Saltar ao contido

Academia Franz Liszt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada da Academia Franz Liszt

A Academia de Música Franz Liszt (en húngaro: 'Liszt Ferenc Zeneművészeti Egyetem' ou Zeneakadémia, Academia de Música) é unha sala de concertos e unha universidade de música de Budapest, Hungría, fundada polo pianista e compositor Franz Liszt o 14 de novembro de 1875. É sede da Colección Liszt, que contén varios libros valiosos e manuscritos doados por Liszt postumamente, e o estudo AVISO, unha colaboración entre os gobernos de Hungría e o Xapón para proporcionar equipos de gravación de son e adestramento para estudantes.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

A Academia non foi nomeada así ata 1925. Inicialmente bautizada como "Academia Real Nacional Húngara de Música", logo foi coñecida como "Universidade de Música" entre 1919-1925. Foi fundada na casa de Liszt, e trasladada ao edificio de tres pisos de estilo neorrenacentista deseñado por Adolf Láng e construído na actual avenida Andrássy entre 1877 e 1879. Aquela dirección é coñecida como a "Antiga Academia de Música" e foi conmemorada por unha placa feita en 1934 por Zoltán Farkas. Foi readquirida pola academia nos anos 1980, e agora é oficialmente coñecida coma o "Centro de Investigación e Memorial Franz Liszt".

A nova localización da "Antigua Academia de Música" foi o edificio construído en 1907 na rúa Király coa praza Ferenc Liszt. Serve como centro para educación superior, adestramento musical, e sala de concertos. O estilo Art Nouveau do edificio é un dos máis coñecidos en Budapest. Foi deseñado por Flóris Korb e Kálmán Giergl a petición do barón Gyula Wlassics quen foi Ministro de Cultura naquel período. A fachada está dominada pola estatua de Liszt (esculpida por Alajos Stróbl). O interior da construción está decorado con frescos, cerámica de Zsolnay e varias estatuas (entre elas as de Béla Bartók e Frédéric Chopin). Orixinariamente a construción tiña fiestras con vidreira feitos por Miksa Róth.

Outras facilidades usadas pola Academia son a Escola de Preparación de Profesores de Budapest, localizada na antiga Escola Nacional de Música da rúa Semmelweis, unha escola secundaria (Escola de Música Secundaria de Gramática e Técnica Béla Bartók) e un dormitorio para estudantes.

Alumnos e mestres

[editar | editar a fonte]

Músicos ben coñecidos como Béla Bartók, Zoltán Kodály, Imre Kálmán, Jenö Huszka, Jenö Hubay, Ernö Dohnányi, Georges Cziffra, Leó Weiner, David Popper, Bence Szabolcsi, Sándor Végh, Imre Waldbauer, Ede Zathureczky, Maksim Mrvika ou Ferenc Rados participaron na vida musical da Academia estudando ou ensinando alí durante as súas carreiras. András Ligeti, Domonkos Héja, Jenö Jandó, Gergely Bogányi fixeron gravacións no estudio AVISO.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]