A Static Lullaby
A Static Lullaby | |
---|---|
Orixe | Chino Hills, California, Estados Unidos |
Período | 2001 - 2012 2015 |
Xénero(s) | post-hardcore, emo, screamo, metalcore |
Selo(s) discográfico(s) | A Lullaby Factory, Ferret Music, Columbia Records, Fearless Records |
Membros | Joe Brown Dan Arnold Dane Poppin Tyler Mahurin |
Artistas relacionados | Casket Salesmen, Elevate: I Am, Misused, Of Mice & Men, Lorene Drive, New Years Day, Hollywood Undead |
Na rede | |
MySpace | |
A Static Lullaby foi unha banda de música rock estadounidense formada en Chino Hills (California) no 2001. O grupo separouse no ano 2012 e reuniuse brevemente en 2015.
Biografía
[editar | editar a fonte]A Static Lullaby xurdiu de xeito casual despois dunha jam session nun instituto onde os membros de distintas bandas xuntáronse nun único grupo. Formada en 2001, a banda comezou a súa traxectoria co vocalista Joe Brown, o baixista Phil Pirrone, o batería Brett Dinovo e os guitarristas Dan Arnold e Nathan Lindeman. O seu primeiro concerto foi dúas semanas despois da súa formación e aos poucos foise facendo un oco no circuíto local.
En setembro de 2001 a banda gravou a súa primeira canción en casa, titulada "Withered". Eles gravárona en CDs e editárona como unha demo. Venderon esta demo durante os anos 2001 e 2002 e fixeron unha xira pola costa oeste dos Estados Unidos ata que decidiron editar 3 temas desa primeira sesión de gravación xunto cun cuarto doutra. A banda conseguiu vender 6 000 copias.
En 2002 fixeron unha xira e chamaron a atención de moitos selos. Finalmente A Static Lullaby decidiu asinar un contrato coa Ferret Records, e despois diso comezou a traballar no seu primeiro disco ...And Don't Forget To Breathe. A banda pasou 18 meses na estrada para presentar o seu traballo, durante os cales tocou ao lado de grupos como AFI, My Chemical Romance e Brand New. Despois da extensa xira asinaron con Columbia Records e gravaron o seu segundo traballo, Faso Latido. Entre a crítica houbo opinións divididas e foron despedidos de Columbia. Nesa época, o baixista e vocalista Phil Pirrone sufriu un serio accidente de tráfico, polo que tivo que deixar a banda. Pirrone creou o seu propio selo discográfico, Longhair Illuminati, e formou a banda Casket Salesmen co guitarrista Nathan Lindeman.
Membros
[editar | editar a fonte]Membros actuais
[editar | editar a fonte]- Joe Brown: voz
- Dan Arnold: guitarra e voz
- John Death: guitarra e voz
- Dane Poppin: baixo e voz
- Jarrod Alexander: batería
Antigos membros
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]EPs
[editar | editar a fonte]- Withered - 2002