-the-silent-sunrise, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2021-01-26. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "Melting, by A Shoreline Dream". A Shoreline Dream (en inglés). Consultado o 2022-07-31.