Saltar ao contido

Adolfo Atienza Landeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Atienza Landeta
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
  Celta de Vigo

Adolfo Atienza Landeta, nado en Madrid o 1 de decembro de 1927 e finado o 9 de xullo de 2008 na mesma cidade, foi un futbolista español. Xogaba de extremo dereito.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pese a iniciarse no fútbol na súa cidade natal, no barrio de Tetuán de las Victorias e no Club Deportivo Cuatro Caminos, pronto emigrou a Galiza aos 14 anos de idade, ao ser destinados seus pais, mestres, a Santiago de Compostela.

Con 15 anos debuta en 1ª Rexional co Club Arenal, tres anos despois na tempada 1947-48 ficha polo Club Santiago da Terceira División, equipo máis importante da cidade compostelá. Porén militaría pouco tempo no equipo xa que no mes de decembro de 1947 ficha polo Celta de Vigo dirixido por Ricardo Zamora, para ser cedido ao Club Berbés de Vigo debido á gran competencia do equipo céltico.

Ao ano seguinte debuta en Balaídos en Primeira División contra o FC Barcelona.

Nesta primeira etapa en Vigo de seis tempadas, sempre en primeira división, anota 45 goles en 109 encontros.

Estas cifras fan que sexa convocado aos adestramentos da Selección española de fútbol en seis ocasións, aínda que non chegaría a debutar en partido oficial. Tamén chamaría a atención do Real Madrid, que o ficha no verán de 1953 por 600 000 pesetas e a cesión do extremo Guasí.

O extremo madrileño militaría no equipo branco ata o ano 1955 coincidindo coa chegada de Alfredo Di Stéfano, disputando 25 encontros e logrando 8 tantos.

Da disciplina merengue pasaría ao UD Las Palmas e posteriormente ao Real Jaén.

O 6 de setembro de 1958 Adolfo Atienza regresa ao Celta a cambio do traspaso de Alvarín e a cesión de Bolitos ao club andaluz.

Esta segunda etapa en Vigo non foi tan brillante como a primeira rematando co descenso do equipo ao final desa tempada. A seguinte campaña no Celta, a 1959-60 sería a última do xogador madrileño na disciplina, abandonándoa antes de rematar a tempada.

Rematou a súa carreira futbolística na SD Ponferradina.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Real Madrid

Era irmán do tamén futbolista Ángel Atienza, coñecido como Atienza II.