Saltar ao contido

Ramón Nicolás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Nicolás

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, tradutor, escritor, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e tradución
Premios

Sitio webcadernodacritica.wordpress.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: ramonnicolasr BNE: XX1029576 AELG: 51 BUSC: nicolas-rodriguez-ramon-1966 Dialnet: 13993 Editar o valor en Wikidata

Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966,[1] é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).

Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia.[3] Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores. Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).

Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro.[3] En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega[4].

Presentación de Lapis na noite na Casa das Campás en 2018. Con Xaime Toxo, Montse Fajardo e Fran Alonso

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916). Síntese teórica, escolma e suxestións de lectura (2024). Vigo: Xerais.[10] 144 páxs. ISBN 978-84-1110-531-6.
Detalle da portada de O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey, edición de Ramón Nicolás.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Unha odisea nórdica, de Jack London (1995). Sotelo Blanco.
  • Cairo branco, de Jack London (1997). Xerais.
  • O fillo do acordeonista, de Bernardo Atxaga (2004). Xerais.
  • A fin da terra, de María Rosa Lojo, (2006). Galaxia.
  • Se eu fose moi delgado, de António Mota (2006). Kalandraka.
  • Antología de poesía gallega 1, 2 = Antoloxía de poesía galega 1, 2, (2007). Xunta de Galicia. Edicións bilingües galego-castelán.
  • Comandante Hussi, de Jorge Araújo >(2007). Kalandraka.
  • Budapest, de Chico Buarque (2008). Faktoría K.
  • Obabakoak, de Bernardo Atxaga, 2008, Faktoría K.
  • Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga (2009). Faktoría K.
  • 30 gramos, de Leonel Moura (2010). Lugo: Alvarellos.
  • Catálogo de obxectos rebuldeiros, de Pablo Prestifilippo (2011). Faktoría K.
  • Mefi, Sata e Demi, de Mercedes Neuschäfer-Carlón (2011). Kalandraka.
  • A modelo descalza, de Jordi Sierra i Fabra (2011). Galaxia.
  • A revolta dos indignados, de varios autores (2011). Faktoría K.
  • Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán (2011). Faktoría K. Con Jarna Piippo.
  • Contos como pulgas, de Beatriz Osés (2012). Kalandraka.
  • A guia necsia: de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas, de David Wapner (2013). Faktoría K de Libros.
  • Legado nos ósos, de Dolores Redondo (2013). Xerais.
  • Debuxos no muro, de Aurora Ruá (2014). Galaxia.
  • Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo (2014). Xerais.
  • Os fíos invisibles", de Montse Torrents (2015). Tramuntana.
  • O neno bisesto", de José Luís Alonso de Santos, 2015, Kalandraka.
  • A miña grande árbore", de Jacques Goldstyn (2016). Tramuntana.
  • A árbore dos soños, de Fernando Alonso (2018). Kalandraka.
  • Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade, de Antonio Lozano (2018). Kalandraka.
  • Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire (2018). Kalandraka.
  • Obabakoak de Bernardo Atxaga (2021). Faktoría K. 416 páxs. ISBN 978-84-16721-95-5.

Traducións ao castelán

[editar | editar a fonte]
Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023.
  • Comandante Hussi, de Jorge Araújo (2007). Kalandraka.
  • 30 gramos, de Leonel Moura (2011). Alvarellos Editora.
  • La taberna del Galo, de Celso Emilio Ferreiro (2011). Pez de Plata
  • Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán (2011). Con Jarna Piippo. Faktoría K.
  • Longa noite de pedra/Larga noche de piedra, de Celso Emilio Ferreiro (2011). Auga Editora.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Fírgoas, de Manuel Luís Acuña (1992) Xerais. Coeditor con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Diccionario da literatura galega. I Autores (1995). Galaxia.
  • Johan de Cangas, Martín Codax. Meendinho. Unha fotobiografía (1998). Xerais.
  • As aventuras da mazá vermella, de Jan Lööf (2008). Kalandraka. Tradución con Jarna Piippo.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009,). Difusora.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010) Editorial Toxosoutos.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012) Librería Conde, Celanova.
  • Manuel Lueiro Rey (1916]-1990) (2013). Xerais.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[17]
  • Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[18][19][20]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
  • Premio á cooperación editorial de Xerais no 2004.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Crítico/a literario no 2008, 2009, 2010 e 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución no 2009, por Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga.
  • Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores no 2011, por 30 gramos, de Leonel Moura.[21]
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural no 2011.
  • Premio á mellor obra non literaria en galego do 2012 en Redelibros, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2012, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor ensaio do 2012, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2013.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2013, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2013, por Caderno da crítica.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2014, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2014, por Caderno da crítica.
  • Entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 da tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana Maria Machado.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog/web literaria de 2017, por Caderno da crítica.
  • Premio "Proxecto literario da rede 2017" ao blog Caderno da crítica, na III Gala do Libro Galego.
  1. "Ramón Nicolás Galego". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-07-07. 
  2. "Ramón Nicolás". www.aelg.gal. Consultado o 2021-07-07. 
  3. 3,0 3,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-07-07. 
  4. "O pleno da Real Academia Galega elixe a Gonzalo Navaza académico de número". Real Academia Galega. 23 de outubro de 2021. 
  5. "Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-07. 
  6. "Manuel Lugrís Freire : vida e obra Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-07. 
  7. Domínguez Alberte, Xoán Carlos. "O espello do mundo". Nós Diario. Consultado o 2021-07-07. 
  8. "Conversa con Ramón Nicolás: "na novela sinalo que ese personaxe sufriu unha dobre maldición histórica, a vivencia de dúas ditaduras"". Nueva Revolución (en castelán). 2021-07-03. Consultado o 2021-07-06. 
  9. Xmeyre, ~ (2018-06-27). "crítica de LAPIS NA NOITE (Ramón Nicolás, Xerais)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-07. 
  10. "Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916) - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-05-10. 
  11. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-07-07. 
  12. "Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética Faktoría K de libros LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-07. 
  13. "En torno a «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-07. 
  14. Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía en PDF.
  15. "Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-07-07. 
  16. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-11. 
  17. Libro electrónico
  18. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  19. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  20. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  21. Nicolás, Ramón (2011-03-13). "30 gramos, de Leonel Moura, premio Lois Tobío da AGE á mellor tradución 2010". Caderno da crítica. Consultado o 2021-07-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]