Raúl Albiol
![]() (2019) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Raúl Albiol Tortajada ![]() 4 de setembro de 1985 ![]() Vilamarxant, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Copa Confederacións Suráfrica 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Miguel Albiol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | José Luis Albiol Balaguer, tío ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Raúl Albiol Tortajada, nado en Vilamarxant (Valencia) o 4 de setembro de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o SSC Napoli.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O seu tío é José Luis Albiol Balaguer que tamén foi futbolista profesional. Do mesmo xeito que o seu irmán Miguel Albiol que é futbolista do Real Murcia, formouse nas categorías inferiores do Ribarroja CF[2], ata que foi fichado polo Valencia CF para a súa canteira de fútbol base. Debutou co primeiro equipo o 24 de setembro de 2003 con dezaoito anos acabados de cumprir nunha eliminatoria da Copa da UEFA ante o AIK Solna, tempada na que o Valencia CF resultou campión do torneo. Porén seguiu formando parte do persoal do CD Mestalla, filial do Valencia CF.
Getafe CF
[editar | editar a fonte]Para adquirir experiencia en Primeira División foi cedido ao Getafe CF na tempada 2004-2005. O 2 de agosto do 2004,[3] durante a viaxe a Xetafe sufriu un accidente de circulación polo que tivo que ser intervido tras lle diagnosticar politraumatismos dorsal e lumbar, e un derramo interno que obrigou á extirpación do bazo,[4] ademais estivo durante un tempo en coma. Porén, a cesión asinouse e aínda que se chegou a temer pola súa carreira profesional debutou na liga catro meses despois do accidente.
Isto foi debido a que o seu adestrador, Quique Sánchez Flores, sempre confiou nel e, cando fichou polo Valencia CF, esixiu o retorno de Albiol ao seu club de orixe.
Valencia
[editar | editar a fonte]Os inicios de Albiol no Valencia CF foron duros xa que a súa posición natural no equipo che ocupábana dous xogadores da calidade de Albelda e Baraja polo que o técnico o aliñou como lateral dereito. Aínda que cumpría correctamente a súa misión notábaselle estraño na súa nova posición ata que Quique Flores o recolocou como central, posto do que non se moveu desde entón.
O 25 de abril de 2006 anunciaba a súa renovación co Valencia CF ata o 2011. O Real Madrid estivo moi interesado en facerse cos seus servizos, pero o xogador preferiu renovar polo Valencia CF a pesar de que a oferta merengue era moi superior.[5] Posuía unha cláusula de rescisión de 60 millóns de euros. Na tempada 2006-2007, ata os cuartos de final da Liga de Campións, disputou todos os minutos cunha actuación impresionante nos oitavos de final contra o Inter de Milán, onde o Valencia CF pasou de rolda.
Terminou a tempada 2006-07 sendo titular indiscutible e sendo o xogador que máis minutos tivo entre as competicións da Liga, a Copa do Rei e a Liga de Campións nas demarcacións de central e mediocentro defensivo.
Real Madrid
[editar | editar a fonte]En xuño de 2009 fichouno o Real Madrid pola cifra de 15 millóns de euros, como parte do proxecto do novo presidente Florentino Pérez, que regresou á presidencia do Real Madrid o 1 de xuño de 2009.
O xoves 2 de xullo reallizouse a súa presentación no Estadio Santiago Bernabéu ás 21.00 horas ante unhas 9.000 persoas. Raúl recibía a camiseta co dorsal 18, número que levou Rubén de la Red, declarando Raúl que se aquel volvese outra vez ao equipo, devolveríalle o dorsal.
O primeiro gol coa camiseta do Real Madrid anotouno nun encontro de Liga de Campións fronte ao Olympique de Marsella o 8 de decembro de 2009 adiantando ao conxunto branco 1-2. O partido finalizaría 1-3 a favor do conxunto merengue. [6]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Tras ser internacional sub-21, o 5 de outubro de 2007 é chamado por primeira vez para unha convocatoria coa selección española para disputar un partido da fase de clasificación da Eurocopa 2008.[7] Debuta o 13 de outubro de 2007 no partido contra Dinamarca en Aarhus (Dinamarca), con resultado 1-3 a favor dos españois.
O 14 de xuño de 2008 debuta nunha fase final da Eurocopa ao substituír a Carles Puyol no partido que España gañou a Suecia por un resultado de 2-1. Posteriormente xogaría de titular no último encontro da fase de grupos ante Grecia, partido que concluiría con vitoria española por 2 a 1.
O 29 de xuño de 2008 no Estadio Ernst Happel de Viena, Albiol proclamaríase xunto aos seus compañeiros de selección campión da Eurocopa 2008.
En 2010, o 11 de xullo, proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Participacións en Eurocopas
[editar | editar a fonte]Eurocopa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Eurocopa 2008 | Austria e Suíza | Campión |
Participacións en Copas das Confederacións
[editar | editar a fonte]Copa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa FIFA Confederacións 2009 | Suráfrica | Terceiro |
Participacións en Copas do Mundo
[editar | editar a fonte]Copa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol de 2010 | Suráfrica | Campión |
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Tempadas |
---|---|---|
Valencia B | España | 2003-2004 |
Getafe CF | España | 2004-2005 |
Valencia CF | España | 2005-2009 |
Real Madrid CF | España | 2009-2013 |
SSC Napoli | Italia | 2013- |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa Sub-19 | Selección sub-19 | España | 2004 |
Copa da UEFA | Valencia CF | España | 2004 |
Eurocopa | Selección nacional | España | 2008 |
Copa Mundial de Fútbol | Selección nacional | España | 2010 |
(*) Incluíndo a Selección
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ ribarrojacf.com. "Historia do Ribarroja Club de Fútbol".[Ligazón morta]
- ↑ Diario Marca (24-6-2009). "Da traxedia a campión de Europa" (en español). Marca.com. Consultado o 24-6-2009.
- ↑ Diario AS (24-6-2009). "Sangre nova e española para a zaga do Real Madrid" (en español). As.com. Consultado o 24-6-2009.
- ↑ "El Periódico de Aragón - Os soldos de luxo dos sub-21 (08 de xullo de 2006)". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 03 de xuño de 2010.
- ↑ "Real Madrid. O primeiro gol de Albiol co Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de xuño de 2010.
- ↑ "Albiol cumple su sueño y debutará con la selección". abc (en castelán). 2007-10-06. Consultado o 2021-03-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Albiol en www.lfp.es Arquivado 31 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- Diario Levante - Entrevista (6 de outubro de 2007) Arquivado 30 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Real Madrid CF
- Nados en 1985
- Nados en Vilamarxant
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial