Selección de fútbol de España
España | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Real Federación Española de Fútbol — RFEF | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | ESP | ||
Alcume | La Roja (A vermella) | ||
Clasificación FIFA | 7 (6 de outubro de 2022) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Luis de la Fuente | ||
Máis encontros | Sergio Ramos (170)[1] | ||
Máximo goleador | David Villa (59) | ||
Estrea internacional Dinamarca 0 − 1 España Bruxelas, Bélxica; 28 de agosto de 1920 | |||
Maior vitoria España 13 − 0 Bulgaria Madrid, España; 21 de maio de 1933 | |||
Maior derrota España 1 − 7 Italia Ámsterdan, Países Baixos; 4 de xuño de 1928 Inglaterra 7 - 1 España Londres, Inglaterra; 9 de decembro de 1931 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 16 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | Campións (2010) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 12 (primeira en 1964) | ||
Mellor resultado | Campións (1964, 2008, 2012, 2024) | ||
Copa Confederacións | |||
Participacións | 2 (primeira en 2009) | ||
Mellor resultado | Subcampións (2013) |
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA.
A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024).
Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.[2][3][4][5] Durante esa época, España converteuse na primeira selección nacional en gañar tres títulos consecutivos e a única en conquistar dúas Eurocopas seguidas, así como no primeiro equipo europeo en proclamarse campión do mundo fóra de Europa. Entre 2007 e 2009 España encadeou 35 partidos sen perder, igualando o récord mundial que naquel momento ostentaba a selección brasileira.
Historia
[editar | editar a fonte]Destacou por primeira vez na edición de 1964, celebrada en España, onde se proclamou campioa como local ao derrotar na final á Unión Soviética por 2-1. Na Eurocopa de 1984, celebrada en Francia, alcanzou o subcampionato, perdendo a final por 2-0 ante o país anfitrión. Na Eurocopa 2008, España logrou o segundo título gañando na final ante Alemaña por 1-0. Esta vitoria en 2008 supúxolle encabezar por vez primeira a clasificación mundial da FIFA, sendo o sexto equipo que lograba liderar devandito ranking, e o primeiro que non gañara ningunha Copa do Mundo en facelo.[6][7] En 2012 converteuse na única selección de fútbol en gañar dúas Eurocopas consecutivas, despois de vencer a Italia por 4-0, a máxima goleada nunha final desta competición, con goles de David Silva, Jordi Alba, Fernando Torres e Juan Mata. Con esta vitoria converteuse tamén na primeira selección nacional que consegue o triplete, con Eurocopa (2008), Mundial (2010) e Eurocopa (2012) consecutivos.
O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos foi en 1992, en Barcelona, cando gañou a medalla de ouro ao derrotar a Polonia por 3 a 2 na final disputada no Estadio do Camp Nou de Barcelona. Nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sidney, logrou a medalla de prata ao chegar á final, que perdeu ante o Camerún. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. Noutras categorías, España conseguiu gañar a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 en 1999 xogado en Nixeria, ao derrotar por 4-0 ao Xapón.
Alcumes
[editar | editar a fonte]O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o saqueo de Anveres, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».[8][9][10]
Resultados
[editar | editar a fonte]Copa do Mundo
[editar | editar a fonte]Fase final | Fase de clasificación | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Resultado | Posición | XD | V | E | D | GF | GC | XD | V | E | D | GF | GC | |
1930 | Non participou | Non participou | |||||||||||||
1934 | Cuartos de final | 5º | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | 2 | 2 | 0 | 0 | 11 | 1 | |
1938 | Renunciou | Renunciou | |||||||||||||
1950 | Cuarto lugar | 4º | 6 | 3 | 1 | 2 | 10 | 12 | 2 | 1 | 1 | 0 | 7 | 3 | |
1954 | Non se clasificou | 3 | 1 | 1 | 1 | 6 | 3 | ||||||||
1958 | 4 | 2 | 1 | 1 | 12 | 8 | |||||||||
1962 | Fase de grupos | 13º | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | 4 | 3 | 1 | 0 | 7 | 4 | |
1966 | Fase de grupos | 10º | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 2 | |
1970 | Non se clasificou | 6 | 2 | 2 | 2 | 10 | 6 | ||||||||
1974 | 5 | 2 | 2 | 1 | 8 | 5 | |||||||||
1978 | Fase de grupos | 10º | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 4 | 3 | 0 | 1 | 4 | 1 | |
1982 | Segunda fase | 12º | 5 | 1 | 2 | 2 | 4 | 5 | Clasificada como organizadora | ||||||
1986 | Cuartos de final | 7th | 5 | 3 | 1 | 1 | 11 | 4 | 6 | 4 | 0 | 2 | 9 | 8 | |
1990 | Oitavos de final | 10th | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 | 8 | 6 | 1 | 1 | 20 | 3 | |
1994 | Cuartos de final | 8th | 5 | 2 | 2 | 1 | 10 | 6 | 12 | 8 | 3 | 1 | 27 | 4 | |
1998 | Fase de grupos | 17th | 3 | 1 | 1 | 1 | 8 | 4 | 10 | 8 | 2 | 0 | 26 | 6 | |
2002 | Cuartos de final | 5th | 5 | 3 | 2 | 0 | 10 | 5 | 8 | 6 | 2 | 0 | 21 | 4 | |
2006 | Oitavos de final | 9th | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 4 | 12 | 6 | 6 | 0 | 25 | 5 | |
2010 | Campión | 1º | 7 | 6 | 0 | 1 | 8 | 2 | 10 | 10 | 0 | 0 | 28 | 5 | |
2014 | Fase de grupos | 23º | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 7 | 8 | 6 | 2 | 0 | 14 | 3 | |
2018 | Oitavos de final | 10º | 4 | 1 | 3 | 0 | 7 | 6 | 10 | 9 | 1 | 0 | 36 | 3 | |
2022 | Por determinar | Por determinar | |||||||||||||
2026 | |||||||||||||||
Total | 1 título | 15/21 | 63 | 30 | 15 | 18 | 99 | 72 | 117 | 81 | 25 | 11 | 276 | 74 |
Récords de España na Copa do Mundo | |
---|---|
Primeiro xogo | España 3–1 Brasil (27 de maio de 1934; Xénova, Italia) |
Maior vitoria | España 6–1 Bulgaria (24 de xuño de 1998; Lens, Francia) |
Maior derrota | Brasil 6–1 España (13 de xullo de 1950; Río de Xaneiro, Brasil) |
Mellor resultado | Campioa na Copa do Mundo de 2010 |
Peor resultado | Fase de grupos en 1962, 1966, 1978, 1998, 2014 |
Eurocopa
[editar | editar a fonte]Fase final | Fase de clasificación | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Resultado | Posición | XD | V | E | D | GF | GC | XD | V | E | D | GF | GC | |
1960 | Renuncia | 2 | 2 | 0 | 0 | 7 | 2 | ||||||||
1964 | Campión | 1º | 2 | 2 | 0 | 0 | 4 | 2 | 6 | 4 | 1 | 1 | 16 | 5 | |
1968 | Non se clasificou | 8 | 3 | 2 | 3 | 7 | 5 | ||||||||
1972 | 6 | 3 | 2 | 1 | 14 | 3 | |||||||||
1976 | 8 | 3 | 4 | 1 | 11 | 9 | |||||||||
1980 | Fase de grupos | 7º | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 4 | 6 | 4 | 1 | 1 | 13 | 5 | |
1984 | Subcampión | 2º | 5 | 1 | 3 | 1 | 4 | 5 | 8 | 6 | 1 | 1 | 24 | 8 | |
1988 | Fase de grupos | 6º | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 5 | 6 | 5 | 0 | 1 | 14 | 6 | |
1992 | Non se clasificou | 7 | 3 | 0 | 4 | 17 | 12 | ||||||||
1996 | Cuartos de final | 6º | 4 | 1 | 3 | 0 | 4 | 3 | 10 | 8 | 2 | 0 | 25 | 4 | |
2000 | Cuartos de final | 5º | 4 | 2 | 0 | 2 | 7 | 7 | 8 | 7 | 0 | 1 | 42 | 5 | |
2004 | Fase de grupos | 10º | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 10 | 7 | 2 | 1 | 21 | 5 | |
2008 | Campión | 1º | 6 | 5 | 1 | 0 | 12 | 3 | 12 | 9 | 1 | 2 | 23 | 8 | |
2012 | Campión | 1º | 6 | 4 | 2 | 0 | 12 | 1 | 8 | 8 | 0 | 0 | 26 | 6 | |
2016 | Oitavos de final | 10º | 4 | 2 | 0 | 2 | 5 | 4 | 10 | 9 | 0 | 1 | 23 | 3 | |
2020 | Semifinais | 3º | 3 | 2 | 0 | 1 | 9 | 10 | 10 | 8 | 2 | 0 | 31 | 5 | |
2024 | Por determinar | Por determinar | |||||||||||||
Total | 3 títulos | 10/15 | 40 | 19 | 11 | 10 | 55 | 36 | 125 | 89 | 18 | 18 | 314 | 91 |
Récords de España na Eurocopa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Primeiro xogo | España 2–1 Hungría (Madrid, España; 17 de xuño de 1964) | ||||
Maior vitoria | España 4–0 Irlanda (Gdańsk, Polonia; 14 de xuño de 2012) España 4–0 Italia (Kíiv, Ucraína; 1 de xullo de 2012) | ||||
Maior derrota | Francia 2–0 España (París, Francia; 27 de xuño de 1984) Alemaña Federal 2–0 España (Múnic, República Federal Alemá; 17 de xuño de 1988) Italia 2–0 España (Saint-Denis, Francia; 27 de xuño de 2016) | ||||
Mellor resultado | Campioa en 1964, 2008, 2012 | ||||
Peor resultado | Fase de grupos en 1980, 1988, 2004 |
Copa Confederacións
[editar | editar a fonte]Copa Confederacións | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Resultado | Posición | XD | V | E | D | GF | GC | |
1992 | A UEFA non participou | ||||||||
1995 | Non se clasificou | ||||||||
1997 | |||||||||
1999 | |||||||||
2001 | |||||||||
2003 | |||||||||
2005 | |||||||||
2009 | Terceiro lugar | 3º | 5 | 4 | 0 | 1 | 11 | 4 | |
2013 | Subcampión | 2º | 5 | 3 | 1 | 1 | 15 | 4 | |
2017 | Non se clasificou | ||||||||
Total | Subcampión | 2/10 | 10 | 7 | 1 | 2 | 26 | 8 |
Spain's Confederations Cup record | |
---|---|
Primeiro xogos | España 5–0 Nova Zelandia (Rustenburg, Suráfrica; 14 de xuño de 2009) |
Maior vitoria | España 10–0 Tahití (Río de Xaneiro, Brasil; 20 de xuño de 2013) |
Maior derrota | Brasil 3–0 España (Río de Xaneiro, Brasil; 30 de xuño de 2013) |
Mallor resultado | Subcampión en 2013 |
Peor resultado | Terceiro lugar en 2009 |
Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Year | Round | Position | Pld | W | D* | L | GF | GA | ||
1920 | Medalla de prata | 2º | 5 | 4 | 0 | 1 | 9 | 5 | ||
1924 | Primeira rolda | 17º | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | ||
1928 | Cuartos de final | 6º | 3 | 1 | 1 | 1 | 9 | 9 | ||
1936 | Renuncia | |||||||||
1948 | Non se clasificou | |||||||||
1952 | ||||||||||
1956 | ||||||||||
1960 | ||||||||||
1964 | ||||||||||
1968 | Cuartos de final | 5º | 4 | 2 | 1 | 1 | 4 | 2 | ||
1972 | Non se clasificou | |||||||||
1976 | Fase de grupos | 13th | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 3 | ||
1980 | Fase de grupos | 10th | 3 | 0 | 3 | 0 | 2 | 2 | ||
1984 | Non se clasificou | |||||||||
1988 | ||||||||||
1992 | Medalla de Ouro | 1º | 6 | 6 | 0 | 0 | 14 | 2 | ||
1996 | Cuartos de final | 5º | 4 | 2 | 1 | 1 | 5 | 7 | ||
2000 | Medalla de Prata | 2º | 6 | 4 | 1 | 1 | 12 | 6 | ||
2004 | Non se clasificou | |||||||||
2008 | ||||||||||
2012 | Fase de grupos | 14º | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 2 | ||
2016 | Non se clasificou | |||||||||
2020 | 2 Medalla de Prata | 2º |
Encontros
[editar | editar a fonte]Encontros históricos
[editar | editar a fonte]Última convocatoria
[editar | editar a fonte]Os seguintes futbolistas foron convocados para disputar os partidos da Liga de Nacións 2022-23 fronte á Suíza e a Portugal os días 24 e 27 de setembro de 2022:
Dorsal | Nome | Posición | Idade | Partidos | Goles | Club |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Robert Sánchez | Porteiro | (26 anos) | 1 | 0 | ENG Brighton & Hove Albion F. C. |
13 | David Raya | Porteiro | (29 anos) | 1 | 0 | ENG Brentford F. C. |
23 | Unai Simón | Porteiro | (27 anos) | 27 | 0 | ESP Athletic Club |
2 | César Azpilicueta | Defensa | (35 anos) | 41 | 1 | ENG Chelsea F. C. |
3 | Eric García | Defensa | (23 anos) | 18 | 0 | ESP F. C. Barcelona |
4 | Pau Torres | Defensa | (27 anos) | 21 | 1 | ESP Villarreal C. F. |
12 | Hugo Guillamón | Defensa |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Máis participacións
[editar | editar a fonte]Ata o 27 de marzo de 2018, os xogadores con 50 ou máis participacións coa selección son:
Pos. | Nome | Período | Participacións | Goles |
---|---|---|---|---|
Iker Casillas | 2000-2016 | 167 | -93[11] | |
Sergio Ramos | 2005-presente | 150 | 14 | |
Xavi Hernández | 2000-2014 | 133 | 12 | |
Andoni Zubizarreta | 1985-1998 | 128 | -99[11] | |
Andrés Iniesta | 2006-presente | 124 | 14 | |
David Silva | 2006-presente | 119 | 35 | |
Xabi Alonso | 2003-2014 | 114 | 16 | |
Cesc Fàbregas | 2006-2016 | 110 | 15 | |
Fernando Torres | 2003-2016 | 110 | 38 | |
Sergio Busquets | 2009-presente | 102 | 2 | |
Raúl González | 1996-2006 | 102 | 44 | |
Carles Puyol | 2000-2012 | 100 | 3 | |
David Villa | 2005-presente | 98 | 59 | |
Gerard Piqué | 2009-presente | 96 | 3 | |
Fernando Hierro | 1989-2002 | 89 | 14 | |
José Antonio Camacho | 1975-1988 | 81 | 0 | |
Rafael Gordillo | 1978-1988 | 75 | 3 | |
Emilio Butragueño | 1984-1992 | 70 | 26 | |
Carlos Marchena | 2002-2011 | 69 | 2 | |
Luis Arconada | 1977-1985 | 68 | -63[11] | |
Míchel | 1985-1992 | 66 | 21 | |
Jordi Alba | 2011-presente | 62 | 8 | |
Luis Enrique | 1991-2002 | 62 | 12 | |
Miguel Ángel Nadal | 1991-2002 | 62 | 3 | |
Joan Capdevila | 2002-2011 | 60 | 4 | |
Víctor Muñoz | 1981-1988 | 60 | 3 | |
Julio Salinas | 1986-1996 | 56 | 22 | |
Santillana | 1975-1985 | 56 | 15 | |
Sergi Barjuan | 1994-2002 | 56 | 1 | |
Abelardo Fernández | 1991-2001 | 54 | 3 | |
Rafael Alkorta | 1990-1998 | 54 | 0 | |
Joseba Etxeberria | 1997-2004 | 53 | 12 | |
Míchel Salgado | 1998-2006 | 53 | 0 | |
31 | Joaquín | 2002-2007 | 51 | 4 |
David Albelda | 2001-2008 | 51 | 0 |
- En letra grosa, os xogadores en activo.
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]Ata o 27 de marzo de 2018, os xogadores con 10 ou máis goles coa selección española son:
Pos. | Xogador | Período | Goles | Xogos | Media |
---|---|---|---|---|---|
1 | David Villa | 2005-presente | 59 | 98 | 0,62 |
2 | Raúl González | 1996-2006 | 44 | 102 | 0,43 |
3 | Fernando Torres | 2003-presente | 38 | 98 | 0,32 |
David Silva | 2006-presente | 35 | 119 | 0,29 | |
4 | Fernando Hierro | 1989-2002 | 29 | 89 | 0,33 |
5 | Fernando Morientes | 1998-2007 | 27 | 47 | 0,57 |
6 | Emilio Butragueño | 1984-1992 | 26 | 69 | 0,38 |
7 | Alfredo Di Stéfano | 1957-1961 | 23 | 31 | 0,74 |
8 | Julio Salinas | 1986-1996 | 22 | 56 | 0,39 |
9 | Míchel | 1985-1992 | 21 | 66 | 0,32 |
10 | Telmo Zarra | 1945-1951 | 20 | 20 | 1,00 |
12 | Isidro Lángara | 1932-1936 | 17 | 12 | 1,42 |
13 | Luis Regueiro | 1927-1936 | 16 | 25 | 0,64 |
Pirri | 1966-1978 | 16 | 41 | 0,39 | |
15 | Santillana | 1975-1985 | 15 | 56 | 0,27 |
Xabi Alonso | 2003-presente | 15 | 102 | 0,15 | |
Andrés Iniesta | 2006-presente | 14 | 124 | 0,11 | |
17 | Luis Suárez | 1957-1972 | 14 | 32 | 0,44 |
18 | Estanislao Basora | 1949-1957 | 13 | 22 | 0,59 |
Julen Guerrero | 1993-2000 | 13 | 41 | 0,32 | |
20 | Joseba Etxeberria | 1997-2004 | 12 | 53 | 0,23 |
Luis Enrique | 1991-2002 | 12 | 62 | 0,19 | |
22 | László Kubala | 1953-1961 | 11 | 19 | 0,58 |
Alfonso | 1992-2000 | 11 | 38 | 0,29 | |
Amancio | 1962-1974 | 11 | 42 | 0,26 | |
26 | Poli Rincón | 1983-1986 | 10 | 23 | 0,43 |
Dani | 1977-1981 | 10 | 25 | 0,40 | |
Agustín Gaínza | 1945-1955 | 10 | 33 | 0,30 | |
Cesc Fàbregas | 2006- | 10 | 69 | 0,14 | |
Xavi Hernández | 2000-2014 | 10 | 115 | 0,09 |
- En letra grosa, os xogadores en activo.
Gañadores da Bota de Ouro de torneos oficiais
[editar | editar a fonte]- Eurocopa 1964: Jesús Pereda con 2 goles
- Eurocopa 2008: David Villa con 4 goles
- Eurocopa 2012: Fernando Torres - 3 goles
Gañadores do Mundial 2010
[editar | editar a fonte]Lista de xogadores convocados para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, no que España se proclamou campioa do mundo.
Tamén participaron na fase de clasificación: Iraola, Juanito, Monreal, Capel, Cazorla, Riera, Senna, Bojan, Güiza e Negredo.
Seleccionadores
[editar | editar a fonte]Actualizado o 11 de xuño de 2017.
Adestrador | Período | Xogos | PG | PE | PP | GF | GC | % PG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francisco Bru | 1920 | 5 | 4 | 0 | 1 | 9 | 5 | 80.00% |
Julián Ruete | 1921-1922 | 4 | 4 | 0 | 0 | 11 | 2 | 100.00% |
José Ángel Berraondo | 1921-1928 | 6 | 2 | 3 | 1 | 14 | 12 | 33.33% |
Manuel Castro González | 1921-1927 | 10 | 9 | 0 | 1 | 21 | 7 | 90.00% |
José María Mateos | 1922-1933 | 23 | 16 | 3 | 4 | 64 | 24 | 69.56% |
Salvador Díaz Iraola | 1922 | 1 | 1 | 0 | 0 | 4 | 0 | 100.00% |
Luis Argüello Brage | 1923 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 1 | 50.00% |
Pedro Parages | 1923-1924 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 1 | 33.33% |
José García Cernuda | 1923-1924 | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 0 | 50.00% |
Luis Colina Álvarez | 1924 | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | 50.00% |
José Rosich Rubiera | 1924 | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | 50.00% |
Julián Olave Videa | 1924 | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | 50.00% |
Fernando Gutiérrez Alzaga | 1925 | 3 | 3 | 0 | 0 | 6 | 0 | 100.00% |
Ricardo Cabot Montalt | 1925 | 2 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 100.00% |
Ezequiel Montero Román | 1926-1927 | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 5 | 75.00% |
Fred Pentland | 1929 | 1 | 1 | 0 | 0 | ? | ? | 100.00% |
Amadeo García Salazar | 1934-1936 | 12 | 6 | 2 | 4 | 30 | 15 | 50.00% |
Eduardo Teus López | 1941-1942 | 6 | 3 | 2 | 1 | 15 | 10 | 50.00% |
Jacinto Quincoces | 1945 | 2 | 1 | 1 | 0 | 6 | 4 | 50.00% |
Luís Casas Pasarín | 1946 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0.00% |
Pablo Hernández Coronado | 1947-1962 | 6 | 2 | 0 | 4 | 9 | 10 | 33.33% |
Guillermo Eizaguirre | 1948-1956 | 19 | 8 | 6 | 5 | 40 | 33 | 42.10% |
Félix Quesada | 1951 | 3 | 1 | 2 | 0 | 9 | 6 | 33.33% |
Luis Iceta | 1951 | 3 | 1 | 2 | 0 | 9 | 6 | 33.33% |
Paulino Alcántara | 1951 | 3 | 1 | 2 | 0 | 9 | 6 | 33.33% |
Ricardo Zamora | 1952 | 2 | 1 | 1 | 0 | 6 | 0 | 50.00% |
Pedro Escartín | 1952-1961 | 12 | 7 | 3 | 2 | 18 | 10 | 58.33% |
Luis Iribarren Cavanilles | 1953-1954 | 4 | 1 | 2 | 1 | 8 | 6 | 25.00% |
Ramón Melcón Bartolomé | 1955 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 3 | 0.00% |
José Luis del Valle | 1955 | 1 | 1 | 0 | 0 | 3 | 0 | 100.00% |
Emilio Jiménez Millas | 1955 | 1 | 1 | 0 | 0 | 3 | 0 | 100.00% |
Juan Touzón Jurjo | 1955 | 1 | 1 | 0 | 0 | 3 | 0 | 100.00% |
Manuel Meana | 1957-1959 | 12 | 7 | 3 | 2 | 35 | 16 | 58.33% |
José Luis Costa | 1959-1960 | 12 | 8 | 0 | 4 | 35 | 21 | 66.66% |
José Luis Lasplazas | 1959-1960 | 12 | 8 | 0 | 4 | 35 | 21 | 66.66% |
Ramón Gabilondo | 1959-1960 | 12 | 8 | 0 | 4 | 35 | 21 | 66.66% |
José Villalonga | 1962-1966 | 22 | 9 | 5 | 8 | 35 | 28 | 40.90% |
Domingo Balmanya | 1966-1968 | 11 | 4 | 3 | 4 | 11 | 9 | 36.36% |
Eduardo Toba | 1968-1969 | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 4 | 25.00% |
Luis Molowny | 1969 | 4 | 2 | 1 | 1 | 3 | 3 | 50.00% |
Salvador Artigas | 1969 | 4 | 2 | 1 | 1 | 3 | 3 | 50.00% |
Ladislao Kubala | 1969-1980 | 68 | 30 | 22 | 16 | 98 | 59 | 44.11% |
José Santamaría | 1980-1982 | 24 | 10 | 8 | 6 | 31 | 22 | 41.66% |
Miguel Muñoz | 1982-1988 | 63 | 32 | 16 | 15 | 104 | 60 | 50.79% |
Luis Suárez | 1988-1991 | 27 | 15 | 4 | 8 | 55 | 28 | 55.55% |
Vicente Miera | 1991-1992 | 8 | 4 | 2 | 2 | 11 | 7 | 50.00% |
Javier Clemente | 1992-1998 | 62 | 36 | 20 | 6 | 126 | 43 | 58.06% |
José Antonio Camacho | 1998-2002 | 44 | 28 | 9 | 7 | 105 | 37 | 63.63% |
Iñaki Sáez | 2002-2004 | 23 | 15 | 6 | 2 | 44 | 11 | 65.21% |
Luis Aragonés | 2004-2008 | 54 | 38 | 12 | 4 | 99 | 32 | 70.37% |
Vicente del Bosque | 2008- 2016 | 113 | 86 | 10 | 17 | 253 | 79 | 76,10% |
Julen Lopetegui | dende 2016 | 10 | 7 | 3 | 0 | 29 | 7 | 70,00% |
TOTAL[12] | 1920-2017 | 592 | 337 | 139 | 116 | 1149 | 554 | 56.93% |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Selección absoluta
[editar | editar a fonte]- Copa do Mundo de Fútbol (1): 2010
- Eurocopa (4): 1964, 2008, 2012, 2024
- Subcampión da Eurocopa (1): 1984
- Liga das Nacións da UEFA (1): 2022/23.
- Xogos Olímpicos
- Medalla de prata (1): 1920
Selección Sub-21
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Selección de fútbol sub-21 de España.
- Eurocopa Sub-21 (3): 1986, 1998, 2011
- Subcampión da Eurocopa Sub-21 (3): 1969, 1984, 1996
- Xogos Olímpicos
- Medalla de ouro (1): 1992
- Medalla de prata (1): 2000
Selección Sub-20
[editar | editar a fonte]- Copa do Mundo de Fútbol Sub-20 (1): 1999
- Subcampión da Copa do Mundo de Fútbol Sub-20 (2): 1985, 2003
- Xogos Mediterráneos (2): 2005, 2009
Selección Sub-19
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Selección de fútbol sub-19 de España.
- Campionato Europeo da UEFA Sub-19 (9): 1952, 1954, 1995, 2002, 2004, 2006, 2007, 2011, 2012
- Subcampión do Campionato Europeo da UEFA Sub-19 (4): 1957, 1964, 1996, 2010
Selección Sub-17
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Copa do Mundo de Fútbol Sub-17 (3): 1991, 2003, 2007
- Campionato Europeo Sub-17 da UEFA (2): 2007, 2008
- Subcampión do Campionato Europeo Sub-17 da UEFA (3): 2003, 2004, 2010
- Meridian Cup (3): 1999, 2001, 2003
- Subcampión da Meridian Cup (2): 1997, 2005
Selección Sub-16
[editar | editar a fonte]- Campionato Europeo Sub-16 da UEFA: (6): 1986, 1988, 1991, 1997, 1999, 2001
- Subcampión do Campionato Europeo Sub-16 da UEFA (2): 1992, 1995
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Equipo do Ano da FIFA (6): 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013[13]
- Premio Príncipe de Asturias dos Deportes (1): 2010[14]
- Premio Laureus ao Mellor Equipo do Mundo (1): 2011[15]
Uniforme e escudo
[editar | editar a fonte]A selección española adoptou coma a súa cor o vermello dende os seus comezos en 1920 e, pese a que se modificou ao branco e ao azul polos motivos políticos que se vivían en España durante a guerra civil española, foi sempre a súa seña de identidade que incluso lle deu unha denominación pola que é coñecida, «La Roja».[16]
A cor foi elixida polo entón presidente do Comité Olímpico Español (COE), Gonzalo de Figueroa y Torres, Marqués de Villamejor, con motivo dos Xogos Olímpicos de 1920 a disputar en Anveres e conformaría, xunto a un león rampante en amarelo, as cores da bandeira española.[n 1] O motivo de elixir a figura no lugar dunja franxa —tal cal é a bandeira— foi moi meditado. Os xogos disputaríanse en Anveres, antiga provincia do Ducado de Brabante, no pasado posesión de España, do que se tomou a súa bandeira —un león amarelo sobre fondo negro—. Dita heráldica, presente tamén no escudo persoal do monarca Afonso XIII polo citado histórico Ducado dos Países Baixos dos Habsburgo, pertencentes á coroa española, sería a imaxe dos deportistas españois na cita olímpica. Completando o uniforme, levarían úns calzóns brancos e medias negras.[17]
O uniforme sufriu cambios significativos con motivo da guerra civil española. A situación do país, dividido entre o bando republicano e o bando sublevado, fai que se abandone a cor vermella por motivos políticos. España vestiu de cor branca na zona nacional, única zona que permitía entón no país enfrontamentos futbolísticos. Con el, xogou fronte á selección portuguesa en varios encontros, ademais de co escudo do xugo e as frechas do bando sublevado. Á finalización da Guerra Civil, na que resultaron victoriosos os sublevados, a camisola pasou a ser de cor azul, xa que o vermello era a cor que identificaba ao derrotado bando republicano. Así se mantivo ata que, en 1947, o Xeneral Moscardó, entón Delegado Nacional de Deportes, repuxo á selección a primixenia camiseta vermella que deixaría ao azul coma o uniforme de reserva. Ambas cores xa se manterían, salvo pequenas variacións, hata a actualidade. O escudo foi evolucionando polo mesmo motivo hata que, a partir de 1981, se tomou o escudo de España como heráldica.[18] Porén, a partir da Eurocopa de 1996, o escudo da camiseta da selección española quedou deseñado cun importante erro ao incluír o escusón da Casa Borbón francesa en lugar do da Casa de Borbón de España, diferenciados estes na cor da bordura.[19] Jaime Salazar, historiador especializado en heráldica, avisou á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) do erro en agosto de 2010 e, posteriormente, Adidas recoñecería o seu erro no deseño. En 2013, con motivo da disputa do Mundial ao ano seguinte, a RFEF cambiou o escudo e introducíu algúns retoques que correxían parte deses erros; púxose a flor de lis correcta, cambiouse a coroa da esquerda e modificouse a granada para que deixara de parecer un tulipán. Porén, outros erros coma as bases dos capiteis, as cadeas de Navarra e a coroa da columna dereita permaneceron na camiseta.[20] En marzo de 2021, a RFEF presentou un novo deseño do escudo da selección.[21]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Documental TVE (1971), «Historia de la selección nacional de fútbol, “30 años de goles” (1940-1970)» en rtve.es
- Documental TVE (1986), «Historia de la selección nacional de fútbol, “De la posguerra al Mundial de 1962” (1940-1962)» en rtve.es
- Película-documental (2009), «El alma de La Roja (1920-2008)» en rtve.es
- Película-documental (2012), «¡Campeones! La Roja (2008-2012)» en mitele.es
- Documental TVE (2014), «De Naranjito a La Roja (1982-2014)» en rtve.es
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Goldblatt, David (2008). The Ball Is Round: A Global History of Soccer (en inglés). Penguin. ISBN 1594482969.
- Martínez Calatrava, Vicente. Historia y estadística del fútbol español. ISBN 978-84-607-5701-6.
- Martialay, Félix. Todo sobre la selección española. ISBN 84-85977-99-8.
- Martialay, Félix. Todo sobre todas las selecciones. ISBN 84-935390-2-3.
- VV.AA (2008). Guía Marca de la Liga 09. Unidad Editorial. ISSN 1575-4707.
- Especial de Marca 100 partidos de la selección española
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Querían diferenciarse do escudo belga —león amarelo en fondo negro—, polo que se adoptou a cor vermella da bandeira española completada polo león amarelo.
- ↑ European football database (ed.). "Statistics – Most-capped players". Consultado o 9 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Euro 2012: Are Spain the best team of all time?". BBC (en inglés). 2 de xullo de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ "Klinsmann: Spain win over Italy would make them team of century". BBC (en inglés). 29 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ Pitt-Brooke, Jack (3 de xullo de 2012). "The greatest team of all time: Brazil 1970 v Spain 2012" (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ "Why this Spain side is all-time best" (en inglés). 1 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ 20 minutos. "España proclámase campioa de Europa". Consultado o 29 de xuño de 2008.
- ↑ Marca. "España alcanza por primeira vez o número un do ranking FIFA". Consultado o 2 de xullo de 2008.
- ↑ El Mundo. "O inspirador da "furia española" foi un vasco". Consultado o 27 de xuño de 2008.
- ↑ "Nace a Furia Vermella". Consultado o 27 de xuño de 2008.
- ↑ Mateo, M.A. (1 de xuño de 2010). "O porqué de 'la Roja'". El Mundo. Consultado o 1 de xuño de 2010.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Goles encaixados
- ↑ O total corresponde aos encontros xogados pola selección, non coincidindo coas sumas da táboa posto que varios seleccionadores compartiron cargo e xa que logo estatísticas.
- ↑ FIFA. "España conquista por terceira vez consecutiva o título de Equipo do Ano". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ Marca. "A selección española, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes". Consultado o 7 de setembro de 2010.
- ↑ Premios Laureus. "Spain Football Team: Laureus World Team of the Year 2011" (en English). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2011.
- ↑ "El porqué de 'la Roja'". El Mundo.es. 31 de maio de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2013.
- ↑ Origen del uniforme español. Por Fernando Arrechea Rivas, miembro de la ISOH (International Society of Olympic Historians), del CIHEFE (Centro de Investigaciones de Historia y Estadística del Fútbol Español) y de la AEEA (Asociación Española de Estadísticos de Atletismo).
- ↑ "Error heráldico en el escudo que luce la Selección". As.com. 16 de xuño de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2012.
- ↑ "Eurocopa 2012: Veinte años con el escudo equivocado en la camiseta de España". ABC (en castelán). Vocento. 25 de xuño de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "El escudo de la camiseta 'republicana' de España mantiene graves errores". El Economista (en castelán). 8 de novembro de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ "La Federación estrena logotipo y la selección, escudo". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de España |