Abraham Senior
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (he) אברהם סניור 1412 (Gregoriano) Segovia, España |
Morte | 1496 (>1496) (83/84 anos) España |
Relixión | Xudaísmo, cristianismo e catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | rabino, conselleiro, banqueiro |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Abraham Senior, Abraham Senneor ou Abraham Seneor, nado en Segovia, c. 1412 e finado c. 1493, foi un rabino, banqueiro e político xudeu-español, alto cargo da facenda castelá, que en 1492 converteuse ao cristianismo, co nome de Ferrán, Fernán ou Fernando Pérez Coronel ou Fernando Núñez Coronel[1] e fundando unha liñaxe nobre, a dos Coronel.[2][3][4]
Os Senior
[editar | editar a fonte]A familia Senior, Senneor ou Seneor e os seus achegados conformaron un importante grupo financeiro que desde os anos 1460 conseguiu arrendar as principais rendas fiscais da Coroa de Castela, negocio no que permaneceron durante o resto do século.[5] Tamén interviñeron en política, apoiando ao que algunhas fontes denominan un partido burgués, defensor dos intereses das cidades artesás do centro de Castela, gobernadas por un patriciado urbano proveniente da baixa nobreza e da burguesía (como a propia Segovia). Nese grupo destacaba a presenza dun bo número de relacións persoais de Abraham Senior: o seu parente Andrés Cabrera (mordomo do rei Henrique IV de Castela), a esposa de Andrés, Beatriz de Bobadilla (dama da entón princesa Isabel), e Alonso de Quintanilla, Contador Maior de Contas, ao que o infante Afonso confiara a fundación dunha fábrica de moeda en Medina del Campo (cidade enriquecida grazas ás feiras). Unha das consecuencias da actividade deste partido foi a creación da Santa Irmandade (1476), promovida por Quintanilla, da que Abraham Senior chegou a ser tesoureiro en 1488.[6]
Cortesano de Isabel a Católica
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Isabel a Católica.
A súa posición na corte era tan importante, que non se limitaba ás súas funcións de recadador maior do reino: en 1469 interveu de xeito decisivo nas negociacións para o matrimonio dos Reis Católicos, en 1473 na reconciliación entre Isabel e o seu medio-irmán Henrique IV, e en 1474 na entrega do Alcázar de Segovia (cuxo alcaide era Andrés Cabrera).[7] Alcanzou un alto nivel de confianza de Isabel,[8] quen, xa raíña, en gratitude polos seus importantes servizos, dotoulle cunha pensión vitalicia de 100 000 marabedís, confirmada en 1480 a instancias do confesor real Hernando de Talavera. Foi nomeado xuíz supremo da alxama (comunidade xudía) de Segovia (onde tivo enfrontamentos con conversos e os seus familiares xudeus)[9] e "rab de la corte" ("rabí" ou "rabino maior de Castela"); cargo para o que, como moitos dos seus predecesores, carecía de cualificacións apropiadas desde o punto de vista da ortodoxia relixiosa do xudaísmo.[10] Era tan respectado polas altas instancias, que as Cortes de Toledo de 1480 obsequiárono con 50 000 marabedís procedentes das rendas recadadas por el mesmo. Na recadación de impostos estaba asociado con Isaac Abravanel, do que se fixo íntimo amigo tras tomalo baixo a súa protección tras abandonar Portugal en 1483. Na Guerra de Granada ambos desempeñaron un valioso papel financeiro, e Abraham ocupou o cargo de factor-xeneral.[11] Ambos tamén realizaron xestións, inicialmente infrutuosas, a favor do proxecto de expedición transatlántica de Cristovo Colón.[12]
Participou activamente en apoio da causa da comunidade xudía, sometida a unha presión cada vez maior. Grazas aos seus esforzos, logrouse recadar entre as alxamas castelás unha gran suma para permitir aos xudeus capturados na toma de Málaga a continuidade no exercicio da súa relixión. Nesa ocasión foi acusado de vender as xoias das mulleres detidas para engadir esa suma ao rescate. Tras conseguir demorar a decisión, longamente considerada polos reis, de expulsar aos xudeus de España e á vista da definitiva publicación do Edicto de Granada (31 de marzo de 1492), Abraham Senior e Isaac Abravanel solicitaron a derogación do edicto a cambio de grandes sumas de cartos,[13] ou algunha causa para ser excluídos. Ante a negativa da raíña, Senior, xa con 80 anos, optou pola conversión, mentres que o seu amigo Abravanel, de 65, elixiu conservar a súa relixión e partiu cara Nápoles.
Conversión ao catolicismo
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Edicto de Granada.
Da conversión de Abraham Senior se esperaba gran repercusión e respondía á estratexia política dos Reies Católicos,[14] polo que foi coidadosamente escenificada, publicitada e rodeada de toda clase de solemnidades, nunha cerimonia que tivo lugar o 15 de xuño de 1492 no mosteiro de Guadalupe,[15] sendo os padriños do bautizo ambos reis, e o oficiante o primado de España. A partir de entón levou o nome cristián do seu padriño, Fernando (Ferrán ou Ferrad), e os apelidos Pérez Coronel ou Núñez Coronel (escollido por estar extinto un liñaxe nobre co apelido de Coronel, aínda que hai quen o interpreta como unha mensaxe criptoxudía), xunto co recoñecemento rexio de Fidalguía de soar coñecido, un feito excepcional.[16] Con Senior foi bautizada toda a súa familia, entre os que se encontraba o seu xenro (ou segundo outras fontes o seu cuñado ou o seu sogro) o rabino e recadador de impostos Meir, Meír ou Mayr Malamed.[17]
Tras a conversión, cuxa sinceridade foi obxecto de debate,[18] ocupou aos poucos días[19] os cargos de rexedor de Segovia, membro do Consello Real e contador maior do príncipe don Xoán.[20] Durante a expulsión seguiu mantendo un papel financeiro clave nas relacións coa comunidade xudía que debía abandonar España cumprindo unha lexislación económica moi restritiva; de xeito que nos seguintes anos a familia Coronel reclamou e obtivo dos reis o cobro de substanciais cantidades que terían a súa orixe nestas operación.[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez en Jewish Encyclopedia, Núñez en Documentos sobre la expulsión en sefarad.rediris.es. e en Luis Suárez Fernández (La expulsión de los judíos -Mapfre, 1991, ISBN 8471001969-, reproducido en vallenajerilla.com). A dúbida sobre o apelido provén dos documentos da época (o Cronicón de Valladolid, do doutor de Toledo), de complicada redacción, que orixinou lecturas dispares (C. Carrete Parrondo, citado por María Fuencisla García Casar Nuevas noticias sobre los Seneor-Coronel segovianos, en Del pasado judío en los reinos medievales hispánicos: afinidad y distanciamiento, Universidad de Castilla La Mancha, 2005, ISBN 8484273881, pg. 138.
- ↑ "Jewish Encyclopedia". recoge la forma Senior. A bibliografía española (por exemplo Luis Suárez Fernández ou Miguel Ángel Ladero Quesada) recolle a forma Seneor.
- ↑ "Cronología de los judeoespañoles". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2018., en sefarad.rediris.es
- ↑ A bibliografía citada por Jewish Encyclopedia
- ↑ En El Tesorero Alonso Gutiérrez y su capilla en San Martín. Notas y documentos sobre patronazgo artístico en el Madrid del Quinientos Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine., de M. Ángeles Toajas Roger (Anales de Historia del Arte nº 15, 2005, pgs. 87-125, ISSN 0214-6452), se refire como un grupo financeiro rival intenta la puja para el arrendamiento de las rentas del partido de Medina del Campo del período 1487-1489; intentan arrebatar este negocio a la familia de Abraham Seneor, el poderoso judío segoviano, máxima autoridad de las aljamas de Castilla y también cabeza de un grupo financiero que venía arrendando las principales rentas de Castilla desde veinte años atrás. (pg. 91).
- ↑ Abraham Seneor monta y lidera lo que podríamos llamar el partido burgués, de ciudadanos por la paz, con Alonso Quintanilla, el banquero de Medina, y con Beatriz de Bobadilla, la dama de Isabel, y su esposo Andrés Cabrera, el mayordomo de Enrique IV. Con Quintanilla pone en marcha la Santa Hermandad, de la que es tesorero. Enrique de Diego, El último rabino (Homo Legens, 2009, ISBN 8492518197). A condición de parente de Andrés Cabrera ou Andrés de Cabrera cítase en Jewish Encyclopedia. O acceso á tesourería de Senior foi o 15 de agosto de 1488, varios anos posterior á fundación da Santa Irmandade (1476), pois o primeiro tesoureiro (ou polo menos o que o era desde 1480) fora Pedro González de Madrid. A compañía de arrendadores de Senior formada para esa ocasión estaba composta tamén polo seu xenro Meir Melamed (Mayr Malamed) e por Luis de Alcalá, rexedor de Madrid, que se obrigou en nome de todos eles (Miguel Ángel Ladero Quesada La Hermandad de Castilla: cuentas y memoriales, 1480-1498, Real Academia de la Historia, 2005, ISBN 8495983699, pg. 23).
- ↑ Yolanda Moreno Koch, Ricardo Izquierdo Benito, Del pasado judío en los reinos medievales hispánicos: afinidad y distanciamiento, Universidad de Castilla La Mancha, 2005, ISBN 8484273881 pg. 137.
- ↑ La lista de colaboradores hebreos que compón Luis Suárez Fernández (Isabel la Católica vista desde la Academia, Real Academia de la Historia, 2005, ISBN 8495983656pg. 52) inclúe, ademais de a Abraham Senior e outros dos personaxes estreitamente relacionados con el -Mayr Malamed e Isaac Abravanel-, a Vidal Astori e Vidal Benveniste).
- ↑ Cando en 1485 o converso Juan de Talavera foi recibido como escribán da alxama, opúxose, e foi acusado polo irmán deste (Yucé). Entre as acusacións que se cruzaron con este motivo, Abraham Senior foi acusado de irregularidades no reparto de impostos, de encargar a morte de tres conversos noutras ocasiones e intentar facer o mesmo con Juan de Talavera nesta; mentres que Juan de Talavera foi acusado de feiticería. Chegado o asunto ao Consello de Castela, encargouse ao corrixidor de Segovia que puxera paz sen tomar ao pé da letra as acusacións. Ignórase se o asunto tivo consecuencias inquisitoriais para Juan de Talavera. (Luis Suárez Fernández . Los Reyes Católicos: La expansión de la fe], Rialp, 1990, ISBN 8432125857, px. 98; e Eloy Benito Ruano e outros Juderías y sinagogas de la Sefarad medieval], Universidad de Castilla La Mancha, 2003, ISBN 8484272265, px. 394).
- ↑ R. David Messer León, no seu comentario sobre o nomeamento dun rab de la corte de Castela, dí "que carecían de conocimiento y temor de Dios (kemo shehokiaḥ sofo 'al teḥillato,). "R. E. J." xxiv. 135. Fonte citada en Jewish Encyclopedia. Un dos seus predecesores foi Pablo de Santa María, que tamén terminou como converso.
- ↑ "Jewish Encyclopedia".. Para o cargo de factor xeneral véxase Una contribución a la historia de la contabilidad, Universidad de Sevilla, 1996, ISBN 8447203344, pg. 68; e Carlos Álvarez Nogal, El factor general del Rey y las finanzas de la Monarquía Hispánica, en Revista de Historia Económica, 1999.
- ↑ Daniel Mesa Los judíos en el Descubrimiento de América, en Repertorio Histórico de la Academia Antioqueña de Historia, 1989, nº 252.
- ↑ Eloy Benito Ruano Tópicos y realidades de la Edad Media, Volumen 1, Real Academia de la Historia, 2000, ISBN 8489512809, pg. 251.
- ↑ Joseph Pérez Los judíos en España, Marcial Pons Historia, 2005, ISBN 8496467031, pg. 190.
- ↑ En Valladolid segundo Jewish Encyclopedia. En Guadalupe segundo Enrique de Diego op. cit. e Miguel Ángel Ladero Quesada (Coronel, 1492: de la aristocracia judía a la nobleza cristiana de los Reyes Católicos, Cahiers du CRIAR, n° 21, 2002, pg. 43, onde reproduce unha fonte contemporánea).
- ↑ * Ladero Quesada (op. cit., pg. 44) cita al heraldista Diego Hernández de Mendoza como fonte para a causa da elección do apelido Coronel. A excepcionalidade desta forma de recoñecemento de fidalguía, no mesmo autor, pg. 45. O anterior apelido Coronel aparece na aristocracia castelá polo menos desde María Alfonso Coronel, dama do século XIII, casada con Guzmán el Bueno, cuxos descendentes levaron os apelidos Pérez de Guzmán.
- David Raphael (The Alhambra Decree, Carmi House Press, 1988, citado en Blanca Isabel de Lima Urdaneta, Coro: fin de diáspora: Isaac A. Senior e hijo: redes comerciales, Fondo Editorial Humanidades, 2002, ISBN 9800020144, pg. 16) indica que "Perez-Co-Ronel" pode lerse nunha mistura de castelán e hebreo como "perezco cantando a Deus", mentres que "Núñez Coronel", lido como "No-Nizco-Ronel" significaría "recordaremos cantando a Deus".
- O concepto de "fidalguía de soar coñecido" es tamén ás veces referida como "de liñaxe", unha forma particular da "nobreza de esencia" e relacionada habitualmente coa zona cantábrica, onde se encontraban a maior parte deses soares iniciais da nobreza castelá (Iuria vasconiae nº 3, FEDHAV, 2006, pgs. 286 y 301).
- ↑ Sogro segundo Bernáldez ("Historia de los Reyes Católicos", p. 336, Sevilla, 1870); cuñado segundo Elias Capsali (ver "Liḳḳuṭim Shonim ", ed. Lattes, p. 73, Padua, 1869). Fuentes citadas en Jewish Encyclopedia. Xenro segundo Luis Suárez Fernández op. cit.; quen deixa indicada a causa da confusión posible entre ambos apelidos: Abraham Seneor, o Rabino Maior, e o seu xenro Mayr Malamed, se bautizaron sendo apadriñados polos propios reis, e pasaron a chamarse Fernando Núñez Coronel e Fernando Pérez Coronel, respectivamente. No documento citado por Ladero Quesada (op. cit.), a ambigüidade á hora de referirse aos dous personaxes deixa confuso ese punto. A forma Meír se recolle por Richard Ayoun e Haïm Vidal Séphiha, op. cit. La forma Mair se recolle por Jewish Encyclopedia.
- ↑ Dado assiento que al día siguiente se baptizaría con solemnidad, partiose de sus atezas y fue a la sinagoga a orar con los otros judíos (Martín Montesdeoca, 1556, citado en Eugenio Asensio, Delia Luisa López De Fray Luis de Leon a Quevedo y otros estudios Universidad de Salamanca, 2005, ISBN 8478008462, pg. 56. Dicen que murió recitando una plegaria: el Shemá (Sefarad de Pablo A. Chami, citado por Ignacio López Calvo La sinagoga secreta de los criptojudíos de Segovia Arquivado 05 de setembro de 2017 en Wayback Machine., El Adelantado, 27 de de xaneiro de 2010). Odaya Bend identificou unha sala de oracións que podería ter sido usada como sinagoga secreta da comunidade de marranos de Segovia (citado por Ignacio López, op. cit.)
- ↑ Joseph Pérez, op. cit.
- ↑ "Documentos sobre la expulsión". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2018. en sefarad.rediris.es. (consultado o 23/8/2010)
- ↑ por algunos judíos al tiempo que estavan en estos nuestros reynos les heran devidas grandes contías de maravedíes e pan e otras cosas algunas, por rasón de las nuestras rentas que de ellos tenían arrendadas por mayor o por menor, como otros porque tenían de ellos y con su poder cargo de las reçebir e recabdar como sus fatores o en otra manera, e que estos tales tenían otras debdas que les debían christianos, e que de las tales debdas algunos de los dichos judíos les ovieron hecho çesión o trespasamiento, porque sonavan las obligaciones a ellos aunque en la verdad heran para los dichos Luys de Alcalá y Hernán Núñez. Citado en Miguel Ángel Ladero Quesada La receptoría y pagaduría general de la Hacienda regia castellana entre 1491 y 1494. (De Rabí Meír Melamed a Fernán Núñez Coronel) Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine., en En la España Medieval nº 25, 2002, pg. 434, ISSN 0214-3038