Abeto do Cáucaso
Abeto do Cáucaso | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Abies nordmanniana | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Abies nordmanniana (Steven) Spach |
O abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) é unha especie arbórea do xénero Abies, orixinaria do Cáucaso e de Asia Menor. Emprégase coma árbore de Nadal.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]- Altura: Pode acadar os 60 metros.
- Follas: Flexíbeis, de 2 a 3 cm de longo por uns 2 mm de largo e 0,5 mm de espesor; verdes e lustrosas pola face con dúas liñas claras polo envés; coas puntas dirixidas cara a parte superior da poliña que as contén e á que oculta; lixeiramente escotadas ou truncadas no ápice.
- Inflorescencias: as masculinas de cor verde amarelenta e as femininas averdadas durante a floración.
- conos: cilíndricos, de 10 a 20 cm de lonxitude e de 4 a 5 cm de largo, con exsudacións de resina.
- Tronco: casca agrisada, lisa nos espécimes novos e gretadas de forma lonxitudinal nos adultos.
- Madeira: suave e branca, utilizada fundamentalmente na construción e para elaborar papel.
Hábitat e cultivo
[editar | editar a fonte]Medra en climas frescos e con boa humidade ambiental. Os terreos non deben ser calcarios e estar ben drenados. Atura relativamente ben a polución.
Reprodúcese por sementes e por esgallos. Hibrídase con facilidade co abeto pinsapo (Abies pinsapo) e outras especies cultivadas en viveiros, polo que ás veces resulta difícil distinguir algúns exemplares.
Usos
[editar | editar a fonte]É o abeto clásico empregado coma árbore de Nadal en moitos fogares por mor a súa abondosa e atractiva follaxe; o arume ten os picos romos no canto de seren afiados, que non caen facilmente cando a árbore seca. Con esta fin cultívanse expresamente, xa que polo xeral está prohibida a súa talla ou extracción indiscriminada nos bosques.
De interese ornamental polo seu porte piramidal, é popular en parques e grandes xardíns. A súa madeira é branca e suave, úsase normalmente para a construción e fabricación de papel etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conifer Specialist Group (1998). "Abies nordmanniana". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abeto do Cáucaso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abeto do Cáucaso |