Adolfo Lahorra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 Cartaxena, España |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Adolfo Lahorra Tello, nado ca. 1869 en Cartaxena,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi redactor de La Unión Republicana de Pontevedra até outubro de 1893 e colaborou en Extracto de Literatura. Trasladouse a Vigo a finais de abril de 1894 para dirixir La República[2], despois dirixiu Canta Claro e Galicia Agrícola, Comercial e Industrial; tamén foi redactor de Faro de Vigo. En novembro de 1900 integrouse como redactor en La Unión Nacional[3]. En 1902 fíxose cargo da dirección de La Mañana da Coruña[4]. Despois dirixiu Diario Ferrolano, El Eco de Galicia, Tierra Gallega (de 1910 a 1914) da Coruña e El Faro de Ferrol (de 1914 a 1915). Marchou a Madrid e en 1917 dirixiu o semanario satírico Caras sin caretas.[5] É autor da revista Entre moros y cristianos e do apropósito ¡Todo el año es Carnaval!.
Obras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sentencia" Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago: Año LIV Número 2128 - 10 Abril 1915.
- ↑ El Anunciador, 29-4-1894, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 3-11-1900, p. 3.
- ↑ Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 16-3-1917, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 263.