Aappilattoq, Avannaata
Aappilattoq (kl) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Avannaata ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 149 (2020) ![]() | |||
Lingua oficial | Lingua groenlandesa ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 0,173 km² ![]() | |||
Creación | 1805 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3962 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Aappilattoq é unha poboación que se atopa preto de Upernavik, na municipalidade de Avannaata, na costa noroeste de Groenlandia. Fundada en 1805,[1] tiña unha poboación de 180 habitantes no 2010.
Air Greenland cobre o transporte da vila como parte dun contrato gobernamental, na súa maioría voos en helicóptero entre o heliporto de Aappilattoq e o aeroporto de Upernavik.
Xeografía[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Upernavik-archipelago-baffin-bay.svg/550px-Upernavik-archipelago-baffin-bay.svg.png)
Atópase dentro do arquipélago de Upernavik, un amplo arquipélago formado por pequenas illas ao nordeste da Baía de Baffin. O arquipélago esténdese dende a costa noroeste da península de Sigguup Nunaa polo sur, aproximadamente a 71°50′N 56°00′O / 71.833, -56.000,[2] até a parte sur da Baía de Melville (en kalaallisut Qimusseriarsuaq) polo norte, aproximadamente a 74°50′N 57°30′O / 74.833, -57.500.[3]
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación de Aappilattoq incrementouse nos anos 1990, decrecendo máis ou menos logo desde aquelas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Qaasuitsup Municipality Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en dinamarqués)
- ↑ Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aappilattoq, Avannaata |