Bydgoszcz
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Cuiavia-Pomerania ![]() | ||||
Capital de | Cuiavia-Pomerania (1999–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 337.666 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 175,98 km² ![]() | ||||
Bañado por | Brda (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 60 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Sicienko (pt) ![]() Comuna de Zławieś Wielka (pt) ![]() Comuna de Solec Kujawski (pt) ![]() Comuna de Nowa Wieś Wielka (pt) ![]() Comuna de Dąbrowa Chełmińska (pt) ![]() Comuna de Osielsko (pt) ![]() Comuna de Dobrc (pt) ![]() Comuna de Koronowo (pt) ![]() Comuna de Białe Błota (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 1038 (Gregoriano) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Rafał Bruski (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 85-001 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 52 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Swansea Reggio Emilia (1962–) Kragujevac (1971–) Mannheim (1991–) Hartford (1996–) Perth (1998–) Tcherkássi (pt) ![]() Kremenchuk (pt) ![]() Patras (2004–) Ningbo (2005–) Wilhelmshaven (2006–) Pitești (pt) ![]() Pavlodar (2012–) سليفن (2019–) ![]() | ||||
Sitio web | bydgoszcz.pl ![]() |
Bydgoszcz é unha cidade do norte de Polonia, a carón dos ríos Brda e Vístula. O termo municipal abrangue 175 km² e a súa poboación é de 359.428 habitantes (2014), chegando a 400.000 no conxunto da área metropolitana o que a converte na 8ª cidade do país. Desde 1999 é a capital do condado de Bydgoszcz. É sede da Universidade Casimiro o Grande, da Universidade de Tecnoloxía e Ciencias da Vida e do Collegium Medicum e nas súas proximidades está o Aeroporto Internacional Ignacy Jan Paderewsk Bydgoszcz.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente un asentamento pesqueiro a cidade medrou por mor das rotas comerciais do Vístula. Os cabaleiros teutónicos ocuparon a cidade entre 1331 e 1337 e máis tarde polo rei Casimiro II de Polonia quen lle outorgou dereitos de cidade o 19 de abril de 1346.
Nos séculos XV e XVI a cidade ocupou un lugar salientable para o comercio do millo. En 1657 Xoán II Casimiro de Polonia e Federico Guillerme de Brandeburgo-Prusia asinaron aquí o Tratado de Bydgoszcz.
Prusia anexionou Bydgoszcz en 1772 na coñecida como Primeira Partición de Polonia, e incorporouna ao distrito de Netze. En 1807 Bydgoszcz converteuse en parte do Ducado de Varsovia e de novo volveu a Prusia en 1815 como parte do Gran Ducado de Poznań. Logo de 1871 a cidade formou parte do Imperio Alemán. En 1919 incorporouse a Polonia de novo. O 3 de setembro de 1939 pouco despois da entrada do exército alemán en Polonia que deu pé á segunda guerra mundial aconteceu nos arredores da cidade o masacre coñecido como Domingo sanguiñolento de Bydgoszcz no que morreron numerosos civís polacos e alemáns. A Alemaña nazi usou este incidente como propaganda contra os polacos despois da ocupación da cidade o 9 de setembro. Segundo a Nowa encyklopedia powszechna PWN 37.000 cidadáns da cidade morreron durante a guerra, milleiros deles en campos de concentración. En 1945 Bydgoszcz foi liberada e anexionada outra vez a Polonia.