Saltar ao contido

Adele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdele

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Adele Laurie Blue Adkins Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Tottenham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAdele Editar o valor en Wikidata
EducaciónBRIT School (2003–2006) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, canción e compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, música, artista discográfico, produtora delegada, batería, guitarrista, pianista, cantante, compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, blue-eyed soul, Rhythm and blues, Soul, Jazz e música rock Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, Batería, baixo, trompeta, Viola e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoXL Recordings
Columbia Records
Sony Music Entertainment Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Festival de Glastonbury (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSimon Konecki (2016–2021), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosAngelo Adkins Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webadele.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2233157 Allocine: 539876 Rottentomatoes: celebrity/adele_2
Facebook: adele Twitter: Adele Instagram: adele MySpace: adelelondon Youtube: UCsRM0YB_dabtEPGPTKo-gcw BNE: XX5273402 Souncloud: adelemusic Spotify: 4dpARuHxo51G3z768sgnrY iTunes: 262836961 Last fm: Adele Musicbrainz: cc2c9c3c-b7bc-4b8b-84d8-4fbd8779e493 Songkick: 537914 Discogs: 819015 Allmusic: mn0000503460 WikiTree: Adkins-4502 Deezer: 75798 Genius: Adele Editar o valor en Wikidata

Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra,[1] coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards.

Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace.​ Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC.​ En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos

No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos.​ Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Adele naceu no barrio londiniense de Tottenham. Súa nai, Penny Adkins, é unha masaxista inglesa e seu pai Mark Evans, é galés.​ Cando apenas tiña dous anos, seu pai abandonounas, quedando soa coa súa nai, de vinte anos e sen axuda de ninguén.[3]​ En 1997, con nove anos, mudáronse a Brighton, pois Penny atopara traballo como fabricante de mobles e organizadora de actividades de aprendizaxe para adultos. En 1999, as dúas xunto co seu padrasto mudáronse, de novo, a Londres; primeiros a Brixton e despois aos suburbios do distrito West Norwood, no sur de Londres.[1]

Comezou a cantar aos catro anos e afirmou que estivo obsesionada coas voces. Dixo que as Spice Girls foran unha grande influencia na súa paixón pola música e afirmou que "elas me fixeron o que son hoxe". Aos nove anos trasladouse xunto con súa nai, un carpinteiro e un programador de actividades a Brighton.

Dous anos despois mudouse a Brixton, e máis tarde ao distrito de West Norwood, no sur de Londres. West Norwood é o tema da súa primeira canción "Hometown Glory", escrita aos 16 anos. Despois de mudarse alí comezou a interesarlle o R&B e tamén artistas como Aaliagh, Destin's Child e Mary J. Blige. Graduouse na escola BRIT e Performing Arts & Technology en Croydon, Londres, en maio de 2006 onde coincidiu con grandes cantantes actualmente coñecidas como Leona Lewis e Jessie J. Confirmou que na escola de Londres foi onde cultivou todo o seu talento.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Adele chegou ó éxito con suaves melodías pop e blues (e non electro pop), o que a converteu nunha expoñente do chamado neo soul.

2008-2009: Principios da carreira

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum de estudio, titulado 19, lanzouse en 2008, vendendo arredor de 6,5 millóns de copias en todo o mundo. Tamén gañou a 51ª edición dos Premios Grammy, con dous galardóns nas categorías de "mellor artista nova" e "mellor interpretación vocal pop feminina". Máis tarde nomeárona tres veces aos premios Brit.

2010-2011: 21 e fama mundial

[editar | editar a fonte]

En 2011, saca o seu segundo álbum, titulado 21, o 24 de xaneiro de 2011 no Reino Unido e o 22 de febreiro nos Estados Unidos.[4] Vendeu arredor de 18,5 millóns de copias e logrou tres números un consecutivos nos Estados Unidos con: "Set Fire To The Rain", "Someone Like You" e "Rolling in the Deep". O tema "Someone Like You" foi número un nas listas do Reino Unido, e o seu disco mantívose durante once semanas consecutivas como o álbum máis vendido e 36 semanas non consecutivas. 21 foi o álbum máis vendido en 2011 e ocupa o posto 71 dos álbums máis vendidos de toda a historia.

Outro dos fitos desta xove artista é que 21 foi o álbum que máis durou nas listas do Reino Unido (16 semanas) e o álbum dunha muller que máis tempo permaneceu no número na historia do Billboard 200, con 23 semanas. Ademais, é a primeira artista feminina que ten tres sinxelos no top 10 do Billboard Hot 100 á vez, e a primeira artista feminina en ter dous álbums no Top 5 do Billboard 200.

En total, as vendas de tódalas súas producións musicais superan os 78 millóns de copias, repartidas en máis de 30 millóns de discos e arredor de 42 millóns de sinxelos.

Premios Grammy 2012

[editar | editar a fonte]

Adele foi a grande triunfadora dos premios Grammy en 2012, levando 6, dos que dous foron polo seu álbum 21, tres pola canción "Rolling in the Deep" e o restante por "Someone Like You". En total, os Emmy que leva gañados xa superan os doutras coñecidas artistas entre as que se atopan Christina Aguilera, Lady Gaga, Taylor Swift, Rihanna, Katy Perry ou Pink.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Adele comezou a saír co empresario Simon Konecki a mediados de 2011 e, en xuño de 2012, anunciou que ela e Konecki esperaban un fillo.[5]  Seu primeiro fillo, Angelo James, naceu o 19 de outubro de 2012,  e despois de ser fotografado polos paparazzi en 2013 mentres realizaba unha excursión familiar,[6] a cantante presentou unha demanda contra unha axencia fotográfica con sede no Reino Unido por publicar as imaxes en todo o mundo sen o seu consentimento. A axencia Corbin ofreceuse a pagar todos os danos causados, ademais de facerse cargo dos gastos legais.[7]

En abril de 2019, Adele anunciou que ela e Konecki separáronse despois dun matrimonio de sete anos. A pesar da separación, Adele e Konecki seguirán criando ao seu fillo xuntos.[8][9]

  1. 1,0 1,1 Patterson, Sylvia (27 de xaneiro de 2008). "Mad about the girl". theguardian.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (2 de agosto de 2009). "GRAMMY 2009 WINNERS LIST". mtv.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de2021. 
  3. Van Meter, Jonathan (13 de febreiro de 2012). "Adele: One and Only". vogue.com (en inglés). Archived from the original on 14 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  4. Levine, Nick (2 de novembro de 2010). "Adele announces second album details". digitalspy.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 
  5. PA (29 de xuño de 2012). "Singer Adele announces pregnancy". belfasttelegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  6. Malec, Brett (26 de xuño de 2013). "Adele's Baby Boy Angelo: See Photos of His Adorable Face!" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  7. EFE (23 de xullo de 2014). "El hijo de Adele recibe suma de dinero tras demanda por publicación de fotos". el-nacional.com (en castelán). Archived from the original on 23 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  8. Nelson, Jeff; Merrett, Robyn (19 de abril de 2019). "Adele and Husband Simon Konecki Split After More Than 7 Years Together". people.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  9. Fekadu, Mesfin (20 de abril de 2019). "Rep: Adele, husband Simon Konecki have separated". apnews.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]