Academia Brasileira de Cinema
Estatueta do Grande Otelo | |
Tipo | Organización de cinema |
Fundação | 20 de maio de 2002 (20 anos) |
Sede | Río de Xaneiro |
Presidente | Jorge Peregrino |
Sítio oficial | academiabrasileiradecinema.com.br |
A Academia Brasileira de Cinema e Artes Audiovisuais (ABCAA) é unha organización profesional coa finalidade, entre outras, de outorgar o Gran Premio do Cinema Brasileiro (tamén chamado Premio Grande Otelo) e contribuír ao debate, promoción, desenvolvemento e ciencia do cine como manifestación artística, contribuíndo así a fortalecer a industria cinematográfica brasileira. Tamén se encarga de preseleccionar as películas que representarán o Brasil nos Oscars[1].
Fundada por Luiz Antonio Viana (tamén o seu primeiro presidente) o 20 de maio de 2002, con sede en Río de Xaneiro, conta con máis de 200 membros e serve de instrumento para celebrar a calidade e excelencia do cinema brasileiro. En setembro do mesmo ano no que foi fundada a Academia, a primeira edición do Premio Grande Otelo tivo lugar no Theatro Municipal do Rio de Janeiro[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo Luiz Antonio Viana, fundador e primeiro presidente da Academia:
"A Academia Brasileira de Cinema é um instrumento de celebração da qualidade do cinema brasileiro e mais um veículo de promoção e preservação que irá, sem dúvida, reforçar as alianças entre aqueles que fazem do nosso cinema uma arte maior"[2].
O 20 de maio de 2002, Luiz Antonio Viana fundou a Academia Brasileira de Cinema, con sede no Río de Xaneiro, co obxectivo de crear unha institución dedicada a contribuír ao desenvolvemento e fortalecemento do cinema no Brasil como arte e ciencia por manifestación. Para iso, a idea era crear un premio que puidese celebrar, discutir, promover, fomentar e recoñecer a excelencia das obras realizadas no cine.
Naceu entón o Premio Grande Otelo, que é concedido anualmente pola Academia dende o ano 2002, nun acto retransmitido por televisión aos mellores profesionais nas súas respectivas categorías.
Segundo o expresidente da Academia Brasileira de Cinema, Roberto Farias[2]:
“É conhecida a regra de que quando o cinema nacional faz sucesso, esquenta o mercado e todos ganham. Como diria Euclides da Cunha, 'o cineasta brasileiro é antes de tudo um forte, e a Academia sua fortaleza'. Cada vez mais forte, nossa academia orgulha-se do cinema brasileiro e seus cineastas".
Grande Premio do Cinema Brasileiro
[editar | editar a fonte]O Grande Prêmio do Cinema Brasileiro (tamén coñecido como premio Grande Otelo) é o galardón máis importante do cinema brasileiro, que concede anualmente a Academia co obxectivo de homenaxear a excelencia dos mellores profesionais en cada unha das distintas especialidades do sector. O premio é unha estatuíña bañada en ouro dun cabaleiro cunha espada en homenaxe ao actor brasileiro Grande Otelo. No Brasil, a retransmisión da cerimonia corre a cargo de Canal Brasil.
Está organizado e votado polos propios profesionais. Desde 2004, a votación realízase a través de Internet, a través da páxina web da Academia, e cada membro recibe un contrasinal electrónico para votar, o cálculo realízao PricewaterhouseCoopers, a mesma empresa de audita os Oscar[2].
Categorías premiadas
[editar | editar a fonte]Principais
|
Secundarios
|
Técnicos
|
Ademais dos premios ao mérito á excelencia, a academia outorga anualmente, a través da súa xunta directiva, os Prêmios Homenagem Especial e o Prêmio Especial de Preservação[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pela primeira vez, governo federal não participa da indicação de filme brasileiro ao Oscar". Consultado o 2021-10-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Conheça". Arquivado dende o orixinal o 2021-04-10. Consultado o 2021-10-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Academia Brasileira de Cinema |