Saltar ao contido

Acción Comunista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acción Comunista
Tipopartido político
IdeoloxíaMarxismo
Data de fundación1964
Data de disolución1978
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Acción Comunista foi un partido político comunista español de inspiración marxista que se formou no exilio en 1964 ó expulsar ao Frente de Liberación Popular á súa sección exterior, activo en Bélxica, Francia e Alemaña. Colleu o nome da revista Acción Comunista que publicou o grupo desde 1965. Entre os militantes estiveron Carlos Semprún e José Antonio Ubierna. En 1976 unha parte dos seus militantes, sobre todo de Cataluña, ingresaron no POUM

AC legalizouse en España en 1977, nas primeiras eleccións democráticas participou na candidatura da Fronte para a Unidade dos Traballadores, logo dun proceso frustrado para fusionarse co POUM boa parte da militancia acabou por integrarse noutros partidos da esquerda estatal como a Liga Comunista Revolucionaria ó longo do ano 1978.