Simferópol
Сімферополь (uk) Симферополь (ru) Aqmescit (crh) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Rusia e ONU ![]() | ||||
Estado | Ucraína | ||||
República autónoma | República Autónoma de Crimea | ||||
Concello | Simferopol municipality council (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | Simferopol municipality council (en) ![]() República Autónoma de Crimea Simferopol Raion (en) ![]() República da Crimeia (pt) ![]() Simferopol (urban okrug) (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.000 (1839) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua tártara de Crimea lingua ucraína lingua rusa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 107 km² ![]() | ||||
Altitude | 350 m ![]() | ||||
Creación | 1784 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Igor Lukashyov (en) ![]() Yelena Protsenko (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Simferopol municipality council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95000–95490 e 295000–295490 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +380 3652 ![]() | ||||
Identificador KOATUU | 0110100000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bursa Ulan-Ude (pt) ![]() Chernivtsi Kerch Moscova Salem (1986–) Heidelberg (1991–) Kecskemét (2006–) Eskişehir (pt) ![]() Novocherkassk (pt) ![]() Ruse (pt) ![]() Irkutsk (2008–) Distrito administrativo do sudoeste (pt) ![]() Omsk (2008–) Nizhnii Novgorod (2016–) Padua (2016–) Donetsk (2017–) ![]() | ||||
Páxina web | simgov.ru ![]() | ||||
![]() |
Simferópol[1] (en ucraíno, en ruso e en búlgaro Сімферóпол, transliterado Simferópol; en turco Ak Mejid; en tártaro de Crimea Aqmescit -isto é, "Mesquita Branca"-; en xeorxiano: Սիմֆերոպոլ; en grego antigo Συμφερόπολις -Symferópolis, que quere dicir cidade do ben común-) é unha cidade ucraína, capital da República Autónoma de Crimea. É tamén a capital do distrito (raion) de Simferópol.
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade contén dentro dos seus límites l Neápolis escita, forma en que se denomina o sitio arqueolóxico no que se encuentran as ruínas do que fora unha antiga capital dos escitas de Crimea.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Simferopol-COA_%281844-1920%29.png/100px-Simferopol-COA_%281844-1920%29.png)
Posteriormente, os tártaros de Crimea levantarían na zona a cidade de Aqmescit, que sería renomeada como Simferópol en 1784, tras a conquista de Crimea por Catarina a Grande. A cidade converteríase en 1802 no centro administrativo do Goberno xenal da Táurida. Xogou tamén un importante papel durante a guerra de Crimea (1854-1856), albergando as reservas do exército ruso e un hospital.
Dentro do contexto da guerra civil rusa, a cidade foi capturada polo Exército vermello o 13 de novembro de 1920, e elixida capital da República Socialista Soviética Autónoma de Crimea o 18 de outubro do ano seguinte.
Durante a segunda guerra mundial, Simferópol estivo ocupada polo exército alemán desde o 1 de novembro de 1941. Máis de 22.000 habitantes da cidade, na súa maioría rusos e xudeus, morreron a mans dos alemáns durante o período de ocupación, que culminou coa liberación por parte dos soviéticos o 13 de abril de 1944.
Despois da guerra, en 1954, a cidade, xunto a toda a península de Crimea, foi asignada administrativamente por Khrushchev á República Socialista Soviética de Ucraína.
Independencia de Ucraína[editar | editar a fonte]
Tras a disolución da Unión Soviética en 1991, Simferópol converteuse na capital da República Autónoma de Crimea, dentro da recentemente independizada Ucraína.
Poboación e infraestruturas[editar | editar a fonte]
Segundo o censo de 2001, Simferópol tiña unha poboación de 363.600 habitantes, a maior parte dos cales eran etnicamente rusos (66,7 % do total), con minorías formadas por ucraínos (21,3 %) e tártaros de Crimea (7 %) e belarusos (1,1 %).[2]
A cidade está dividida en tres distritos: Zalíznytxnyi, Tsentralnyi e Kýivskyi, con catro establecementos urbanos (Ahrarne, Aeroflotskyi, Hriesivskyi e Komsomolske) e unha vila (Bitumne). Está na beira do río Salgir.
O seu nome tártaro fai referencia a unha mesquita, pero a cidade tiñaa cinco (das que tres se conservaron até o século XX). Era a residencia do kalghay ou herdeiro do Khanato de Crimea, que vivía n nun palacio á esquerda do Salgir, o cal foi demolido ao final do século XVIII.
A cidade conta cunha terminal de ferrocarrís e un aeroporto internacional.
A liña de trolebús máis loga do mundo,[3] cunha lonxitude de 86 km, une Simferópol con Ialta, na costa do mar Negro.
Tamén conta coa universidade nacional Taurida V. Vernadsky.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1934. ISBN 9788482893600.
- ↑ Central Statistical Office of AR Crimea Arquivado 28 de agosto de 2012 en Wayback Machine., ver «Симферополь», columna № 3.
- ↑ The longest trolleybus line in the world! Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simferópol |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial de Simferópol (en ruso), (en inglés) e (en ucraíno)