Aadu Hint
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1910 ![]() Muhu, Estonia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de outubro de 1989 ![]() Talín, Estonia ![]() |
Lugar de sepultura | Estonia ![]() |
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Kuressaare Hariduse School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, mestre, xornalista ![]() |
Familia | |
Fillos | Miina Hint, Eeva Park, Mare Zaneva ![]() |
Irmáns | Johannes Hint ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хинт Ааду) ![]() |
![]() |
Aadu Hint ( Adolf Edmund Hint) nado o 10 de xaneiro de 1910 en Külasema e finado o 26 de outubro de 1989 en Tallin, foi un escritor estoniano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aadu Hint naceu na illa de Muhu mais pasou gran parte da súa infancia na aldea de Kuusnõmmes, na illa de Saaremaa. Entre 1923 e 1929 estudou no instituto en Kuressaare e tras graduarse traballou como profesor de primaria na escola da aldea de Rootsiküla e de 1936 a 1940 foi profesor en Tartu. En 1940 ingresou no Partido Comunista de Estonia e foi editor da revista cultural Viisnurk. Durante a segunda guerra mundial e a ocupación alemá de Estonia (1941-1944) loitou no Exército Vermello e foi membro do Consello Supremo de Estonia e do Soviet Supremo da URSS e entre 1945 e 1946 foi presidente da Asociación de Pescadores de Estonia.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Desde 1946 ata a súa morte Hint dedicouse case exclusivamente á creación literaria pero xa empezara a escribir antes, na década de 1930. En 1934 publicou a novela Pidalitõbi e en 1936 apareceu Vatku tõbilas, ambas as dúas tratan o tema da lepra na illa de Saaremaa. En 1937 deu ao prelo unha novela psicolóxica Kuldne värav, á que lle seguiu en 1939 Tulemees, onde trata dun tema que será recurente no resto das súas obras, a vida dos pescadores de Saaremaa e a súa relación co mar. Despois da guerra escribiu Vesse poeg (1948) e Angerja teekond (1950) dirixidas aos lectores xuvenís e os dramas Tagaranna meeste kalakuunar (1947) e Kuhu lähed, seltsimees direktor (1949) . Entre 1951 e 1966 apareceron os catro volumes da que se considera a súa obra mestra Tuuline rand no que describe a vida de varias xeracións de humildes familias das illas estonianas ao longo do século XIX e principios do XX, que recibiu críticas das autoridades soviéticas por non facer fincapé na amizade soviético-estonianas e na revolución proletaria, o que provocou que en edicións posteriores do primeiro volume Hint engadiu pormenores da revolución en Tallin[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ HASSELBLATT, Cornelius, Geschichte der estnischen Literatur (2006). Berlin, New York, pp. 554-556 e 599-602