Adolfina Mesa
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Adolfina Mesa Goyo ![]() 13 de novembro de 1970 ![]() Cagua, Venezuela ![]() |
Residencia | Galicia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, pintora, escritora ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Adolfina Mesa Goyo, nada en Cagua (Venezuela) o 13 de novembro de 1970, é unha poeta e pintora residente en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de nai venezolana e pai español, estudou Diplomado en Ciencias Empresariais e traballou durante anos na industria metalúrxica e petroleira. En 2004 trasladou a súa residencia a Galicia, estando moi ligada á terra de Monterroso.
Desenvolve a súa pintura e as artes decorativas a nivel artístico e docente. Participou en exposicións de pintura individual e colectiva en España e Portugal. Tamén participou en exposicións colectivas e en recitais poéticos no Roteiro das Artes 2015 e 2016. Participou coa súa poesía no libro colectivo homenaxe a Manuel María, na Antoloxía do Roteiro das Artes e do libro colectivo Roteiro das Artes Internacional Galicia-Mozambique, Galicia-Nicaragua, Galicia-Cabo Verde, Galicia-Ucraína e Galicia-Perú. Tamén colaborou na revista lucense Xistral[1]. En 2018 participa na Colectânea de Poesia Luso-Galaica[2]:
A poesía é o fío que une o sentir coa palabra, o diálogo interior e silencioso do poeta que chega ao lectora través de cada verso
A súa poesía, tanto en castelán como en galego, é intimista, romántica, tráxica, entre outros matices crítica e explosiva no seu versar, tendo como referentes os poetas Benedetti, Pablo Neruda e Alejandra Pizarnik[3].
Obras
[editar | editar a fonte]- Poemas y catarsis (2017), Editorial Círculo Rojo, ISBN 978-84-9175-630-9
Publicacións colectivas
[editar | editar a fonte]- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Monterroso 2015
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Teo 2015
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Padrón 2016
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-A Coruña 2016
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Taboada 2016
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Sarria Maio 2016
- Libro colectivo Roteiro Das Artes-Chantada-Xuño 2016
- Libro colectivo Roteiro Das Artes breve Historia Antoloxia-Redelibros. 2016.
- Manuel María -Libro Colectivo de Homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de maio de 2016. Deputación de Lugo, Galicia.
- Xistral # 20 ano 2017 Revista Lucense de Creación Poética. Concello de Lugo e Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.
- Libro Poemas Pendurados De Farolas. LUMES, NUNCA MÁIS! Libro Dixital (publicado en: www.CulturaliaGz.com) 2018
- Libro Dixital Colectivo Portugalicidades (publicado en: www.culturaliagz.com) 2018
- Folleto poético dixital Poesía en Feminino "Dia da muller Traballadora". (Publicado en: www.CulturaliaGz.com) 2018.
- Libro Dixital POEMÁN, (Publicado en: www.CulturaliaGZ.com) marzo de 2018.
- Revista Dixital Cultural e Póetica Intropia de Madrid, colaboradora nas publicacións poéticas. Xaneiro, febreiro e marzo de 2018.
Publicacións colectivas internacionais:
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-MOÇAMBIQUE: NUMA LINGUAGEM E NUMA SINFONÍA
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-NICARAGUA: MORRIÑA ENTRE LAGOS Y VOLCANES
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- CABO VERDE-GALIZA: ABRAÇO POÉTICO
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- ANGOLA-GALIZA: SEMENTES DÁ LINGUA
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-UCRANIA: HARMONÍA DE CORAZÓNS
- Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-PERÚ: LIBÉRRIMO AUSTRAL.
- Colectânea de Poesia Luso-Galaica, setembro 2018.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2020: Gañadora da XXX edición do Certame Galego de Arte “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome.[4]
- 2020: Premio Paris ne finit jamais en Creación literaria [adultos] por Labios confinados.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Editorial Círculo Rojo, Adolfina Mesa". Consultado o 01/02/2018.
- ↑ de Sousa e Sa e Outros, Ester (2018). Colectânea de Poesia Luso-Galaica. Acabamento Emp. Gráfica Feirense S.A. ISBN 978-989-54214-0-4.
- ↑ "Escritores.org, Adolfina Mesa". Consultado o 01/02/2018.
- ↑ "Adolfina Mesa, Premio do Certame Galego de Arte – Galicia 24 Horas". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2020-01-03.
- ↑ "PREMIOS". PARIS NE FINIT JAMAIS (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2020. Consultado o 2020-09-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog de Adolfina Mesa
Adolfina Mesa, canle de YouTube