Arquipélago de Upernavik
O arquipélago de Upernavik é un vasto arquipélago de pequenas illas no municipio de Avannaata, ao norte da península Nunavik, no noroeste de Groenlandia. O arquipélago esténdese desde a costa norte/nordeste da Península Nunavik (aproximadamente a 71°50′N 55°28′O / 71.833, -55.467[1]) até o extremo sur da baía de Melville (a aproximadamente 75°00′N 57°35′O / 75.000, -57.583[2]). Existen 10 localidades no arquipélago (sen contar as abandonadas): Upernavik Kujalleq, Kangersuatsiaq, Upernavik, Aappilattoq, Tasiusaq, Innaarsuit, Naajaat, Nutaarmiut, Nuussuaq e Kullorsuaq. A localidade máis setentrional é Kullorsuaq, sendo a máis austral Upernavik Kujalleq. A menos poboada é Nutaarmiut, e a que máis habitantes ten é Upernavik.
Mapa
[editar | editar a fonte]
Economía
[editar | editar a fonte]A principal actividade económica do arquipélago é a pesca[3], aínda que as localidades máis ao norte dependen moito da caza de focas, morsas e baleas para complementar a economía familiar.
Fóra de Upernavik, a economía de renda está entre unha das máis baixas de toda Groenlandia. Catro das localidades do arquipélago (Naajaat, Nuussuaq, Kullorsuaq e Upernavik Kujalleq) están na lista das 10 localidades máis pobres de Groenlandia.[4]
Transporte
[editar | editar a fonte]Aéreo
[editar | editar a fonte]A Air Greenland opera voos como contrato do goberno para case todas as localidades do arquipélago (só non opera para Nutaarmiut e Naajaat). O único aeroporto do arquipélago é o Aeroporto de Upernavik, localizado en Upernavik, no entanto, existe varios heliportos.
Marítimo
[editar | editar a fonte]Até 2006, a Artic Umiaq Line tiña fornecido servizos de transbordador para Nuuk e para Uummannaq, Ilulissat e Aasiaat (no municipio de Qaasuitsup).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ "greenland-guide.gl". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- ↑ "Sermitsiaq, 2009/04/17". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- ↑ O'Carroll, Etain (2005). Lonely Planet, ed. Greenland and the Arctic. pp. 196–199. ISBN 1-74059-095-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquipélago de Upernavik |