Pedro Rodríguez Ledesma
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) Pedro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Pedro Eliezer Rodríguez Ledesma 28 de xullo de 1987 (37 anos) Santa Cruz de Tenerife, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 169 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Terceira División Española, Segunda Federación, Primeira División Española, Premier League e Lega Calcio Serie A | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2013 | Copa Confederacións Brasil 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pedro Rodríguez Ledesma, máis coñecido como Pedro ou Pedrito, nado en Santa Cruz de Tenerife o 28 de xullo de 1987, é un futbolista canario. Xoga de dianteiro para a SS Lazio da Serie A italiana. É o único xogador da historia do fútbol que conseguiu marcar polo menos un gol nas seis competicións oficiais de clubs durante unha mesma tempada: Liga, Copa do Rei, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs durante o ano 2009. Este logro alcanzouno o 16 de decembro de 2009 ao marcar un dos goles do seu equipo no Mundial de Clubs de Abu Dabi durante a semifinal contra o Atlante de México, e na final contra o Estudiantes LP da Arxentina, gol que serviu para provocar a prórroga do partido, no minuto 89.[1]
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Naceu en Santa Cruz de Tenerife. Coñecido nos seus inicios co alcume de Pedrito, formouse nas categorías inferiores do CD San Isidro. A tempada 2003-04 empezou a destacar co equipo xuvenil, anotando 24 goles na liga da categoría. Ese mesmo ano chegou a debutar co primeiro equipo en Terceira División, a pesar de ter só 16 anos. Ao termo da tempada, en agosto de 2004, e tras participar no Torneo Xuvenil de Adeje, foi descuberto polos observadores do FC Barcelona, que decidiron incorporalo aos xuvenís do club azulgrana.[3]
FC Barcelona
[editar | editar a fonte]Co equipo xuvenil do FC Barcelona foi campión de liga na tempada 2006-07 e de Copa en 2007 -anotando un gol na final-. Tras pasar polo desaparecido Barcelona C, e tras a desaparición deste, na tempada 2007-08 saltou ao Barcelona B, ás ordes de Pep Guardiola, onde logrou o campionato de Terceira División e o ascenso de categoría. A súa chegada ao segundo equipo foi avalada polo propio Guardiola e Juan Carlos Pérez Rojo, o seu adestrador en xuvenís, cando parecía que o seu futuro era irse cedido ao Racing Club Portuense.
O seu debut co primeiro equipo do Barcelona foi o 11 de setembro de 2007, con motivo da final da Copa Catalunya, na que os azulgrana caeron ante o Gimnàstic de Tarragona.[4]
O 12 de xaneiro de 2008 entrou na convocatoria do FC Barcelona - Real Murcia, tras unha lesión de última hora de Santiago Ezquerro,[5] e ese mesmo día debutou en Primeira División, substituíndo a Samuel Eto'o nos tres últimos minutos do partido, cando os azulgrana dominaban por catro goles a cero.
A tempada 2008-09 o novo técnico, Pep Guardiola, convocoulle para realizar a pretemporada co primeiro equipo en terras escocesas,[6] onde logrou o seu primeiro gol coa camiseta azulgrana, nun encontro amigable[7] A partir do stage en Escocia o club cambioulle o seu diminutivo "Pedrito" polo seu nome "Pedro" na serigrafía das camisetas.
Pouco despois, o día 13 de agosto de 2008, debutou como titular nun encontro da eliminatoria previa da Liga de Campións da UEFA, contra o Wisła Cracovia.
Esa tempada xogaríaa dacabalo entre o primeiro equipo, onde tivo 13 aparicións, e o Barça Atlètic en Segunda B, onde foi un dos xogadores máis importantes para o adestrador Luís Enrique, con 27 aparicións.
Foi convocado para a final da Liga de Campións da UEFA disputada en Roma entre o FC Barcelona e o Manchester United. Substituíu a Andrés Iniesta no 92 xogando así os últimos minutos do tempo de desconto.
O 16 de agosto de 2009 anotou o seu primeiro gol oficial coa camiseta do primeiro equipo, convertendo o segundo gol do Barça na ida da Supercopa de España, fronte ao Athletic de Bilbao en San Mamés, finalizando o partido co resultado de 1-2.[8] Esa mesma semana asinou o seu primeiro contrato profesional que lle vinculaba ao primeiro equipo blaugrana ata xuño de 2014 e cunha cláusula de rescisión de 75 millóns de euros.[9]
O 29 de agosto de 2009, no minuto 26 do segundo tempo extra (116 tempo corrido) anotou o gol, a pase de Messi, que lle deu o título de campión da Supercopa de Europa ao FC Barcelona.
O 29 de setembro de 2009 anotou o seu primeiro gol en Liga de Campións no minuto 76 ante o FK Dynamo Kyiv, o cal deulle a vitoria ao FC Barcelona por 2-0.
O 19 de decembro de 2009 contribuíu na vitoria do Barça ao lograr o empate no minuto 89 ante Estudantes de La Plata na final da Copa Mundial de Clubs da FIFA realizada en Abu Dabi, a que gañaría o equipo blaugrana no tempo extra grazas a un gol co peito de Lionel Messi.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 20 de maio de 2010 Pedro foi convocado por primeira vez para a selección absoluta por Vicente del Bosque, para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010.[10]
Debutou coa selección o 29 de maio de 2010 fronte a Arabia Saudita nun partido amigable de preparación de face ao Mundial 2010 que finalizou coa vitoria de España por 3-2[11], e conseguiu o seu primeiro gol como internacional noutro amigable preparatorio para o mundial surafricano disputado contra Polonia, o 8 de xuño de 2010 na Nueva Condomina de Murcia, un tanto que significou o 6 a 0 na vitoria da selección española fronte aos polacos[12].
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Clubs
[editar | editar a fonte]Estatísticas
[editar | editar a fonte]Actualizado a 15 de maio de 2010.
Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Outras | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
Barcelona B | 2006–07 | 1 | 0 | - | - | - | - | - | - | 1 | 0 |
2007–08 | 37 | 7 | - | - | - | - | - | - | 37 | 7 | |
2008–09 | 17 | 10 | - | - | - | - | - | - | 17 | 10 | |
Total | 55 | 17 | - | - | - | - | - | - | 55 | 17 | |
Barcelona | 2007–08 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 2 | 0 |
2008–09 | 6 | 0 | 3 | 0 | 5 | 0 | - | - | 14 | 0 | |
2009-10 | 34 | 12 | 4 | 3 | 9 | 4 | 5 | 4 | 49 | 22 | |
Total | 40 | 12 | 7 | 3 | 14 | 4 | 5 | 4 | 65 | 22 | |
Total Carreira | 95 | 28 | 7 | 3 | 14 | 4 | 5 | 4 | 121 | 39 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Don Pedro e o seu histórico pleno goleador - MARCA.com".
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ El Día. ""Estou moi ilusionado con xogar no FC Barcelona"". Arquivado dende o orixinal o 16-01-2011. Consultado o 13-4-2008.
- ↑ Marca. "O Barça perde a Copa Catalunya ante o Nàstic". Consultado o 13-4-2008.
- ↑ As (12-1-2008). "O dianteiro do filial Pedrito substitúe a Ezquerro na convocatoria". Consultado o 14-1-2008.
- ↑ Diario de Avisos (12-7-2008). "Pep Guardiola confirma a Pedrito e Jeffren". Consultado o 29-7-2008.
- ↑ El Periódico de Cataluña (25-7-2008). "O Barça de Guardiola arroia a un débil Hibernian (0-6) e estréase cun xogo esperanzador". Arquivado dende o orixinal o 13-09-2019. Consultado o 29-7-2008.
- ↑ SPORT.es. "Primeiro gol oficial de Pedro co Barça". Consultado o 16-8-2009.
- ↑ "Pedrito xa é Pedro: 75 millóns de cláusula". elmundo.es. 20 de agosto de 2009.
- ↑ "Valdés, Pedro, Javi Martínez e Llorente, as sorpresas da lista para o Mundial - Deportes - Fútbol - Marca.com".
- ↑ "España gañou (3-2)". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2010.
- ↑ A racha goleadora de Pedro trasládase a La Roja
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Pedro no sitio web do FC Barcelona
- Sport - Pedrito: Cambio de chip para pasar de Terceira a Primeira nunhas horas (14/1/2008) (en castelán)
- "A Pedrito, ni tocarlo" - elpais.com (1/9/2009) (en castelán)
- Entrevista a Pedro - elmundodeportivo.es (3/11/2009) (en castelán)
- uefa.com - Pedro, factoría de Guardiola Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine. (10/04/2010) (en castelán)
- PR17, o rapaz exemplar para Guardiola - elpais.com (12/04/2010) (en castelán)
- Nados en 1987
- Nados en Santa Cruz de Tenerife
- Futbolistas das Canarias
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona C
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial