A Torre, A Enfesta, Santiago de Compostela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A Torre | |
---|---|
Parroquia | A Enfesta |
Concello | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°55′42″N 8°27′51″O / 42.928247945595, -8.4641535624675 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre é un lugar da parroquia da Enfesta no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Esta preto da igrexa e ao lado da Aldea de Abaixo. Atópase a 320 m de altitude con respecto ao nivel do mar. Foi fundado en 1836.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Clima
[editar | editar a fonte]A Torre ten un clima oceánico con temperaturas suaves no inverno e son cálidas no verán (con máximas en agosto). Ten unha temperatura media anual de 13,3 °C. As maiores temperaturas alcanzadas foron de 23 °C e as menores de 5 °C. En canto as precipitacións, estas son abundantes no inverno (con máximas en decembro) e moderadas no verán (con mínimos en xullo).
Biodiversidade
[editar | editar a fonte]A paisaxe característica deste lugar ten plantas autóctonas: toxos, silvas, ortigas... Entre as árbores destacan os castiñeiros, os piñeiros, os carballos e os eucaliptos (de recente cultivo debido a que se sacan beneficios a partir da súa madeira). Entre os cultivos máis estendidos entre a poboación da Torre están: a pataca, o grelo, a naviza e o millo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa que foi restaurada a partir dunha antiga.
-
Climatoloxía da Sionlla.
-
Igrexa da Sionlla construída en 1923.
-
Foto do cruceiro da igrexa da Sionlla con flores.
-
Paisaxe típica da Sionlla con plantas autóctonas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Enfesta
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de A Enfesta no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
A Aldea de Abaixo | Formarís | Frades | Gunín | A Igrexa | Piñeiro | Reboredo | A Sionlla de Abaixo | A Sionlla de Arriba | A Torre | Vilasuso |