Abies
Abetos (xénero Abies) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Abeto coreano Abies koreana | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase texto |
Abies é o xénero que acolle as diferentes especies de coníferas chamadas comunmente abetos. Son árbores da familia Pinaceae, nativas de bosques temperados de Europa, Asia e América do Norte. Medran principalmente en bosques de coníferas.
A especie máis común en Europa é a pinabeta (Abies alba). En Galicia non existen especies naturais, atopándose soamente en xardíns e arboredos coma ornamentais.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son árbores altas que van dos 10 até os 80 m de altura. Distínguense doutros membros da familia dos piñeiros polas súas follas a xeito de agulla que fican unidas á póla por un pé que lembra a unha ventosa miúda e polos seus froitos: conos cilíndricos de entre 5 e 25 cm de longo, compactos, con escamas ou brácteas, que se erguen erectos sobre as pólas, agrupados preto da parte superior. Ao madurar, estes conos, a diferenza dos piñeiros, fican na árbore, ceibando os piñóns.
A identificación das especies baséase no tamaño e disposición das follas, o tamaño e forma dos conos e en se as brácteas dos mesmos son longas e estendidas ou curtas e agochadas dentro do cono.
Están estreitamente emparentados cos cedros.
Os abetos, de maneira xeral, posúen follas pequenas e aromáticas, e producen pole abundante durante o período de reprodución, o que pode causar alerxia respiratoria en individuos mais sensíbeis.
Usos
[editar | editar a fonte]Plántanse coma fonte de madeira, e das súas follas extráense aceites esenciais para aromaterapia e farmacoloxía. Son igualmente bastante apreciados polo seu efecto decorativo e usados como protección contra o vento. Todos os anos, millóns de abetos son vendidos como árbores de Nadal. Polo xeral en Galicia adóitase usar máis o falso abeto (Picea abies).
Gran parte dos instrumentos de corda (violín, violoncelo e contrabaixo, por exemplo) utilizan tradicionalmente pau de abeto na súa parte superior (tampa harmónica) e nalgunhas partes localizadas no interior do instrumento, pois esta madeira confire unha característica peculiar de resonancia moi apreciada polos grandes mestres (luthiers), como Antonio Stradivari, Nicola Amati e moitos outros.
Especies por sección
[editar | editar a fonte]O xénero comprende 55 especies, 33 das cales poden considerarse como primarias e as 22 restantes como secundarias ou talvez subespecies das anteriores.
O xénero Abies divídese nas seguintes 10 seccións:
Abies
[editar | editar a fonte]Europa oriental, central e meridional, Asia Menor.
- Abies alba - pinabeta, abeto branco, abeto prateado.
- Abies borisiiregis
- Abies cephalonica
- Abies cilicica
- Abies nebrodensis
- Abies nordmanniana - abeto do Cáucaso
- Abies nordmanniana subsp. equitrojani
Amabilis
[editar | editar a fonte]Rexións costeiras montañosas do Pacífico, América do Norte e o Xapón, en zonas montañosas altas e con precipitación elevada.
Balsamea
[editar | editar a fonte]En rexións boreais, Asia e América do Norte, e zonas de alta montaña meridionais:
- Abies balsamea
- Abies balsamea var. phanerolepis
- Abies bifolia
- Abies fraseri
- Abies kawakamii
- Abies koreana
- Abies lasiocarpa
- Abies nephrolepis
- Abies sachalinensis
- Abies sibirica
- Abies veitchii
- Abies veitchii var. sikokiana
Bracteata
[editar | editar a fonte]Costa da California.
Grandis
[editar | editar a fonte]Desde o oeste de América do Norte a México e Guatemala, en terras baixas no norte, e en altitudes medias no sur.
- Abies concolor
- Abies durangensis
- Abies durangensis var. coahuilensis
- Abies flinckii
- Abies grandis
- Abies guatemalensis
- Abies lowiana
- Abies mexicana
Momi
[editar | editar a fonte]Asia oriental e central, Himalaia, xeralmente entre baixas e medias altitudes.
- Abies beshanzuensis
- Abies chensiensis
- Abies chensiensis subsp. salouenensis
- Abies firma
- Abies holophylla
- Abies homolepis
- Abies pindrow
- Abies recurvata
- Abies recurvata var. ernestii
- Abies ziyuanensis
Nobilis
[editar | editar a fonte]Oeste dos Estados Unidos, a grandes altitudes.
- Abies magnifica
- Abies magnifica var. shastensis
- Abies procera
Oiamel
[editar | editar a fonte]México, a grandes altitudes, nas montañas.
- Abies hickelii - Oiamel de Hickel
- Abies hickelii var. oaxacana
- Abies religiosa - Oiamel
- Abies vejarii - Oiamel cenizo
Piceaster
[editar | editar a fonte]España meridional, noroeste de África.
- Abies numidica
- Abies pinsapo – abeto español, pinsapo
- Abies pinsapo var. marocana
Pseudopicea
[editar | editar a fonte]Montañas do Himalaia, a grandes altitudes.