Adiaratou Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1999 (25 anos) Bamaco, Malí |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | carreira de velocidade |
Adiaratou Iglesias Forneiro, nada en Bamaco o 6 de febreiro de 1999,[1] é unha atleta galega radicada en Lugo.[2] Adestra no club Lucus Caixa Rural Galega.[3] En 2019 proclamouse subcampioa do mundo de atletismo paralímpico nas probas de 200 e 100 metros lisos e en 2021 conseguiu o ouro en 100 m e a prata en 400 m nos Xogos Paralímpicos de Toquio.[4] Tamén posúe os récords galegos absolutos de 100 e 200 metros lisos.[5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iglesias naceu con albinismo, un trastorno conxénito que lle fai padecer unha discapacidade visual do 80%. Por mor da persecución que sofren as persoas albinas no seu país, con 11 anos fuxiu do seu Malí natal a Logroño para vivir cun familiar.[7] Porén, acabou ingresando nun centro de acollida no que pasou dous anos. Finalmente foi adoptada e mudouse a Lugo, onde comezou a practicar atletismo no club Lucus Caixa Rural Galega.[7]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato de Europa de Atletismo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2021 | Bydgoszcz | 100 m T13 | |
2021 | Bydgoszcz | 400 m T13 | |
2021 | Bydgoszcz | 4ª | 4 x 100 m T13 |
Xogos Paralímpicos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2020 | Toquio | 100 m T13 | |
2020 | Toquio | 400 m T13 | |
Campionato Mundial de Atletismo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Proba |
2019 | Dubai | 100 m T12 | |
2019 | Dubai | 200 m T12 |
Marcas persoais
[editar | editar a fonte]Data | Especialidade | Lugar | Marca |
---|---|---|---|
26 de xuño de 2021 | 100 metros lisos (aire libre) | Xetafe | 11,83 s[8] |
20 de xuño de 2021 | 200 metros lisos (aire libre) | Dubai | 24,50 s[8] |
14 de agosto de 2020 | 400 metros lisos (aire libre) | Pontevedra | 58,24[9] |
20 de xullo de 2019 | 100 metros lisos (pista cuberta) | Pontevedra | 12,12 s[9] |
23 de xuño de 2019 | 200 metros lisos (pista cuberta) | Lugo | 25,01 s[9] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perfil de Adiaratou Iglesias na páxina da Real Federación Española de Atletismo". Consultado o 27 de novembro de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ "A subcampioa do mundo de atletismo adaptado, Adiaratou Iglesias, orixinaria de Malí, reivindica o galego". Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ "Adi Iglesias arrasa en Dubai, subcampioa mundial". Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ "A galega Adiaratou Iglesias, subcampioa dos 100 metros lisos no Mundial Paralímpico". Sermos Galiza. 12 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ "A proeza de Adiaratou Iglesias: tres récords galegos en 24 horas". Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ "As atletas galegas asinan unha actuación inesquecíbel no Estatal". Nós Diario. 28 de xuño de 2021. Consultado o 30 de xuño de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "Adiaratou Iglesias, oro gallego con solo 20 % de visión". La Voz de Galicia. 21 de outubro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 Adiaratou Iglesias Arquivado 05 de novembro de 2022 en Wayback Machine.. Perfil na web da RFEA.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Adiaratou Iglesias. Perfil na web da IAAF.