A crueldade de abril
A crueldade de abril | |
---|---|
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Cuberta | Paula Gómez del Valle |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa, nº 424 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | Abril de 2018 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 132 |
ISBN | ISBN 9788491213383 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A crueldade de abril é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2018 por Edicións Xerais de Galicia. O título do libro deriva duns versos da obra A terra baldía de T. S. Eliot.
Trama
[editar | editar a fonte]Elvira é unha muller de vinte anos que escribe poesía. Ten tendencias depresivas, e di que desexa morrer. Gústalle a Fara, un home alcohólico que pide esmola á porta dun supermercado, e este dálle a Elvira refuxio nunha vivenda abandonada. Esa noite, Elvira e outro home morren nesa vivenda por mor dun incendio. Fara consegue sobrevivir, e marcha da cidade. Cinco anos despois, antes de morrer, cóntalle a Gonzalo -o irmán de Elvira- o que pasou aquela noite. Dúas persoas entraran na vivenda abandonada e déranlle unha malleira a el, á súa irmá e ao outro home. Gonzalo decide vingar a morte da súa irmá e vai á procura das persoas que entraron á vivenda e dun terceiro que agardaba no coche.
Narración
[editar | editar a fonte]A novela, de 45 capítulos, está estruturada en tres partes: «O amor», «A vinganza» e «O odio». O autor emprega un narrador omnisciente en terceira persoa.
A diferenza doutras obras do autor, non se dan indicacións sobre a vila ou cidade na que están ambientados os feitos.
Crítica
[editar | editar a fonte]Descoñezo a sorte que correrá «A crueldade de abril» e se se converterá, ou non, nun libro importante mais atesoura méritos que, ao meu ver, o sitúan entre o mellor do autor ata o de agora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ramón Nicolás (2 de maio de 2018). "A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras". O caderno da crítica.