Saltar ao contido

Kerch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKerch
Керч (uk)
Keriç (crh)
Керчь (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 45°20′19″N 36°28′05″L / 45.3386, 36.4681
EstadoUcraína
República autónomaRepública Autónoma de Crimea Editar o valor en Wikidata
Capital de
Kerch Urban Okrug (en) Traducir
Kerch-Enikale Gradonachalstvo (en) Traducir (1821 (Xuliano)–1917) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación154.621 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.431,68 hab./km²)
Lingua oficialLingua tártara de Crimea
lingua ucraína
lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie108 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Creación610 a. C. Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoKerch City Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98300–98399 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico+380-6561 e +7-36561 Editar o valor en Wikidata
Identificador KOATUU0111200000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkerch.rk.gov.ru Editar o valor en Wikidata
VK: kerchadmi

Kerch (ucraíno: Керч, ruso: Керчь, tártaro de Crimea: Keriç) é unha cidade portuaria do sur de Ucraína, situada na costa oriental da península de Crimea. A cidade áchase no estreito de Kerch que comunica o mar de Azov co mar Negro. Ademais de ser un porto pesqueiro, desenvolve unha intensa actividade manufactureira derivada da súa localización nunha rexión produtora de mineral de ferro e gas natural. Conta, polo tanto, con estabelecementos metalúrxicos (ferro e aceiro) e químicos, fábricas de maquinaria e de transformación do pescado.

Kerch

A cidade é sede dun instituto de investigacións oceanográficas. Entre os lugares de interese conta cun museo arqueolóxico e coa igrexa de San Xoán Bautista, que data do século VIII. A cidade foi fundada no século VI a. C. co nome de Panticapaea; era nas súas orixes unha colonia grega. Despois do século V a. C. e durante uns cantos séculos, a cidade e os seus arredores foron posesión do reino independente do Bósforo. A principios do século XIV era unha colonia de Xénova e en 1475 caeu en mans do Imperio Otomán. Rusia anexionouna en 1771 durante unha das contendas ruso-turcas. No transcurso da guerra de Crimea resultou seriamente danada, e o mesmo ocorreu durante a segunda guerra mundial. A súa poboación, segundo estimación de 1990 era de 176.000 habitantes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.