Eurocopa de Fútbol de 2012
Tipo | Eurocopa de Fútbol |
---|---|
Mascota | Slavek and Slavko (en) |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Polonia Ucraína |
Intervalo de tempo | 8 de xuño de 2012 – 1 de xullo de 2012 |
Número de edición | 14 (2012) |
Competición | |
Primeiro posto | España (3º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 |
Goles | 76 |
Máis goles marcados | Mario Mandžukić↔ Croacia (3) |
Máis goles marcados | Fernando Torres↔ España (3) |
Máis goles marcados | Mario Gómez↔ Alemaña (3) |
Máis goles marcados | Alan Dzagoev↔ Rusia (3) |
Máis goles marcados | Mario Balotelli (pt) ↔ Italia (3) |
Máis goles marcados | Cristiano Ronaldo↔ Portugal (3) |
Xogador máis valioso | Andrés Iniesta |
Número de espectadores | 1.440.896 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.
A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Elección da sede
[editar | editar a fonte]Polonia e Ucraína postularon ser sedes antes do 1 de febreiro de 2005 xunto a outras sete candidaturas: Acerbaixán, Croacia xunto a Hungría, Grecia, Italia, Romanía, Rusia e Turquía. Francia, que avaliara unha candidatura, finalmente non a presentou para evitar problemas coa candidatura de París aos Xogos Olímpicos de 2012. O 22 de xullo dese ano, a UEFA descartou as candidaturas azerí, romanesa e rusa. As candidatas restantes presentaron os seus detalles a través de diversos informes á UEFA, a cal en base a elas tomou a decisión de reducir o proceso a só tres candidaturas. O 8 de novembro de 2005, Grecia e Turquía foron excluídas.
A candidatura de Polonia e Ucraína enfrontaba diversos problemas, xa que ningún dos dous países organizara antes un evento importante de fútbol nin ningún tampouco algún evento deportivo internacional como países aliados. Con todo, o 85,4% dos ucraínos e o 66,8% dos polacos apoiaban a candidatura das súas nacións ao momento da elección.
A falta de infraestrutura[1] necesaria para o desenvolvemento do torneo foi un dos principais problemas que enfrontou a candidatura. Exemplo diso foi que os delegados da UEFA manifestaron publicamente a súa preocupación polo mal estado da estrada entre Gdansk e Lviv, e que catro dos estadios principais aínda se mantiñan como proxectos a comezos de 2007. A isto sumouse unha grave crise no fútbol polaco trala detención de sesenta árbitros por corrupción e a cancelación dun torneo por parte do Ministro de Deportes. A intervención da política en temas deportivos foi fortemente sancionada por parte da FIFA e a Asociación Polaca de Fútbol arriscouse mesmo á suspensión dos seus encontros internacionais.
A pesar diso, Polonia-Ucraína foi elixida o 18 de abril de 2007[2] pola UEFA na reunión realizada na cidade galesa de Cardiff, converténdose na terceira ocasión en que o torneo é organizado por dous países -trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos e a Eurocopa 2008 organizada por Austria e Suíza- e a primeira de cada un dos devanditos países. Descartábase así ás outras dúas candidaturas finalistas, tras unha votación resolta por maioría absoluta. Os gañadores obtiveron oito votos, Italia, que era a gran favorita só obtivo catro votos, e a outra candidatura conxunta formada por Croacia e Hungría non conseguiu ningún apoio.
Atrasos na construción
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini[3] fixo un chamamento aos organizadores en relación coa posta a piques dos estadios da Eurocopa. Mesmo se chegou a propor Escocia como organizador da Eurocopa 2012 no caso de que Ucraína e Polonia non cumprisen cos prazos de construción e mellora das súas infraestruturas, o cal foi confirmado máis tarde pola Asociación Escocesa de Fútbol. Con todo, en xuño de 2008 a UEFA asegurou que non había "ningún plan B en termos de novos países" organizadores. En xullo de 2011, a un ano da celebración do torneo, a UEFA organizou unha visita de inspección polas sedes da Eurocopa encabezada polo vicepresidente Gianni Infantino. Tras os avisos anteriores, as autoridades políticas de cada país lograron avanzar na construción e mellora dos estadios. Os máis atrasados, o Estadio Olímpico de Kíiv e o Estadio de Lviv, foron inaugurados en outubro dese mesmo ano (o 8 e o 29 de outubro respectivamente).
Organización
[editar | editar a fonte]A desconfianza ante a elección de Polonia e Ucraína como sedes da Eurocopa 2012 pareceron ter sustento co lento avance das obras de construción dos estadios que albergarán o evento. A finais de xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini, advertiu aos organizadores dos posibles problemas, e mesmo xurdiron rumores respecto de que Escocia, Alemaña ou Hungría poderían asumir a organización no caso de que Polonia e Ucraína non puidesen completalas. A Primeira Ministra de Ucraína, Iulia Timoshenko, saíu a apoiar ao seu país, anunciando que confiaba en que os proxectos estarían listos ao seu debido tempo. Con todo, ps membros do comité organizador dubidaban de que a renovación do Estadio Olímpico de Kíiv estivese a tempo.
Aínda que a UEFA mencionou en xuño de 2008 que non existían plans para realizar a Eurocopa 2012 fóra dos dous países eslavos, Platini decidiu avaliar a situación no Congreso Executivo da UEFA en outubro. Días antes de dita reunión, o goberno polaco suspendeu as actividades da Asociación Polaca de Fútbol (PZPN) e colocou a un administrador interino, ante o cal a UEFA anunciou que dita intromisión podía provocar a suspensión da súa afiliación á FIFA e automaticamente o dereito de organización do evento.
Aínda que finalmente a situación resolveuse, os efectos da crise económica de 2008 puxeron novamente en cuestión a capacidade da organización de finalmente completar a infraestrutura necesaria, incluso xerando dúbidas por parte de Evhen Chervonenko, director do comité organizador ucraíno, quen mencionou que aínda que os estadios e aeroportos estarían en condicións, a falta de liquidez conxelou a construción do 80% dos hoteis necesarios para organizar o torneo. O ministro ucraíno de transportes renunciou ao seu cargo polo pouco apoio do estado á realización da Eurocopa no seu país. En abril de 2010, Platini deu un ultimato de dous meses a Ucraína para que ofreza garantías de que terminará a tempo os seus preparativos de infraestruturas e estadios para a Eurocopa.
Sedes
[editar | editar a fonte]Varsovia | Poznań | Gdańsk | Wrocław |
---|---|---|---|
Stadion Narodowy Capacidade: 58.145 |
Estadio Municipal Capacidade: 41.609 |
PGE Arena Capacidade: 42.105 |
Estadio Municipal Capacidade: 42.771 |
Kíiv | Khárkiv | Donetsk | Lviv |
Estadio Olímpico Capacidade:69.055 |
Estadio Metalist Capacidade: 35.721 |
Donbass Arena Capacidade: 50.055 |
Arena Lviv Capacidade: 34.915 |
Cada estadio seleccionado albergou tres partidos da fase de grupos, mentres que Varsovia e Kíiv contaron co partido de inauguración e a final, respectivamente. Ambas cidades serán ademais sedes das semifinais e de dous partidos de cuartos de final, con Gdansk e Donetsk como cidades organizadoras dos partidos restantes. A assitencia final total foi de 1 440 896 espectadores, o que fai unha media de 46.481 por partido.
As entradas para a UEFA EURO 2012 puxéronse á venda na primavera de 2011. Houbo entradas para un só partido así como paquetes para cada unha das 16 seleccións participantes. Ademais, puxéronse á venda localidades para persoas con problemas de visión ou que utilicen cadeira de rodas. Os seguintes estadios tamén foron considerados, mais finalmente non foron escollidos pola reunión da UEFA o 13 de maio de 2009.
Cidade | Poboación | Estadio | Capacidadee |
---|---|---|---|
Chorzów | 113.162
|
Stadion Śląski | 60.000
|
Cracovia | 756.267
|
Stadion Miejski | 35.000
|
Dnipropetrovsk | 1 002 950
|
Dnipro Arena | 31.000
|
Odesa | 1 006 242
|
Estadio Chornomorets | 34.362
|
Centros de formación
[editar | editar a fonte]Os centros de formación de cada equipo, é dicir, o seu centro de aloxamento e adestramento, son o destino inicial para tódolos equipos á súa chegada a Polonia e Ucraína, dende onde viaxarán aos respectivos estadios nos que se celeabrará o torneo. As localizacións foron elixidas a partir dunha lista inicial de trinta e oito puntos posibles, vinte e un en Polonia e dezasete en Ucraína. A partir desa listaxe inicial cada unha das dezaseis federación clasificadas elixiu o seu lugar en 2011, finalmente trece polacos e tres ucraínos:
Polonia | |
---|---|
Selección | Cidade |
Alemaña | Gdańsk |
Croacia | Warka |
Dinamarca | Kołobrzeg |
España | Gniewino |
Grecia | Jachranka |
Inglaterra | Cracovia |
Irlanda | Sopot |
Italia | Cracovia |
Países Baixos | Cracovia |
Polonia | Varsovia |
Portugal | Opalenica |
República Checa | Wrocław |
Rusia | Varsovia |
Ucraína | |
Francia | Donetsk |
Suecia | Koncha-Zaspa |
Ucraína | Kíiv |
Árbitros
[editar | editar a fonte]A UEFA convocou a doce árbitros pertencentes a países membros para a súa desempeño durante esta Eurocopa. A cada un a organización designou dous asistentes da mesma federación para así asegurar que o trío de árbitros teña coñecemento e experiencia entre eles. A maioría dos xuíces tiveron experiencia en torneos como a Liga de Campións da UEFA, e mesmo algúns participaron no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, como é o caso do inglés Howard Webb quen arbitrou a final.
Federación | Árbitro | Asistentes | |
---|---|---|---|
Alemaña | Wolfgang Stark | Jan-Hendrik Salver | Mike Pickel |
Escocia | Craig Alexander Thomson | Alasdair Ross | Derek Rose |
Eslovenia | Damir Skomina | Primoz Arhar | Marko Stancin |
España | Carlos Velasco Carballo | Roberto Alonso Fernández | Juan Carlos Yuste Jiménez |
Francia | Stéphane Lannoy | Eric Dansault | Frédéric Cano |
Inglaterra | Howard Webb | Michael Mullarkey | Peter Kirkup |
Italia | Nicola Rizzoli | Renato Faverani | Andrea Stefani |
Hungría | Viktor Kassai | Gabor Eros | György Ring |
Portugal | Pedro Proença | Bertino Cunha Miranda | Ricardo Jorge Ferreira Santos |
Países Baixos | Bjorn Kuipers | Sander Van Roekel | Erwin Zeinstra |
Suecia | Jonas Eriksson | Stefan Wittberg | Mathias klasenius |
Turquía | Cüneyt Çakır | Bahattin Duran | Tarık Ongun |
Símbolos
[editar | editar a fonte]Slavek e Slavko
[editar | editar a fonte]Slavek e Slavko son os nomes das mascotas oficiais do campionato. Son dous xemelgos cun peiteado estilo punk coas cores de Polonia, a branca e a vermella, e da Ucraína, a azul e a amarela. No peito levan os números 20 e 12, polo ano no que se celebrará o torneo. A imaxe das mascotas foi presentada ao público o 16 de novembro de 2010, xusto o mesmo día que se abriu unha votación online para elixir o nome. Os resultados da votación foron:
- Slavek e Slavko (56% dos votos)
- Siemko e Strimko (29% dos votos)
- Klemek e Ladko (15% dos votos)
Tango 12
[editar | editar a fonte]O "Adidas Tango 12" é o balón oficial da Eurocopa. Foi presentado o 2 de decembro durante os sorteo dos grupos do campionato en Kíiv. O Tango 12, supón a cuarta encarnación da icónica serie de balóns Tango, o cal foi o balón oficial do Mundial da Arxentina 1978. O seu deseño é clásico, con debuxos representando as bandeiras de Polonia e de Ucraína.
Logo e lema
[editar | editar a fonte]O logotipo oficial para o torneo foi presentado nun evento especial na Praza de Mykhailivska, Kíiv, o 14 de decembro de 2009. O seu deseño está baseado no Wycinanki, unha arte tradicional de cortado de papel en Polonia e zonas rurais de Ucraína. Esa forma artística do logo simboliza a natureza das áreas rurais de ambos países. Como parte do evento, os edificios máis emblemáticos das oito cidades sede ilumináronse co logo do torneo.
O lema da competición, "Creando historia xuntos" (en polaco: Razem tworzymy przyszłość, en ucraíno: Творимо історію разом, Tvorymo istoriyu razom), foi anunciado xunto co logotipo. O lema reflicte o feito de que Polonia e Ucraína representan os países organizadores máis orientais da historia da Eurocopa.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O sorteo da fase de clasificación tivo lugar no Palacio de Cultura e Ciencias de Varsovia onde participaron como "embaixadores" futbolísticos dos dous países organizadores os polacos Zbigniew Boniek e Andrzej Szarmach e os ucraínos Oleg Blokhin e Andriy Shevchenko.
A competición nos grupos da clasificación para a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, países xa clasificados como organizadores, comezou o 3 de setembro de 2010 e finalizou o 11 de outubro de 2011. Os líderes de grupo e o mellor segundo clasificáronse directamente á fase final da Eurocopa, mentres que os oito segundos restantes enfrontáronse en catro partidos de ida e volta para decidir os catro últimos participantes. Estes partidos foron xogados o 11 e o 15 de novembro de 2011.
Lista de participantes
[editar | editar a fonte]Dos dezaseis equipos clasificados para a fase final, a única selección debutante no torneo é a da anfitrioa Ucraína.
Equipos participantes | |||
---|---|---|---|
Alemaña | Francia | Italia | República Checa |
Croacia | Grecia | Países Baixos | Rusia |
Dinamarca | Inglaterra | Polonia | Suecia |
España | Irlanda | Portugal | Ucraína |
Grupos
[editar | editar a fonte]O sorteo foi realizado o venres 2 de decembro de 2011 na cidade de Kíiv, capital de Ucraína. Polonia e Ucraína serán colocadas no primeiro bombo de catro, xunto coa vixente campioa España e os Países Baixos, de maneira que está é segunda Eurocopa na que Alemaña non é cabeza de serie. Cómpre destacar que Polonia xa antes do sorteo estaba adxudicada ao grupo A, con sede en Varsovia, mentres que Ucraína foi colocada no Grupo D con sede será Kíiv.
Grupo para o sorteo 1 | Grupo para o sorteo 2 | Grupo para o sorteo 3 | Grupo para o sorteo 4 |
---|---|---|---|
Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
---|---|---|---|
Polonia | Países Baixos | España | Ucraína |
Grecia | Dinamarca | Italia | Suecia |
Rusia | Alemaña | Irlanda | Francia |
República Checa | Portugal | Croacia | Inglaterra |
Calendario
[editar | editar a fonte]Os horarios corresponden ás horas de Polonia (UTC+2, grupos A e C) e de Ucraína (UTC+3, grupos B e D) respectivamente. Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Grupo A.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
República Checa | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 5 | -1 |
Grecia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 |
Rusia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 3 | +2 |
Polonia | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 3 | -1 |
Polonia | 1 - 1 | Grecia | 8 de xuño de 2012, 18:00 – Estadio Nacional, Varsovia Asistencia: 56.070 Árbitro: Carlos Velasco (España) |
Lewandowski 17' | Informe |
Salpigidis 51' | |
Rusia | 4 - 1 | República Checa | 8 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław Asistencia: 40.803 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Dzagoev 15' 79' Shirokov 24' Pavlyuchenko 82' |
Informe |
Pilař 52' | |
Grecia | 1 - 2 | República Checa | 12 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Wrocław Asistencia: 41.105 Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia) |
Gekas 53' | Informe |
Jiráček 3' Pilař 6' | |
Polonia | 1 - 1 | Rusia | 12 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia Asistencia: 55.920 Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
Błaszczykowski 57' | Informe |
Dzagoev 37' | |
República Checa | 1 - 0 | Polonia | 16 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław Asistencia: 41.480 Árbitro: Craig Thomson (Escocia) |
Jiráček 72' | Informe |
||
Grecia | 1 - 0 | Rusia | 16 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia Asistencia: 55.614 Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia) |
Karagounis 45+2' | Informe |
||
Grupo B
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Grupo B.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 5 | 2 | +3 |
Portugal | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 4 | +1 |
Dinamarca | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | -1 |
Países Baixos | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 |
Países Baixos | 0 - 1 | Dinamarca | 9 de xuño de 2012, 19:00 – Estadio Metalist, Khárkiv Asistencia: 35.923 Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia) |
Informe |
Krohn-Dehli 24' | ||
Alemaña | 1 - 0 | Portugal | 9 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv Asistencia: 32.990 Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia) |
Gómez 72' | Informe |
||
Dinamarca | 2 - 3 | Portugal | 13 de xuño de 2012, 19:00 – Arena Lviv, Lviv Asistencia: 31.840 Árbitro: Craig Thomson (Escocia) |
Bendtner 41' 80' | Informe |
Pepe 24' Postiga 36' Varela 87' | |
Países Baixos | 1 - 2 | Alemaña | 13 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv Asistencia: 37.750 Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia) |
Van Persie 73' | Informe |
Gómez 24' 38' | |
Portugal | 2 - 1 | Países Baixos | 17 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv Asistencia: 37.445 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Ronaldo 28' 74' | Informe |
Van der Vaart 11' | |
Dinamarca | 1 - 2 | Alemaña | 17 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv Asistencia: 32.990 Árbitro: Carlos Velasco (España) |
Krohn-Dehli 24' | Informe |
Podolski 19' Bender 80' | |
Grupo C
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Grupo C.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | +5 |
Italia | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 2 | +2 |
Croacia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | +1 |
Irlanda | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 9 | -8 |
España | 1 - 1 | Italia | 10 de xuño de 2012, 18:00 – PGE Arena, Gdańsk Asistencia: 38.869 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Fàbregas 64' | Informe |
Di Natale 61' | |
Irlanda | 1 - 3 | Croacia | 10 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań Asistencia: 39.550 Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos) |
St Ledger 19' | Informe |
Mandžukić 3' 48' Jelavić 43' | |
Italia | 1 - 1 | Croacia | 14 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Poznań Asistencia: 37.096 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Pirlo 39' | Informe |
Mandžukić 72' | |
España | 4 - 0 | Irlanda | 14 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk Asistencia: 39.150 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Torres 4' 70' Silva 49' Fàbregas 83' |
Informe |
||
Croacia | 0 - 1 | España | 18 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk Asistencia: 39.076 Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
Informe |
Navas 88' | ||
Italia | 2 - 0 | Irlanda | 18 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań Asistencia: 38.794 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Cassano 35' Balotelli 90' |
Informe |
||
Grupo D
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Grupo D.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inglaterra | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 3 | +2 |
Francia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 |
Suecia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 5 | 0 |
Ucraína | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | -2 |
Francia | 1 - 1 | Inglaterra | 10 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk Asistencia: 47.400 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Nasri 39' | Informe |
Lescott 30' | |
Ucraína | 2 - 1 | Suecia | 10 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv Asistencia: 64.290 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Shevchenko 55' 62' | Informe |
Ibrahimović 52' | |
Ucraína | 0 - 2 | Francia | 14 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk Asistencia: 48.000 Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos) |
Informe |
Ménez 53' Cabaye 56' | ||
Suecia | 2 - 3 | Inglaterra | 14 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv Asistencia: 64.640 Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia) |
Johnson 49' (p.m.) Mellberg 59' |
Informe |
Carroll 23' Walcott 64' Welbeck 78' | |
Inglaterra | 1 - 0 | Ucraína | 18 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk Asistencia: 48.700 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Rooney 48' | Informe |
||
Suecia | 2 - 0 | Francia | 18 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv Asistencia: 63.010 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Ibrahimović 54' Larsson 90+1' |
Informe |
||
Fase final
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Fase final.
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
Varsovia, 21 de xuño | ||||||||||
República Checa | 0 | |||||||||
Donetsk, 27 de xuño | ||||||||||
Portugal | 1 | |||||||||
Portugal | 0 | |||||||||
Donetsk, 23 de xuño | ||||||||||
España | 0 | |||||||||
España | 2 | |||||||||
Kíiv, 1 de xullo | ||||||||||
Francia | 0 | |||||||||
España | 4 | |||||||||
Gdańsk, 22 de xuño | ||||||||||
Italia | 0 | |||||||||
Alemaña | 4 | |||||||||
Varsovia, 28 de xuño | ||||||||||
Grecia | 2 | |||||||||
Alemaña | 1 | |||||||||
Kíiv, 24 de xuño | ||||||||||
Italia | 2 | |||||||||
Inglaterra | 0 | |||||||||
Italia | 0 | |||||||||
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]República Checa | 0 - 1 | Portugal | 21 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia Asistencia: 55.590 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Informe |
Ronaldo 79' | ||
Alemaña | 4 - 2 | Grecia | 22 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk Asistencia: 38.751 Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia) |
Lahm 39' Khedira 61' Klose 68' Reus 74' |
Informe |
Samaras 55' Salpigidis 89' (pen.) | |
España | 2 - 0 | Francia | 23 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk Asistencia: 47.000 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Alonso 19' 90+1' (pen.) | Informe |
||
Inglaterra | 0 - 0 (Penaltis 2 - 4) |
Italia | 24 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv Asistencia: 64.340 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Gerrard Rooney Young Cole |
Informe |
Balotelli Montolivo Pirlo Nocerino Diamanti | |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Portugal | 0 - 0 (Penaltis 2 - 4) |
España | 27 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk Asistencia: 48.000 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Moutinho Pepe Nani Alves |
Informe |
Alonso Iniesta Piqué Ramos Fàbregas | |
Alemaña | 1 - 2 | Italia | 28 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia Asistencia: 55.540 Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia) |
Özil 90+2' (pen.) | Informe |
Balotelli 20' 36' | |
Final
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 - Final.
España | 4 - 0 | Italia | 1 de xullo de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv Asistencia: 63.170 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Silva 14' Alba 41' Torres 84' Juan Mata 88' |
Informe |
||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ukraine says Poland undermining Euro 2012 bid". Reuters (en inglés). 2007-01-29. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ Polonia e Ucraína organizarán xuntos a Eurocopa de fútbol de 2012
- ↑ "UEFA warns hosts to speed up Euro 2012 plans". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 01 de decembro de 2011.