Abrantes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Santarém | ||||
Contén a división administrativa | Abrantes (São Vicente e São João) e Alferrarede (pt) Aldeia do Mato e Souto (pt) Alvega e Concavada (pt) Bemposta (pt) Carvalhal (pt) Fontes (pt) Martinchel (pt) Mouriscas (pt) Pego (pt) Rio de Moinhos (pt) São Facundo e Vale das Mós (pt) São Miguel do Rio Torto e Rossio ao Sul do Tejo (pt) Tramagal (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.325 (2011) (55,02 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 714,69 km² | ||||
Bañado por | Río Texo | ||||
Altitude | 35 m | ||||
Comparte fronteira con | Constância (pt) Sardoal (pt) Vila de Rei (pt) Tomar Mação (pt) Ponte de Sor (pt) Gavião Chamusca (pt) Vila Nova da Barquinha | ||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Vicenzo de Huesca | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2200 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 292 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-abrantes.pt |
Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e subrexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.[1]
É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficie[2] e 39.325 habitantes (2011),[3] subdividido e 13 freguesías[4] ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km².
O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe podería ser celta, aínda que o seu nome provén do latín Aurantes. Recibiu categoría de cidade en 1916, pola lei nº 601 de 14 de xuño. Hoxe a cidade engloba catro das freguesías: Rossio ao Sul do Tejo, São João e São Vicente e Alferrarede.
Fitos históricos principais:
- En 1148, Afonso Henriques conquista aos musulmáns o Castelo de Abrantes e dóao, en 1173, xunto co seu termo á Orde de Santiago da Espada.
- 1179: Primeiro foro de Abrantes, concedido por Don Afonso Henriques, en recompensa pola resistencia ofrecida aso ataques mususlmáns de Abem Jacob.
- 1217: Confirmación do foro por D. Afonso II.
- En 1385 Abrantes serviu de punto de encontro entre as tropas de Nuno Álvares Pereira e de Xoán I, antes de partiren para a Batalla de Aljubarrota.
- En 1471 Lopo de Almeida é nomeado 1.º Conde de Abrantes.[5]
- En 1518 é reformado o Foro de Abrantes por Manuel I.
- 1807: Abrantes é ocupada polas tropas do xeneral Junot, a quen Napoleón Bonaparte concedeu o título de Duque de Abrantes.
- 7 de novembro de 1862: inauguración da liña férrea do Leste.
- En 1870 foi concluída a ponte sobre o Texo; a ponte ferrovizria fora inaugurada en 1889.
- En 1891 entrou en funcionamento a Liña da Beira Baixa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Abrantes érguese sobre unha cuíña a 100 m da marxe dereita do Texo, dominando todo o val desde o oeste de Belver, concello do Gavião, até o concello de Constância.
Economía
[editar | editar a fonte]A cidade de Abrantes é un polo comercial e industrial da fértil rexión agrícola próxima. Ten industria metalúrxica e metalmecânica de importancia nacional, como a factoría de Mitsubshi Fuso Truck Europe. Localízase alí tamén a Tejo-Energia, cunha central termoelétrica no Pego, sendo a maior empresa do distrito de Santarém.[6]
Gastronomía
[editar | editar a fonte]As principais especialidades locais son os dóces, entre os que destacan as seguintes especialidades: Palla de Abrantes, lamprea de ovos, bolo real, broas de Abrantes, paraísos e queixo do ceo.
No peixe, destaca-se a açorda de sábalo, arroz de lamprea, peixe fritido do rio e robaliza á grella. É significativa a cantidade de pratos de peixe, debido á proximidade da cidade ao río Texo.
Na carne, destacan o cabrito asado no forno e o churrasco de porco.[7]
Artesanía
[editar | editar a fonte]Na zona de Abrantes mantéñense ofícios de cesteiros, esparteiros, oleiros e tecedores.
Feiras, festas e romarías
[editar | editar a fonte]- A feira anual de São Matias vai dende o 24 de febreiro até o 1º domingo de marzo.
- As festas do concello trancorren do 9 ao 14 de xuño.
- Feira Nacional de Doçaria Tradicional, organizada pola TAGUS - Ribatejo Interior e a Câmara Municipal, celébrase na derradeira fin de semana de outubro
- A Feira da Ladra Numismática sucede durante os primeiros sábados de cada mes, na Praça Barão da Batalha.
- Feira Franca - Centro Histórico - 5º sábado - realízase no último sábado dos meses con 5 sábados
- fESTA - Festival de Tunas Mistas organizado pola EstaTuna, tuna da Escola Superior de Tecnologia de Abrantes.
Poboación
[editar | editar a fonte]Número de habitantes[8] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
20.303 | 22.170 | 24.671 | 27.453 | 32.322 | 34.367 | 39.327 | 45.332 | 48.925 | 51.869 | 48.675 | 48.653 | 45.697 | 42.235 | 39.325 |
(Nota: Número de habitantes "residentes", ou sexa, que tiñan residencia oficial no concello na data en que se realizara o censo)
Número de habitantes por Grupo de idades[9] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | 2021 | |
0-14 Anos | 9 293 | 10 379 | 10 765 | 12 509 | 13 699 | 13 042 | 13 833 | 12 535 | 10 582 | 7 406 | 5 443 | 4 947 | 3 514 |
15-24 Anos | 4 671 | 6 236 | 5 921 | 7 446 | 8 389 | 9 092 | 8 299 | 7 395 | 7 574 | 6 743 | 5 141 | 3 510 | 3 207 |
25-64 Anos | 11 068 | 12 695 | 13 761 | 16 235 | 18 781 | 21 744 | 24 684 | 22 650 | 23 081 | 22 833 | 21 643 | 20 624 | 16 921 |
= ou > 65 Anos | 1 871 | 1 977 | 2 315 | 2 944 | 3 248 | 3 898 | 5 053 | 6 095 | 7 416 | 8 715 | 10 008 | 10 244 | 10 687 |
> Idade descoñecida | 17 | 68 | 16 | 78 | 171 |
(Nota: De 1900 a 1950 os datos refírense a poboación "de facto", ou sexa, que estaba presente no concello na data en que os censos ser levaran a cabo. Por iso, pode haber algunhas diferenzas respecto coa poboación residente) .
Freguesías
[editar | editar a fonte]O concello de Abrantes está dividido nas seguintes 13 freguesías:
- Abrantes (São Vicente e São João) e Alferrarede
- Aldeia do Mato e Souto
- Alvega e Concavada
- Bemposta
- Carvalhal
- Fontes
- Martinchel
- Mouriscas
- Pego
- Rio de Moinhos
- São Facundo e Vale das Mós
- São Miguel do Rio Torto e Rossio ao Sul do Tejo
- Tramagal
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]A cidade de Abrantes está irmanada con:
- Parthenay, Deux-Sèvres, Francia (desde 16 de abril de 1994)
- São Nicolau, Cabo Verde (desde 7 de xullo de 1998)
- Hitoyoshi, Kumamoto, Xapón (desde 24 de setembro de 2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anuário Estatístico da Região Centro 2012 (en portugués). Lisboa: INE (Instituto Nacional de Estatística). 2013. p. 33. ISBN 978-989-25-0217-5.
- ↑ Instituto Geográfico Português (2013). «Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013» Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine. (XLS-ZIP). Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Consultado o 27 de novembro de 2017
- ↑ Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Centro. Lisboa: INE (Instituto Nacional de Estatística). 2012. p. 119. ISBN 978-989-25-0184-0.
- ↑ Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
- ↑ Almeida, Andreia da Silva (2010). D. Lopo de Almeida: Memórias do 1º Conde de Abrantes. Abrantes: Câmara Municipal de Abrantes.
- ↑ 100 Maiores Empresas do Distrito de Santarém (2011).
- ↑ Bonifácio, Lúcia (2014). O PATRIMÓNIO NATURAL E CULTURAL COMO FATORES DE MOTIVAÇÃO TURÍSTICA NO CONCELHO DE ABRANTES (en portugués). Prácticas de Máster en Historia da Arte, Patrimonio e Turismo Cultural presentado na Facultade de Artes e Humanidades da Universidade de Coimbra.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
- ↑ INE - http://censos.ine.pt/xportal/xmain?xpid=CENSOS&xpgid=censos_quadros
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abrantes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficialArquivado 16 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en portugués)