Donetsk
Донецьк (uk) Донецк (ru) ![]() | |||||
Epónimo | John Hughes, Iosif Stalin e Rio Donets (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Rusia (2022–) ![]() | ||||
Estado | Ucraína | ||||
Óblasts | Oblast de Donetsk (pt) ![]() | ||||
Raião da Ucrânia (pt) ![]() | Donetsk Raion (en) ![]() | ||||
Hromada (en) ![]() | Donetsk Hromada (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Budyonny Raion (en) ![]() Kalinin Raion (en) ![]() Kirovskyi District, Donetsk (en) ![]() Kuibyshevskyi District, Donetsk (en) ![]() Kyiv District (en) ![]() Leninskyi District (en) ![]() Petrovsky District, Donetsk (en) ![]() Proletarskyi Raion (en) ![]() Voroshylovskyi District (Donetsk) (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 901.645 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína ![]() | ||||
Relixión | religion in Donetsk (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 358 km² ![]() | ||||
Bañado por | Rio Kalmius (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 169 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | John Hughes ![]() | ||||
Creación | 1869 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexey Kulemzin (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 283000–283497 e 83000–83497 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 622 e 623 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gorod-donetsk.com ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Donetsk[1] é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.
A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.
Historia
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f5/Donetsk_map_history.jpg/220px-Donetsk_map_history.jpg)
A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/Yuzovka_4.jpg/220px-Yuzovka_4.jpg)
En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) [1] Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).
En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou ou seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).
Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.
Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donetsk ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guía de Donetsk (en inglés)